«A xen­te pe­día or­ques­tras»

La Voz de Galicia (Ourense) - Especial1 - - ESPECIAL OURENSE EN FIESTAS - M. COBAS

Mar­ga­ri­da Piz­cue­ta vi­ve desde ho­xe de ma­nei­ra in­ten­sa as Fes­tas do Cris­to. Non só é ve­ci­ña do Bar­co, se­nón que como con­ce­llei­ra de Cul­tu­ra é a res­pon­sa­ble da or­ga­ni­za­ción. Es­te ano con­tou coa co­la­bo­ra­ción, ne­sa tarefa, de dous con­ce­llei­ros do Par­ti­do Po­pu­lar e dous mem­bros da lis­ta de Ria­da Ci­da­dá.

— ¿Como va­lo­ra o pro­gra­ma?

—Eu creo que o ano pa­sa­do que­dou moi cla­ro que os val­deo­rre­ses que­rían or­ques­tras, a xen­te pe­día or­ques­tras e va­nas ter. Non é só aquí, en to­da Ga­li­cia hai un re­pun­te das ver­be­nas que é es­pec­ta­cu­lar. A mo­ci­da­de o que es­tá de­man­dan­do, máis que gru­pos, son as or­ques­tras. Hai ver­da­dei­ros sia­rei­ros. E apar­te di­so te­mos ou­tras cousi­ñas moi va­ria­das para che­gar a to­das as ida­des e todos os gus­tos.

— ¿Que des­ta­ca­ría ne­sa va­rie­da­de?

—So­bre to­do a re­cu­pe­ra­ción do día de Val­deo­rras, on­de hai un­ha pre­sen­za prac­ti­ca­men­te do 99% de gru­pos e de xen­te de Val­deo­rras ne­se día.

— ¿Que que­re ser ese día?

—A historia que me con­ta­ron é que o día de Val­deo­rras era nor­mal­men­te o día des­pois do Cris­to. Can­do re­ma­ta­ban as fes­tas, o úl­ti­mo día era o de Val­deo­rras; que ha­bía un­ha fei­ra, non como a de Vi­loi­ra, pe­ro gran­de; e ne­se día reunían­se to­das as co­mi­sións de fes­tas da co­mar­ca para xan­tar ou cear. Nós iso non o imos fa­cer, por­que ho­xe por ho­xe son os con­ce­llos os que im­pul­san as fes­tas, e non vi­ña a con­ta... Así que dé­mos­lle un­ha vol­ti­ña e fi­xe­mos pro­ta­go­nis­tas aos val­deo­rre­ses ne­se día. Te­mos mú­si­ca, bai­le, pro­du­tos da zo­na... Ese día amo­sa­mos un pou­qui­ño o no­so.

— ¿Que pro­du­to­res van es­tar?

—In­ten­ta­mos que fo­sen 100% de aquí, pe­ro can­do con­tac­ta­mos con di­fe­ren­tes sec­to­res, por­que que­ría­mos que hou­be­ra mos­tra pe­ro ta­mén ven­da, ato­pa­mos que no mundo do vi­ño non po­den vir por­que es­tán en ple­na ven­di­ma e non lles vén ben. O mundo da pi­za­rra estará pre­sen­te, a tra­vés da ar­te. Van vir dúas per­soas de Vi­go, un­ha de­las que vi­viu aquí moi­tos anos, e van amo­sar­nos a pin­tu­ra na pi­za­rra. E des­pois te­mos un pou­co de to­do, ar­te­sa­nía, ali­men­ta­ción, postos de se­gun­da man. E ta­mén van es­tar aso­cia­cións como o ci­ne­clu­be Grou­cho Marz, Va­ga­lu­me, libros...

— ¿Hai va­rias pro­pos­tas para ne­nos, con par­que mul­ti­aven­tu­ra e es­pec­tácu­los.

—Efec­ti­va­men­te. O que que­ría­mos con ese par­que é que como os pro­pios fei­ran­tes xa traen in­cha­bles, para non fa­cer com­pe­ten­cia, por­que se que­re un neno ir a un in­cha­ble o nor­mal é que vaian a un­ha atrac­ción, que para iso pa­gan por ins­ta­lar­se. E ta­mén por­que se­xa un pou­co de no­vi­da­de. Os ne­nos te­ñen o pro­ta­go­nis­mo do 50% no pro­gra­ma. Ha­be­rá par­que mul­ti­aven­tu­ra na praia flu­vial. E o día das pi­ra­guas, que ao pa­re­cer vai ha­ber un moi bo día, te­re­mos un ma­cro­to­bo­gán na bei­ra do río. E des­pois te­re­mos o sábado o Ma­go An­tón nun trai­ler que se con­ver­te nun­ha sa­la de ma­xia. E o do­min­go hai un obra­doi­ro de pin­tu­ra co­mes­ti­ble. É im­por­tan­te que a xen­te se ins­cri­ba, na web do con­ce­llo ou na ca­sa de cul­tu­ra, por­que hai un lí­mi­te de 30 pra­zas. Ao igual que no ca­so da Fes­ta das Pan­di­llas.

— ¿Por que é pre­ci­so apun­tar­se nas pan­di­llas?

—Por­que hai un pin­cho, e fai­nos fal­ta ter con­tro­la­do o nú­me­ro de per­soas. Hai un lí­mi­te de 200. A se­sión ver­mú con Los Íñi­gos es­tá aber­ta a todos. Es­te ano por pri­mei­ra vez hou­bo co­mi­sión de fes­tas, in­te­gra­da por Piz­cue­ta, dous con­ce­llei­ros do PP e dous re­pre­sen­tan­tes de Ria­da Ci­da­dá. Para o pró­xi­mo ano gus­ta­ría­lle ter im­pli­ca­ción ve­ci­ñal.

— Ca­se to­do é fó­ra, na rúa

—Eu en­ten­do que un­ha fes­ta po­pu­lar é un­ha fes­ta de rúa, e in­ten­ta­mos den­tro do po­si­ble que to­do se desen­vol­va na rúa. O que hai o ven­res ás seis é un es­pec­tácu­lo de mo­ni­cre­ques que le­va mú­si­ca en di­rec­to e o au­tor nos pe­diu que fo­se no in­te­rior, que é moi­to máis vis­to­so, por­que hai un xo­go de lu­ces. Sal­vo que fo­se de noi­te, cus­ta­ría ter ese am­bien­te que pre­ci­san para a obra.

— Non vol­ven as Food trucks, ¿non re­sul­tou?

—Eu pen­so que si, pe­ro na co­mi­sión non nos pu­xe­mos de acor­do. Eu fun a máis de­fen­so­ra de­sa ini­cia­ti­va, pe­ro non nos pu­xe­mos de acor­do. Ta­mén ti­ña­mos ao sec­tor hos­te­le­iro un pou­co en con­tra, así que de­ci­di­mos non trae­las es­te ano ,men­tras non se bus­que un­ha so­lu­ción que sa­tis­fa­ga a to­do o mundo.

FO­TO MI­GUEL VI­LLAR

Piz­cue­ta é con­ce­llei­ra de Cul­tu­ra no Bar­co

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.