O CA­MI­ÑO POR­TU­GUÉS

A XUN­TA FARÁ UN INVESTIMENTO ES­PE­CIAL NUN­HA RU­TA QUE SEN MOI­TO RUÍDO XA SE CON­VER­TEU NA SE­GUN­DA MÁIS TRAN­SI­TA­DA DAS QUE EXIS­TEN EN GA­LI­CIA, DE­TRÁS DA FRAN­CE­SA

La Voz de Galicia (Ourense) - Especial1 - - Portada - TEX­TO E FO­TO: CRIS­TÓ­BAL RA­MÍ­REZ

En reali­da­de, e coa his­to­ria na man, Ca­mi­ño Por­tu­gués hai un e pun­to: o que en­tra en Ga­li­cia por Tui, hoxe sal­van­do o Mi­ño po­la cen­te­na­ria pon­te de fe­rro e on­te en pe­que­nas em­bar­ca­cións. Pe­ro es­tá cla­ro que os ve­ci­ños do sur cru­za­ban o río por on­de po­dían. A Xun­ta de­cla­rou es­te ano o do Ca­mi­ño Por­tu­gués. É di­cir, un investimento es­pe­cial en me­llo­rar a súa si­na­li­za­ción e a pro­pia tra­za fí­si­ca do iti­ne­ra­rio.

Jo­sé Manuel Garrido, o ex­per­to pa­dro­nés que me­llor co­ñe­ce esa ru­ta e da que fixo a pri­mei­ra guía que se pu­bli­cou, cre que tal de­di­ca­ción ao Por­tu­gués «é un pre­mio a un iti­ne­ra­rio xa­co­beo que foi me­dran­do ano tras ano, sen fa­cer moi­to ruído, ata con­ver­ter­se no se­gun­do máis em­pre­ga­do po­los pe­re­gri­nos na súa via­xe a Com­pos­te­la».

Mó­ni­ca Cri­sós­to­mo, co­pro­pie­ta­ria do albergue Ideas Pe­re­gri­nas, en Tui, re­sal­ta a ex­pe­rien­cia de ir «cun pa­so dun país a ou­tro. Mes­mo te­mos xen­te de Ca­min­ha que vén aquí pa­ra fa­cer iso, cru­zar a pon­te, vi­vir as dúas cul­tu­ras, a por­tu­gue­sa e a no­sa».

Na tra­za fí­si­ca da ru­ta hai lu­ces e som­bras.

Por un­ha ban­da, tra­mos co­mo o que le­va por me­dio dun bos­que ata a igre­xa de Val­ga, uns dos máis im­pre­sio­nan­tes de to­dos os Camiños en Ga­li­cia. E por ou­tra, o as­fal­to interminable do po­lí­gono das Gán­da­ras de Bu­di­ño, on­de as mar­cas dun iti­ne­ra­rio al­ter­na­ti­vo que le­van por un­ha zo­na na­tu­ral son arran­ca­das por xen­te que só ve no pe­re­grino un­ha fon­te de in­gre­sos in­me­dia­ta e a cal­que­ra pre­zo. Jo­sé Manuel Garrido cén­tra­se nou­tro as­pec­to: «O gran reto é eli­mi­nar os cru­ces pe­ri­go­sos e au­men­tar a se­gu­ri­da­de nos tra­mos que coin­ci­den coa na­cio­nal 550».

Iria Cres­po, den­de a ofi­ci­na de tu­ris­mo de Cal­das de Reis —lo­ca­li­da­de em­ble­má­ti­ca den­tro do Por­tu­gués— des­ta­ca «a pu­re­za das au­gas des­te Aquis Ce­le­nis, que vai fa­cer máis le­va­dei­ra a se­guin­te eta­pa do Ca­mi­ño».

En cal­que­ra ca­so, a ini­cia­ti­va pri­va­da con­ti­núa sen­do moi lo­cal. Qui­zais cun­ha ex­cep­ción que xa vén de lon­xe, que é a ade­ga Mar de Fra­des, que xa no seu día fi­xe­ra e dis­tri­buí­ra un ma­pa cos Camiños de San­tia­go. En avan­za­do es­tu­do ten —e o tem­po có­rre­lle en con­tra aín­da que nun­ca é tar­de— un no­vo pro­xec­to xa­co­beo.

Iria Cres­po pon o pun­to fi­nal: «O Ca­mi­ño a San­tia­go xa non ten só un in­tere­se re­li­xio­so. De­be­mos ter en con­ta ou­tros fac­to­res, co­mo o gas­tro­nó­mi­co, o et­no­grá­fi­co, o histórico, o cul­tu­ral... se que­re­mos man­te­lo vi­vo».

«CUN PA­SO VAS DUN PAÍS A OU­TRO», DI A DO­NA DUN ALBERGUE DE TUI

Un pe­queno gru­po de pe­re­gri­nos avan­zan ca­mi­ñan­do po­lo tra­mo do Ca­mi­ño Por­tu­gués que dis­co­rre a tra­vés do mu­ni­ci­pio de Pa­drón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.