«No­ta­mos que se es­tá a re­xis­trar un re­pun­te en per­cu­sión e can­to»

A aca­de­mia Mas­keMú­si­ca ofre­ce en­si­nan­za de to­do ti­po de ins­tru­men­tos

La Voz de Galicia (Ourense) - Especial1 - - News - X. M. R.

José Mi­guel Gran­de con­ta­ba cun­ha am­pla ex­pe­rien­cia im­par­tin­do cla­ses e ven­ce­lla­do a di­fe­ren­tes agru­pa­cións mu­si­cais can­do de­ci­diu pór en mar­cha o seu pro­pio pro­xec­to. Na­cía da­que­la Mas­keMú­si­ca, un­ha aca­de­mia que apos­ta por un­ha for­ma­ción di­fe­ren­te e que es­tá es­pe­cia­li­za­da no en­sino de to­do ti­po de ins­tru­men­tos, ade­mais dou­tros apar­ta­dos co­mo os re­fe­ri­dos ao can­to ou aos tra­di­cio­nais can­tos de ta­ber­na.

Nas ins­ta­la­cións de Cal­pur­nia Aba­na afron­tan o ini­cio do que se­rá o cuar­to cur­so, des­de que o pro­xec­to ini­ciou a súa an­dai­na, e nes­tes anos xa te­ñen crea­do va­rios gru­pos mu­si­cais e de can­to que em­pe­zan a desen­vol­ver a súa pro­pia ac­ti­vi­da­de e o seu pro­gra­ma de con­cer­tos.

Es­pa­zos pa­ra en­saiar

Un dos as­pec­tos que le­van cons­ta­ta­do en Mas­keMú­si­ca é un cam­bio na so­li­ci­tu­de de cla­ses. «O que his­to­ri­ca­men­te ti­vo sem­pre máis de­man­da, e ten, son as cla­ses de gui­ta­rra e piano. Son ins­tru­men­tos que sem­pre ti­ve­ron moi­ta pre­sen­za na ac­ti­vi­da­de mu­si­cal e ta­mén nas fa­mi­lias: un­ha gui­ta­rra ou un te­cla­do son pe­zas que soen es­tar nas ca­sas, que cho dei­xa un fa­mi­liar ou un ami­go, que po­des le­var con fa­ci­li­da­de e por iso hai máis xen­te que que­re apren­der a to­car es­tes dous ins­tru­men­tos», lem­bra José Mi­guel Gran­de. Xun­to a esa reali­da­de, re­xís­tra­se ade­mais un in­cre­men­to «da de­man­da de cla­ses de ba­te­ría e de per­cu­sión en xe­ral. É al­go que es­tá en au­xe nos úl­ti­mos tem­pos».

Ta­mén se in­cor­po­ra a es­te mo­ve­men­to o can­to. En Mas­keMú­si­ca te­ñen com­pro­ba­do que «xa se­xa por­que ago­ra te­ñen moi­to ti­rón os con­cur­sos da te­le­vi­sión, ou por ou­tra cir­cuns­tan­cia, o cer­to é que hai máis xen­te que acu­de a cla­se de can­to, can­do an­tes o máis co­mún era que a xen­te o ba­sea­se to­do no ta­len­to e no cos­tu­me», ex­pli­ca Gran­de.

Un dos si­nais de iden­ti­da­de que de­fi­nen a es­te pro­xec­to edu­ca­ti­vo é o de fu­xir do es­que­ma ma­xis­tral. Un­ha cir­cuns­tan­cia na que o res­pon­sá­bel do cen­tro de en­sino in­ci­de: «Mas­kemú­si­ca non é un es­pa­zo co es­que­ma tra­di­cio­nal de vir a cla­ses e mar­char. Aquí te­mos lo­cais que po­den em­pre­ga­los pa­ra en­saiar, es­tu­dar ou pa­sar a tar­de aí se que­ren. Iso fa­vo­re­ce a re­la­ción en­tre eles e que se for­men gru­pos e mes­mo ami­gos».

FO­TO SAN­TI M. AMIL

José Mi­guel Gran­de cun dos alum­nos da aca­de­mia Mas­keMú­si­ca de Ou­ren­se.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.