«Ol­dies»

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LETRAS - XO­SÉ CAR­LOS CA­NEI­RO

Nas ten­das de dis­cos de vi­ni­lo é ha­bi­tual es­coi­tar es­ta rima pro­fé­ti­ca: «It’s an ol­die but a goo­die». É an­ti­go pe­ro é mag­ní­fi­co. O an­ti­go es­tá de mo­da, tan­to que ata a Aca­de­mia sue­ca de­ci­diu pre­miar­se a si mes­ma es­te ano co seu No­bel de li­te­ra­tu­ra. De­ci­di­ron aban­do­nar as ex­tra­va­gan­cias e pre­mia­ron a li­te­ra­tu­ra: Bob Dy­lan. Hai máis poe­sía nun­ha das súas can­cións que nas Obras Com­ple­tas de moi­tos dos no­sos bar­dos. A al­gún ata lle ou­tor­ga­ron o Día da Le­tras Ga­le­gas. Dy­lan é un xe­nio. Por iso can­do es­cri­bo es­ta co­lum­na aín­da non con­tes­tou a cha­ma­da dos sue­cos. To­do xe­nio en­vol­ve a súa fi­gu­ra nun­ha au­ra de misterio. Sen misterio non hai poe­sía. A be­le­za non apa­re­ce es­cri­ta, coa fre­cuen­cia ne­ce­sa­ria, nos ma­pas da ac­tua­li­da­de. É pre­ci­so arra­bu­ñar coas uñas o pre­sen­te pa­ra en­con­trar iso que os

ve­llos ofre­cen de mo­do ha­bi­tual. Os dis­cos ve­llos e os ve­llos li­bros te­ñen apor­ta­do máis fe­li­ci­da­de á mi­ña vi­da que moi­tas obras de­fi­ni­das, por ca­ta­lo­ga­do­res e em­pre­sa­rios do sec­tor

mains­tream, co­mo obras mes­tras. Aín­da go­zo es­coi­tan­do os meus dis­cos de hai trin­ta anos. Can­do ofre­cía os meus ser­vi­zos co­mo disc–jockey. Da­que­la, an­tes de ce­rrar a dis­co­te­ca, re­ga­lá­ba­me un­ha sec­ción de clá­si­cos. Un clá­si­co é iso que es­coi­tas ou les e ca­da vez, co­mo un­ha epi­fa­nía, ofre­ce no­vos ob­se­quios á túa vi­da in­te­rior. Non po­do evi­ta­lo, es­coi­to a Ja­nis Jo­plin can­do es­tou tris­te. E nos días máis gri­ses déi­xo­me le­var nas on­das do mar de Leo­nard Cohen. Es­ti­ven no oi­ten­ta e dous no Cal­de­rón, can­do o Deus Nep­tuno qui­xo com­par­tir con nós as sa­cu­di­das eléc­tri­cas dos Sto­nes. Son de Dy­lan por­que co­ñe­zo a be­le­za. Quen a co­ñe­ce non que­re aban­do­na­la nun­ca. Por tal mo­ti­vo alé­gra­me que os ve­llos es­tean de mo­da. Que vol­van e re­vol­van nas en­tra­ñas des­te pre­sen­te ca­du­co. Xa non que­dan es­tre­las que agar­dar. O fu­tu­ro es­tá no pa­sa­do. Alí a fe­li­ci­da­de co­bra for­ma can­do un aca­ri­ña a glo­ria dos ver­sos de Bob (cha­má­mo­lo así, fa­mi­liar­men­te): «How many ti­mes must a man look up be­fo­re he can really see the sky?». ¿Can­tas ve­ces un ho­me de­be mi­rar arri­ba an­tes de que en ver­da­de poi­da ver o ceo?

A res­pos­ta es­tá no ven­to. Es­te ven­to de ou­tono que nos trae, por fin, ele­va­da e mul­ti­pli­ca­da un­ha das vo­ces lí­ri­cas, por sin­gu­la­ri­da­de e po­der me­ta­fó­ri­co, máis im­por­tan­te do sécu­lo XX. É un ol­die. Hai un­ha se­ma­na ga­nou o pre­mio No­bel de Li­te­ra­tu­ra. Os sue­cos, por fin, to­ca­ron coa pun­ta dos de­dos o ceo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.