De no­vo, o bou «Eva»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - [ LETRAS ] - XESÚS ALONSO MONTERO

Acon­te­ceu no Ber­bés (Vigo) a noi­te do 22 de abril de 1937. Ne­sa noi­te, no­ve re­pu­bli­ca­nos —que vi­vi­ran me­ses aga­cha­dos co­mo tou­pei­ras— ocu­pa­ron o bou, non pa­ra iren de pes­ca se­nón pa­ra fu­xi­ren rum­bo a un por­to da Es­pa­ña leal e, xa alí, in­cor­po­rá­ren­se á loi­ta con­tra os su­ble­va­dos do 36. De­la­ta­dos, non tar­da­ron en ser cer­ca­dos por fa­lan­xis­tas, gar­das e ou­tros xen­dar­mes, que, des­de un al­xi­be, in­tro­du­ci­ron un­ha man­guei­ra de au­ga que aso­la­gou a sa­la de má­qui­nas na que se agru­pa­ron aque­les no­ve ca­ma­ra­das, aque­les no­ve «ir­máns», co­mo re­la­tou, en pro­sa de ou­ro, pou­co des­pois, Rafael Dies­te, ami­go dos dous ga­le­guis­tas do gru­po, cur­máns de Cas­te­lao.

Foi Dies­te quen pre­ci­sou que, ao non ren­dé­ren­se os no­ve re­pu­bli­ca­nos, os xen­dar­mes fran­quis­tas re­co­rre­ron á au­ga quen­te («au­ga fer­ven­te»), ex­tre­mo au­sen­te nou­tras fon­tes. Eles, os no­ve —oi­to ho­mes e un­ha mu­ller—, moi cons­cien­tes de que, se se en­tre­ga­ban, se­rían tor­tu­ra­dos an­tes de os exe­cu­ta­ren, acor­da­ron o sui­ci­dio. Foi «a mor­te lan­zal» de que fa­la Dies­te no tí­tu­lo do seu con­mo­ve­dor ar­ti­go. De Dies­te son, ta­mén, es­tas pa­la­bras: «¿Can­do fo­ron máis ir­máns oi­to ho­mes e un­ha mu­ller?». Un dos ho­mes era Ángel No­guei­ra, ma­ri­do de Car­men Miguel, co­mu­nis­tas. Ha­bía dous co­mu­nis­tas máis, tres so­cia­lis­tas e dous ga­le­guis­tas, po­lo tan­to un­ha re­pre­sen­ta­ción ca­se com­ple­ta do Fren­te Po­pu­lar en Ga­li­cia.

A editorial Dis­cur­si­va aca­ba de pu­bli­car un­ha obra de tea­tro co tí­tu­lo dies­teano Un­ha mor­te lan­zal, e co sub­tí­tu­lo A tra­xe­dia do bou «Eva» , obra de Ju­lián Rodríguez No­vo que se pre­sen­ta ho­xe, ás 19.30, na Ca­sa do Li­bro de Vigo. Acom­pa­ña­ra­nos Con­cha No­guei­ra Miguel (85 anos), que aín­da lem­bra co­mo seus pais se des­pe­di­ron de­la e da súa ir­má, máis pe­que­na, en abril de 1937.

Co­mo se di no pró­lo­go do vo­lu­me, pa­re­ce que che­gou a ho­ra de que es­ta te­rri­ble tra­xe­dia, acae­ci­da en Ga­li­cia na Gue­rra Ci­vil, co­me­ce a ter o co­ñe­ce­men­to e o re­co­ñe­ce­men­to que fei­to tan sin­gu­lar esi­xe. Cóm­pre sa­lien­tar, des­te vo­lu­me, o de­bu­xo da cu­ber­ta, de An­tón Pu­li­do, e un bre­ve tex­to, que fi­gu­ra na con­tra­cu­ber­ta, de Cán­di­do Pa­zó, ho­me de ofi­cio que sa­be moi ben de que fa­la. Nel che­ga a afir­mar: «Pe­ro sem­pre se­rán pou­cas as pe­zas que se ocu­pen das tra­xe­dias dos que qui­xe­ron asal­tar os ceos pa­ra que a te­rra pui­de­se ser ‘o pa­raí­so, pa­tria da hu­ma­ni­da­de’. Es­ta é un­ha de­las. Que me­llor ce­le­bra­ción que a ler! Que le­va­la á es­ce­na!».

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.