O amor mar­chou de via­xe

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO -

Den­de a pu­bli­ca­ción de Os fi­llos do mar (2012), a súa exi­to­sa es­trea li­te­ra­ria, Pedro Fei­joo vén de­fen­den­do un es­pa­zo pa­ra un mo­de­lo de no­ve­la cons­truí­da sen gran­des au­da­cias na­rra­ti­vas, con fei­tu­ras pró­xi­mas ao best-se­ller e des­ti­na­da a un pú­bli­co pou­co fa­mi­lia­ri­za­do coa lec­tu­ra en ga­le­go. Ese é o seu te­rri­to­rio de­cla­ra­do: lec­to­res que pro­cu­ran li­bros fa­cil­men­te di­xe­ri­bles, en opo­si­ción a ou­tro ti­po de al­ter­na­ti­vas máis arris­ca­das. Sen pie­da­de non se­rá a no­ve­la coa que Fei­joo trai­zoe eses prin­ci­pios, un­ha apos­ta po­lo en­tre­te­men­to con­ver­ti­da xa en mar­ca per­soal, á que de­be su­mar­se un­ha in­cli­na­ción po­lo con­tac­to con­ti­nua­do cos se­gui­do­res da súa li­te­ra­tu­ra. A his­to­ria pre­sén­ta­se co­ma un­ha road-mo­vie on­de se ex­plo­ra nas con­se­cuen­cias dun desen­gano amo­ro­so e na leal­da­de en­tre os pro­ta­go­nis­tas, un­ha pa­re­lla de co­le­gas que em­pren­den un­ha efé­me­ra via­xe dei­xan­do atrás un asun­to com­pro­me­ti­do por re­sol­ver. To­do co­me­za a xei­to dun­ha no­ve­la xu­ve­nil que en­ca­ra ese pro­ble­ma do desamor den­de un­ha óp­ti­ca bas­tan­te hi­xié­ni­ca, con pros­pec­cións emo­cio­nais máis ou me­nos pon­de­ra­das, pe­ro o ar­gu­men­to vai­se es­cu­re­cen­do ata ins­ta­lar­se en te­rri­to­rios on­de com­pa­re­cen ou­tro ti­po de pai­xóns adul­tas. Qui­zais se­xa ne­sa me­di­da alia­xe on­de a his­to­ria des­ve­le as súas cre­den­ciais pa­ra atraer o po­si­ble in­tere­se dun­ha am­pla ba­se de lec­to­res. Non hai dú­bi­da de que ese se­gue a ser o ob­xec­ti­vo dun Fei­joo que non ten com­ple­xo nin­gún en bus­car tan di­fí­cil con­ci­lia­ción.

PEDRO FEI­JOO

SEN PIE­DA­DE AU­TOR

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.