O si­len­cio de Alain

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - [ LETRAS ] - DIE­GO AMEIXEIRAS

Pen­sas nun­ha ima­xe do po­lar fran­cés e de in­me­dia­to aco­des á es­tam­pa de Alain De­lon con som­brei­ro e ga­bar­di­na en Le sa­mou­raï (1967), obra cul­mi­nan­te de Jean-Pie­rre Mel­vi­lle. Aí es­tá o ki­ller Jeff Cos­te­llo per­ver­ten­do nun só se­gun­do a épi­ca do noir nor­te­ame­ri­cano, im­pug­nan­do a gar­ga­lla­da con­vul­sa de Ja­mes Cag­ney e os arrou­tos có­le­ri­cos de Ed­ward G. Ro­bin­son, in­cli­nan­do o cha­peu con de­dos de se­da e lan­zan­do pro­xec­tís de xeo po­los ollos, mi­ra­da per­di­da nas som­bras, to­do ac­ti­tu­de e ele­gan­cia. Pen­sas en Alain De­lon ás or­des de Mel­vi­lle e só po­des ima­xi­nar ese gue­rrei­ro es­té­ti­co e des­orien­ta­do que asu­me a fa­ta­li­da­de dun des­tino que pre­sen­tes des­pro­vis­to de re­tó­ri­cas e gran­des res­plan­do­res, sen én­fa­ses nin fu­ria de gáns­ters á usan­za de Chica­go ou Atlan­tic City, un gua­po ator­men­ta­do po­la pe­num­bra que ca­mi­ña po­las rúas pa­ri­sien­ses aso­mán­do­se á mor­te con esa pul­sión sui­ci­da da que se res­gar­da­ban os he­roes do noir es­ta­dou­ni­den­se. Pen­sas no ago­nia­do Jeff Cos­te­llo, máis dis­pos­to a un asea­do ha­ra­qui­ri que a con­ti­nuar coa súa ocu­pa­ción cri­mi­no­sa, e se­gues con­ven­ci­do de que can­do bo­ta man do re­vól­ver e er­gue os ollos en azul su­pli­cio ex­pli­ca to­do un xé­ne­ro: a es­té­ti­ca, a ac­ti­tu­de, a so­fis­ti­ca­ción dos fran­ce­ses xo­gan­do a po­li­cías e la­dróns.

Hai moi­tos De­lon noir de al­tu­ra, den­de o Tom Ri­pley que in­ter­pre­tou en A pleno sol (Re­né Clé­ment, 1960), a adap­ta­ción da no­ve­la de Pa­tri­cia Highs­mith, ata o atra­ca­dor de ban­cos de Deux hom­mes dans la vi­lle (Jo­sé Gio­van­ni, 1973), pa­san­do po­lo mar­se­llés Roch Sif­fre­di de Bor­sa­lino (Jac­ques De­ray, 1970) ou o du­rí­si­mo co­mi­sa­rio Edouard Co­le­man de Cró­ni­ca ne­gra (1972), tes­ta­men­to do Mel­vi­lle máis aus­te­ro. Pe­ro nin­gún de­les al­can­zou a es­ta­tu­ra icó­ni­ca dese Jeff Cos­te­llo ven­ci­do e ex­haus­to aín­da que na súa ex­pre­sión só poi­das adi­vi­ñar o la­co­nis­mo dun­ha quei­xa­da es­cul­pi­da pa­ra man­ter­se en si­len­cio. Pen­sas ne­se ki­ller ta­ci­turno e com­pren­des a fa­ti­ga de vi­vir e o seu desexo dun­ha mor­te qui­rúr­xi­ca e ati­la­da, á al­tu­ra da súa co­reo­gra­fía de sa­mu­rai en ruí­nas. Só ese De­lon sen ex­pre­sar na­da, pu­ro un­der­play, pui­do ser o cri­mi­nal máis mar­ti­ri­za­do do po­lar fran­cés.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.