O CA­MI­ÑO QUE CO­ME­ZA NAS TE­RRAS MÁIS FRÍAS

A PE­RE­GRI­NA­CIÓN RECUPEROUSE HAI DOUS ANOS DES­DE UN­HA ABADÍA DE IN­GLA­TE­RRA Á QUE ÍAN EN BAR­CO NA IDA­DE ME­DIA, NON LON­XE DO QUE HOXE É A FRONTEIRA CON ES­CO­CIA

La Voz de Galicia (Ourense) - Especial1 - - Inglés - TEX­TO E FO­TOS: CRIS­TÓ­BAL RA­MÍ­REZ

Can­do as ár­bo­res non dei­xan ver o bos­que tén­de­se a pen­sar que o Ca­mi­ño In­glés na­ce na Co­ru­ña e mais en Fe­rrol. Pe­ro os bar­cos que bo­ta­ban a án­co­ra ne­sas rías, e que eran moi­tí­si­mos máis na pri­mei­ra de­sas ci­da­des que na se­gun­da, traían pe­re­gri­nos dou­tros paí­ses. Así que non, o Ca­mi­ño In­glés non na­ce en Ga­li­cia, se­nón que es­ta te­rra é quen re­ci­be cos bra­zos aber­tos a nór­di­cos de to­do ti­po, es­co­ce­ses, ga­le­ses, in­gle­ses, bre­tóns, neer­lan­de­ses, ale­máns do nor­te, et­cé­te­ra. E o ano pa­sa­do e mais es­te, a cen­tos ou mi­llei­ros de ita­lia­nos.

O Ca­mi­ño In­glés, pa­ra ser­mos exac­tos, po­de­ría na­cer en Tur­ku (Finlandia), Go­te­bur­go (Sue­cia) ou Ros­kil­de (Di­na­mar­ca). E sen­do iso cer­to, un­ha gran­de por­cen­ta­xe dos bar­cos que des­pre­ga­ban ve­las ne­ses por­tos po­ñían proa ao nordés de In­gla­te­rra, non lon­xe do que hoxe é a fronteira con Es­co­cia e que nos tem­pos do em­pe­ra­dor ro­mano era a fronteira sen máis, e aí es­tá a Mu­ra­lla de Adriano pa­ra amo­sa­lo. O res­to dos bar­cos ían cos­tean­do, de por­to en por­to, e os pe­re­gri­nos ían bo­tan­do dun nou­tro, co cal os tra­xec­tos eran máis bre­ves pe­ro de­mo­ra­ban máis en che­gar a San­tia­go.

E no nordés de In­gla­te­rra es­tá a abadía de Fin­cha­le, fun­da­da por un pi­ra­ta re­con­ver­ti­do a re­li­xio­so que pa­sou á his­to­ria co no­me de San Go­dric e que vi­viu — así es­tá do­cu­men­ta­do— cen anos, o cal nin­guén po­de ne­gar que é un­ha can­ti­da­de de anos que pa­sa con moi­to a me­dia da que vi­vían os pi­ra­tas. Ese, Fin­cha­le, era pre­ci­sa­men­te o pun­to de des­tino inicial dos camiñantes, e aí se re­cu­pe­rou a pe­re­gri­na­ción cin­co­cen­tos anos des­pois de que mo­rre­ra por mor dos en­fron­ta­men­tos re­li­xio­sos en­tre En­ri­que VIII (o das seis es­po­sas) con Ro­ma.

Ac­ción con­xun­ta

Un la­bor cons­tan­te do Xa­co­beo per­mi­tiu que no 2016 arran­ca­ran máis de 80 pe­re­gri­nos den­de esa abadía rum­bo a Dur­ham. «Es­tá­mos­lle moi agra­de­ci­dos ao Xa­co­beo —acla­ra Keith Tay­lor, pre­si­den­te da Friends of Fi­cha­le Ca­mino, equi­va­len­te a un­ha aso­cia­ción de ami­gos do Ca­mi­ño de San­tia­go—, así co­mo á Depu­tación da Co­ru­ña e ao Con­ce­llo de Oro­so, por­que nos es­tán axu­dan­do a con­so­li­dar aquí o Ca­mi­ño In­glés». O cer­to é que se es­per­tou o in­tere­se po­la súa pro­pia his­to­ria, e na pri­ma­ve­ra pa­sa­ron po­lo Ca­mi­ño In­glés os dous pri­mei­ros pe­re­gri­nos de Dur­ham no úl­ti­mo me­dio mi­le­nio. En Oro­so fo­ron re­ci­bi­dos co­mo o que eran: o en­la­ce en­tre o pa­sa­do e o fu­tu­ro dun­ha ru­ta xa­co­bea que es­te ano che­ga­rá aos 12.000 pe­re­gri­nos.

SAN GO­DRIC, QUE VI­VIU UN SÉCU­LO, FOI O IM­PUL­SOR DAS PE­RE­GRI­NA­CIÓNS

Camiñantes na pe­re­gri­na­ción que trans­co­rre en­tre a abadía de Fin­cha­le, fun­da­da por San Go­dric, e a ci­da­de de Dur­ham.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.