Ar­xen­ti­na na noi­te es­cu­ra

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - POR DIE­GO AMEIXEIRAS

As for­zas de se­gu­ri­da­de se­cues­tra­ron dez es­tu­dan­tes de se­cun­da­ria o 16 de se­tem­bro de 1976 en La Pla­ta, ca­pi­tal da pro­vin­cia de Bue­nos Ai­res. Ti­ñan en­tre 16 e 19 anos e su­fri­ron to­do ti­po de tor­tu­ras. Só so­bre­vi­vi­ron ca­tro. Es­te sal­va­xe epi­so­dio da úl­ti­ma di­ta­du­ra mi­li­tar ar­xen­ti­na (19761983), co­ñe­ci­do co­mo La no­che de los lá­pi­ces, ser­viu­lle ao pro­fe­sor e crí­ti­co Ra­món Ni­co­lás pa­ra cons­truír a súa se­gun­da no­ve­la, un emo­ti­vo re­la­to cun pé na fic­ción e ou­tro no ma­te­rial his­tó­ri­co. Fic­ción por­que Ni­co­lás ar­te­lla un­ha tra­ma ima­xi­na­ria ao re­dor do su­ce­so, cun­ha co­ne­xión galega que co­ñe­ce­mos po­la voz dun exi­lia­do fran­quis­ta, e his­tó­ri­ca por­que non es­ca­ti­ma en re­fe­ren­cias que axu­dan a con­tex­tua­li- zar o te­rror vi­vi­do na Ar­xen­ti­na por aque­les anos.

O re­sul­ta­do é un­ha no­ve­la que se vai des­ve­lan­do a par­tir dos es­cri­tos dun per­so­na­xe que mar­cha da Ga­li­cia fran­quis­ta a Bue­nos Ai­res, on­de vi­ve un­ha tra­xe­dia fa­mi­liar que se for­xa du­ran­te as pro­tes­tas es­tu­dan­tís pre­vias ao gol­pe. Ta­mén me­dian­te un­ha na­rra­ción que re­cons­trúe o su­ce­di­do na cir­cuns­tan­cia an­gus­tio­sa dun­ha das súas ví­ti­mas. Aquí se des­cri­be o me­do que aboia en­tre os es­tu­dan­tes can­do o ré­xi­me des­en­ca­dea a súa ma­qui­na­ria re­pre­si­va, pe­ro ta­mén as ilu­sións e uto­pías pro­pias deses pri­mei­ros anos de mo­ci­da­de.

VIO­LEN­CIA PO­LÍ­TI­CA

E aín­da que non hai sor­pre­sa no des­tino ao que se vén en­fron­ta­dos eses ado­les­cen­tes, as pá­xi­nas de La­pis na noi­te con­se­guen que nos in­cor­po­re­mos á sen­si- bi­li­da­de do iti­ne­ra­rio pro­pos­to, atra­ve­sa­do po­la vio­len­cia po­lí­ti­ca que es­ta­ba a pi­ques de asal­tar o po­der.

Pa­ra ex­pli­car o xei­to en que un xi­gan­te co­mo Rodolfo Walsh, des­apa­re­ci­do po­los mi­li­cos en 1977, abor­dou a mo­nu­men­tal Ope­ra­ción Ma­sa­cre, Os­val­do Ba­yer adoi­ta­ba to­mar pres­ta­da a fra­se de Ma­da­me de Staël re­fe­ri­da a Frie­drich Schi­ller: «A conciencia é a súa mu­sa». Na­qui­lo que gar­da re­la­ción co seu pou­so emo­cio­nal, La­pis na noi­te pa­re­ce es­tar con­ci­bi­da co ob­xec­ti­vo de ac­ti­var os me­ca­nis­mos da me­mo­ria po­lí­ti­ca. Da sor­di­dez fran­quis­ta ao te­rro­ris­mo de es­ta­do con­tra uns es­tu­dan­tes, a no­ve­la su­xí­re­nos un in­tere­san­te trán­si­to cun­ha li­ña tem­po­ral no pre­sen­te: un­ha via­xe á Ar­xen­ti­na que aín­da san­gra po­las fe­ri­das da di­ta­du­ra. A mu­sa de Ra­món Ni­co­lás re­sul­tou ser ta­mén a súa conciencia.

O LA­PIS NA NOI­TE AU­TOR RA­MÓN NI­CO­LÁS EDI­TO­RIAL XERAIS 192 PÁ­XI­NAS 17 EU­ROS

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.