Emilio Jo­sé

A AL­DEA DE QUINS EN OURENSE SERVIU DE PE­DES­TAL PA­RA O SEU GRU­PO INI­CIAL, APEIRON. NA AC­TUA­LI­DA­DE CHE­GA AR­MA­DO CUN TRI­PLE CEDÉ, «AGRI­CUL­TU­RA LI­VRE», QUE SOMERXE AOS OÍNTES NUN­HA VIA­XE ADITIVA DE CA­TRO HO­RAS POR SONS ARRINCADOS DO POP, ROCK, FOLK E HIP-HOP

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - PORTADA - CAR­BA­LLO.

AN­TÓN PA­RA­DA | Con 16 anos de tra­xec­to­ria mu­si­cal e cun­ha evo­lu­ción que ase­me­lla un cóc­tel de es­ti­los no que non que­da es­pa­zo pa­ra un­ha sóa pe­dra de xeo, Emilio Jo­sé Gon­zá­lez (Quins, 1984) rom­pe o si­len­cio des­pois de que o seu pri­mei­ro tra­ba­llo en so­li­ta­rio, Cho­ran­do aprén­de­se, vi­ra a luz hai máis dun lus­tro. Agri­cul­tu­ra li­vre é o tí­tu­lo dun dis­co por par­ti­da tri­ple que o irre­ve­ren­te ar­tis­ta in­ter­pre­ta xun­to a Os In­dí­ge­nas.

—¿Co­mo in­flúe no as­pec­to mu­si­cal me­drar nun­ha po­boa­ción de 250 ha­bi­tan­tes?

—Non hai na­da par­ti­cu­lar máis alá de que as pai­sa­xes cam­bien. A úni­ca di­fe­ren­za en­tre vi­vir na al­dea e en Lon­dres é que a ofer­ta cul­tu­ral en vi­vo é in­sig­ni­fi­can­te­men­te aplas­tan­te. Pe­ro se­gun­do vas ras­can­do de­cá­tas­te de que esa his­to­ria que flo­ta des­de o pa­sa­do so­bre a in­cul­tu­ra e o atra­so é to­do men­ti­ra.

—A súa pri­mei­ra ban­da, Apeiron, co­mo e con que pre­ten­sión na­cía?

—A for­ma­ción clá­si­ca que che­ga ata ho­xe es­tá com­pos­ta po­lo meu pri­mo Álvaro, a can­tan­te Be­lén e eu. Bus­cá­ba­mos que non soase moi­to a cal­que­ra cou­sa que ti­vé­ra­mos ao al­can­ce. Men­tres eu fa­go mú­si­ca que le­va dé­ca­das aí co­ma o rock, Apeiron é in­ten­tar ver o que non exis­te. —¿On­de es­ti­vo me­ti­do du­ran­te es­tes úl­ti­mos anos? —Can­do qui­tei o pri­mei­ro tra­ba­llo en so­li­ta­rio no 2009 es­ti­ven dan­do bas­tan­tes con­cer­tos ese ano e o se­guin­te. Lo­go dei­xei de fa­ce­los pa­ra de­di­car­me a es­te úl­ti­mo dis­co e co­me­cei a to­car de no­vo hai un mes. Non exis­te un­ha re­gu­la­ri­da­de, sem­pre de­pen­de do mer­ca­do e dos si­tios que que­ren que vaias a to­car...

—Chó­ca­me es­coi­tar o ter­mo «mer­ca­do» can­do os seus te­mas son co­mo mí­ni­mo sub­ver­si­vos, co­mo se di­xi­re es­ta acep­ción co­mer­cial?

—Non me pa­re­ce tan sub­ver­si­vo, ho­me, a ve­ces nin un pou­co. O máis ra­di­cal que te poi­das ima­xi­nar é un­ha mer­can­cía ta­mén. Non se po­de es­ca­par a iso, así fun­cio­na o mun­do. Hai di­rec­tos que apa­ren­te­men­te es­tán fó­ra do mer­ca­do, por exem­plo, un con­cer­to en so­li­da­rie­da­de con al­go. Trá­ta­se dun­ha ilu­sión, na­da po­de es­ca­par ao cir­cuí­to mun­dial den­de o mo­men­to en que é público. Al­go si­mi­lar pa­sa coa es­quer­da, é co­mo pen­sar que Po­de­mos fun­cio­na dis­tin­to do Par­ti­do Po­pu­lar.

—Vos­te­de é pro­pie­ta­rio de li­ñas co­mo «sus­pi­ros de MD», que de­fi­ni­ción lle ad­xu­di­ca­ría ao con­ti­do lí­ri­co?

—De en­tra­da non es­tou moi se­gu­ro do de lí­ri­co [ri], o de con­ti­do é inevi­ta­ble pois ta- mén o hai nun te­ma de La Ore­ja de Van Gogh. As mi­ñas letras di­ví­den­se en­tre amor e po­lí­ti­ca. Per­dón, an­ti­po­lí­ti­ca. Non é un­ha au­to­bio­gra­fía, máis ben son no­tas a pé de pá­xi­na da reali­da­de, do que ve­xo. A min non me ali­via o fei­to de con­ver­ter os re­si­duos da vi­da dia­ria nun­ha can­ción.

—E pa­ra quen es­cri­be?

—Te­ño máis cla­ro con­tra quen es­cri­bo que pa­ra quen. Es­cri­bo con­tra cal­que­ra cla­se de ideo­lo­xía. Es­cri­bo con­tra to­das as per­soas que te­ñan al­gún po­der, abs­trac­to ou teó­ri­co, que li­mi­te a vi­da dou­tras per­soas. Es­cri­bo pa­ra to­dos, in­cluí­das es­tas úl­ti­mas.

—Que di­fe­ren­zas se po­de ato­par o público nes­te dis­co res­pec­to do an­te­rior?

— Cho­ran­do aprén­de­se ti­ña máis de min ao te­cla­do e de sons sam­plea­dos. Agri­cul­tu­ra li­vre ten un­ha maior ins­tru­men­ta­ción real: ba­te­ría, sa­xo... A idea é fa­cer os con­cer­tos sem­pre os ca­tro, con Os In­dí­ge­nas, pe­ro ta­mén po­do ac­tuar eu só en for­ma­to acús­ti­co.

—Nes­ta úl­ti­ma eta­pa per­cí­be­se o sa­bor a rap, de on­de pro­vén es­te idi­lio?

—En Apeiron e no an­te­rior tra­ba­llo xa ha­bía al­go de rap. O que me gus­ta do hip-hop é que cun rit­mo bá­si­co po­des di­cir moi­tas cou­sas.

—Al­gun­ha da­ta máis de di­rec­tos no ho­ri­zon­te?

—Des­pois de Car­ba­llo o se­guin­te se­rá en xu­llo en Vi­la­no­va i la Gel­trú, no Vi­da Fes­ti­val. En se­tem­bro es­ta­rei en Ri­ba­da­via, no Ar­te­fe­cial.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.