Me­mo­ria, au­ga, poe­sía

A EDI­TO­RA APIARIO INAU­GU­RA UN­HA NO­VA CO­LEC­CIÓN —«PAN DE ABE­LLA»— CUN­HA PU­BLI­CA­CIÓN QUE COM­PAR­TE O ESPÍRITO DA BREVIDADE E A IN­TEN­SI­DA­DE DAS PLAQUETTES E DIA­LO­GA COA PE­LÍ­CU­LA «OS DÍAS AFO­GA­DOS»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS -

RAMÓN NI­CO­LÁS | No ano 2015 Luís Avi­lés e máis Cé­sar Souto gra­va­ron un­ha pe­lí­cu­la ti­tu­la­da Os días afo­ga­dos na que afon­da­ban nas vi­ven­cias de an­tes e des­pois do aso­la­ga­men­to das te­rras ou­ren­sás de Ace­re­do e Bus­cal­que para a cons­tru­ción do en­co­ro de Lin­do­so aín­da on­te á noi­te, is­to é, en 1992. A pe­lí­cu­la é de­sas que en­co­lle o co­ra­zón por­que se aso­ma á zo­na máis pro­fun­da da con­di­ción hu­ma­na, is­to é, aque­la que se anoa ás raí­ces, aos te­rri­to­rios xeo­grá­fi­cos e sen­ti­men­tais pro­pios que, en fun­ción de de­ci­sións ar­bi­tra­rias, son xa abis­mos que o tem­po es­vae­ce, pro­vo­can­do un­ha fe­ri­da ma­goan­te e pe­ren­ne. O Ace­re­do mer­gu­lla­do re­xur­diu hai ca­tro anos po­la se­ca e dese im­pac­to agro­mou Au­ga a tra­vés de Do­res Tembrás. Os su­cos fí­si­cos e pal­pa­bles da cu­ber­ta da pla­quet­te son es­pa­zos, aos que deu ati­na­da for­ma Ta­ma­ra Fei­joo, po­los que a pa­la­bra cir­cu­la, mou­mea e gri­ta en si­len­cio can­do é pre­ci­so. Tembrás con­cen­tra, con­mo­ve­do­ra­men­te, a dor, a im­po­ten­cia, o exi­lio, a an­gu­ria, as fen­das, as di­men­sións do po­der e a ca­rra­xe no ver­so lim­po e acei­ra­do, pre­ci­so, so­me­ti­do un­ha e ou­tra vez a un pro­ce­so esen­cia­li­za­dor que dei­ta uns re­sul­ta­dos es­plén­di­dos.

No poe­ma, a súa voz re­cúa para ou­tor­gar­lle pro­ta­go­nis­mo aos ob­xec­tos, ás pa­la­bras pro­nun­cia­das, a to­das e ca­da un­ha de­sas per­soas que su­fri­ron o des­arrai­go, que o en­xer­ga­ron, que arros­tra­ron os pe­ri­gos in­mi­nen­tes, que fi­xe­ron o que pui­de­ron para re­sis­tir e non ter, uni­ca­men­te, que lem­brar. Tembrás lo­gra «vol­ver au­ga a tra­vés» a aque­les te­rri­to­rios vi­vos na me­mo­ria e faino con ex­ce­len­cia. Non é pou­co.

AU­GA A TRA­VÉS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.