Ma­nual pa­ra amar a li­te­ra­tu­ra

Ag­nès De­sart­he re­la­ta nes­te li­bro unha ex­pe­rien­cia pro­pia: aque­la que par­te dun ac­to de re­sis­ten­cia fe­roz fron­te á li­te­ra­tu­ra ata que na uni­ver­si­da­de ato­pa un li­bro ade­cua­do que es­per­ta­rá e ac­ti­va­rá ese in­tere­se pa­ra sem­pre

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . EN GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Per­mí­to­me re­pro­du­cir unha afir­ma­ción con­clu­si­va que se in­cor­po­ra no pa­rá­gra­fo fi­nal des­te li­bro da en­saís­ta, tra­du­to­ra e no­ve­lis­ta Ag­nès De­sart­he, ver­ti­do ao galego por Moi­sés R. Bar­cia, pois dal­gún xei­to orien­ta so­bre a fi­lo­so­fía des­tas pá­xi­nas re­dac­ta­das a ca­ba­lo en­tre o me­mo­ria­lis­mo e o en­saio: o ofi­cio de es­cri­bir que co pa­so dos anos a es­cri­to­ra fran­ce­sa abra­zou per­mi­tiu­lle ac­ce­der «por fin e de no­vo, á lec­tu­ra», is­to é, non foi o exer­ci­cio da lec­tu­ra o que a con­du­ciu á es­cri­tu­ra, an­tes ben ao re­vés.

En efec­to, Co­mo apren­dín a ler es­tru­tú­ra­se co­mo unha via­xe de ca­rác­ter au­to­bio­grá­fi­co, se se que­re un tex­to de au­to­fic­ción ta­mén, na que se bo­ta unha olla­da atrás que con­du­ce a ex­plo­rar ese te­rri­to­rio pa­ra o que non exis­te nin­gún ti­po de for­mu­la­ción xe­ne­ra­lis­ta ou má­xi­ca que ex­pli­que as ra­zóns que in­flúen pa­ra que che­gue ese mo­men­to en que a lec­tu­ra se con­ver­te en al­go esen­cial na vi­da, al­go máis ca un há­bi­to lo­xi­ca­men­te, ao que se che­ga ás ve­ces tras avan­zar por un la­bi­rin­to en apa­ren­cia inex­tri­ca­ble e, ao tem­po, sem­pre dis­tin­to en ca­da per­soa. De­sart­he, cla­ro é, con­ta a súa pro­pia ex­pe­rien­cia: aque­la que par­te dun ac­to de re­sis­ten­cia fe­roz ata que na uni­ver­si­da­de ato­pa un li­bro ade­cua­do que es­per­ta­rá e ac­ti­va­rá ese in­tere­se pa­ra sem­pre.

O con­tex­to, se se que­re a at­mos­fe­ra, que ro­dea á súa pro­pia ex­pe­rien­cia po­de re­sul­tar su­xes­ti­va pa­ra cal­que­ra e a is­to axu­da ta­mén cer­ta to­na­li­da­de des­mi­ti­fi­ca­do­ra e mes­mo desa­cra­li­za­do­ra coa que im­pre­ga o seu dis­cur­so, sen es­que­cer nin o ati­na­do re­cur­so ao hu­mo­ris­mo nin tam­pou­co a pre­sen­za de pre­gun­tas sen res­pos­ta in­me­dia­ta coas que se per­se­gue es­ta­ble­cer un diá­lo­go coa per­soa que le o seu li­bro.

A au­to­ra, a meu ver, con­clúe que a lec­tu­ra su­pón un ca­mi­ño per­soal e in­trans­fe­ri­ble ao que cóm­pre che­gar por un mes­mo e con con­vic­ción. A lec­tu­ra nun­ca é abo­rre­ci­da, ma­lia que si poi­da ha­ber li­bros que o se­xan: o desacou­go ou a ple­ni­tu­de que un li­bro ofre­ce es­tán aí pa­ra re­ve­lar­se. Pen­nac ou Mi­ki­ta Brott­man xa es­cri­bi­ron ne­sa li­ña mais De­sart­he in­terio­ri­za ou per­so­na­li­za es­te ca­mi­ño par­ti­cu­lar, atei­ga­do, cla­ro é, de re­fe­ren­cias li­te­ra­rias que sa­be con­xu­gar cun dis­cur­so moi per­soal on­de co­bra ra­di­cal re­le­van­cia tan­to a re­fle­xión so­bre a pro­pia lin­gua co­mo as ori­xes fa­mi­lia­res. Igual­men­te atrac­ti­vas re­sul­tan, por exem­plo, as pa­sa­xes que in­cor­po­ra so­bre a crea­ción per­soal e tra­du­ción que, pa­ra ela, fo­ron as res­pon­sa­bles de vol­ver a olla­da á lec­tu­ra. Bo é sem­pre ter ac­ce­so a es­tes li­bros que re­fle­xio­nan so­bre re­xei­ta­men­tos e pai­xóns e se se cen­tran na lec­tu­ra coi­do que son se­men­te moi va­lio­sa.

CO­MO APREN­DÍN A LER

AU­TO­RA

AG­NÈS DE­SART­HE EDI­TO­RIAL

RI­NO­CE­RON­TE 127 PÁ­XI­NAS 17 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.