Pa­la­bra, lin­gua e ima­xe

«O ima­xi­na­rio do país» é un­ha pe­za na que o pro­fe­sor An­xo Ca­ba­da ir­man­da a ima­xe coa pa­la­bra crea­ti­va e coa pro­pia lin­gua. E na súa in­te­gri­da­de ofre­ce, abo­fé, un ima­xi­na­rio do país ao que cóm­pre aso­mar­se pa­ra ali­men­tar os so­ños

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - TEX­TO: RAMÓN NI­CO­LÁS

Ofo­tó­gra­fo e pro­fe­sor An­xo Ca­ba­da, res­pon­sa­ble de pu­bli­ca­cións co­mo fo­ron Ma­re­gra­fías, Te­rra­gra­fías e Vi­la­gra­fías, ideou hai anos un pro­xec­to que por fin ve a luz ao abei­ro das ac­ti­vi­da­des do de­no­mi­na­do Ano da Lin­gua que pro­mo­ve a Depu­tación de Pon­te­ve­dra. O ima­xi­na­rio do país con­ta cun­ha ex­po­si­ción fo­to­grá­fi­ca —que se po­de vi­si­tar no ves­tí­bu­lo da institución pon­te­ve­dre­sa e te­rá un ca­rác­ter iti­ne­ran­te—, mais un ca­tá­lo­go en for­ma de libro que se­rá o que nos ocu­pe aquí.

Nel des­ta­ca, ao meu ver, o cri­te­rio in­ter­dis­ci­pli­na­rio que re­xe a con­cep­ción do pro­xec­to co­mo é o de fun­dir un­ha cin­cuen­te­na de re­tra­tos en bran­co e ne­gro de vo­ces crea­do­ras da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga con­tem­po­rá­nea —eses que rea­li­za o fo­tó­gra­fo e nos que cap­ta es­te ou es­tou­ro ele­men­to sin­gu­la­ri­za­dor, cun tex­to, en pro­sa ou ver­so, al­gun­has ve­ces sen el— en que ca­da un­ha das per­soas fo­to­gra­fa­das fa­lan de si mes­mas. To­do por xun­to con­tri­búe a do­tar, tan­to á ex­po­si­ción co­mo ao ca­tá­lo­go, dun in­tere­se ex­tra­or­di­na­rio, pois, en efec­to, aín­da que se­xa im­po­si­ble un­ha pre­sen­za to­tal das vo­ces que cons­ti­túen a no­sa plu­ral e po­li­fó­ni­ca Re­pú­bli­ca das Le­tras, a es­co­lla re­sul­ta re­pre­sen­ta­ti­va e cóm­pre en­ten­de­la co­mo un­ha ache­ga va­lio­sa nes­te ei­do e es­te­ti­ca­men­te sor­pren­den­te.

É es­te un libro, así pois, que ir­man­da ima­xe —a sem­pre com­ple­xa ar­te fo­to­grá­fi­ca—, coa pa­la­bra crea­ti­va e coa pro­pia lin­gua. Na súa in­te­gri­da­de ofre­ce, abo­fé, un ima­xi­na­rio do país ao que cóm­pre aso­mar­se por­que, de seu, ofre­ce un ga­lano que non se po­de re­xei­tar, is­to é, o de re­co­ñe­cer vi­sual­men­te vo­ces que se re­flic­ten nas olla­das, por ve­ces desafian­tes, pro­fun­das, fu­xi­días, in­ten­sas, lu­mi­no­sas, es­qui­vas, ama­bles ou do­ces; nos ros­tros con so­rri­sos ás ve­ces le­ve­men­te bos­que­xa­dos, fran­ca­men­te aber­tos ou, nou­tros ca­sos, con ric­to se­rio, gra­ve ou con­cen­tra­do; re­ve­lan­do can­sa­zo, preo­cu­pa­ción, se­re­ni­da­de e, en oca­sións, con­ta­xian­do cer­tas faís­cas de me­lan­co­lía. A dis­po­si­ción cor­po­ral dos re­tra­tos ta­mén é elo­cuen­te co­mo o son as pro­pias mans, que tan ben re­ve­lan o pa­so do tem­po e que, des­de po­si­cións par­ti­cu­la­res, su­xi­ren o ca­mi­ño que os con­du­ciu, con­du­ce ou con­du­ci­rá a dar­lle for­ma ao pen­sa­men­to pa­ra ali­men­tar, a tra­vés da crea­ción li­te­ra­ria, os no­sos so­ños e as no­sas vi­das.

Non te­ño dú­bi­da de que O ima­xi­na­rio do país ate­sou­ra moi­tos va­lo­res, en­tre os que se con­ta ta­mén o de que as ima­xes aquí re­co­lli­das dia­lo­gan in­ter­xe­ra­cio­nal­men­te en­tre si e mes­mo coas per­soas que se ache­gan con cu­rio­si­da­de a va­lo­ra­las pa­ra que­da­ren re­ti­das nos no­sos fíos da me­mo­ria, aprei­xa­das po­lo tem­po pa­ra se­guir adian­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.