Mar­ga­ret At­wood, a raí­ña da dis­to­pía

Que a au­to­ra de «O con­to da cria­da» é un­ha enor­me es­cri­to­ra é un­ha evi­den­cia pal­ma­ria. Nes­te ca­so, bai­xo o dis­fra­ce dun­ha no­va na­rra­ción dis­tó­pi­ca, en apa­ren­cia caó­ti­ca, que vai de atrás a adian­te sen ce­sar

La Voz de Galicia (A Coruña) - Fugas - - LIBROS . GALEGO - TEX­TO: RA­MÓN NI­CO­LÁS

Ima­xi­nen que un vol­cán do Atlán­ti­co en­tra en erup­ción e pro­vo­ca un desas­tre de tal mag­ni­tu­de que a vi­da, tal e co­mo a co­ñe­ce­mos, cam­bia de vez. Ima­xi­nen ta­mén que, nun tem­po re­la­ti­va­men­te pró­xi­mo, esas dú­bi­das e in­cer­te­zas que al­ber­ga­mos so­bre a ma­ni­pu­la­ción xe­né­ti­ca, a al­ta tec­ni­fi­ca­ción e os avan­ces mé­di­cos nas mans dun­ha oli­gar­quía que só mi­ra po­lo pro­vei­to pro­pio pre­ci­sa po­ten­ciar un­ha ca­rrei­ra con­su­mis­ta sen lí­mi­tes. Ima­xi­nen un mun­do en ruí­nas, o re­sul­ta­do dun ex­pe­ri­men­to sen con­trol, po­boa­do por un náu­fra­go, un su­per­vi­ven­te dun ca­ta­clis­mo pro­vo­ca­do por un­ha pra­ga mor­tí­fe­ra cal­cu­la­da. Es­te, dal­gún xei­to, é o deseño do que par­te Oryx e Cra­ke, de Mar­ga­ret At­wood. Ese su­per­vi­ven­te é quen nos con­du­ce po­lo mun­do en que vi­ve re­xi­do pola lei da su­per­vi­ven­cia e pola ba­ga­xe dos seus re­cor­dos. De­se pa­sa­do, de­sas areas mo­ve­di­zas das que é in­ca­paz de saír, é de on­de na­ce o dis­cur­so de Jimmy, ta­mén cha­ma­do Ho­me das ne­ves: un no­vo Uli­ses sen po­si­bi­li­da­de de re­tor­nar a nin­gu­res, que ca­mi­ña co pe­so das ci­ca­tri­ces ao seu lom­bo e que re­sul­ta ope­ra­ti­vo pa­ra re­ve­lar as cla­ves do to­ta­li­ta­ris­mo, de to­dos os to­ta­li­ta­ris­mos. Mais Jimmy con­ta ta­mén to­do aqui­lo que ten que ver coa súa pro­pia vi­da an­tes e des­pois da ca­tás­tro­fe, is­to é, fá­la­nos de­sa fi­gu­ra dis­tan­te do pai, de­sas in­cóg­ni­tas e enig­mas que sim­bo­li­za un­ha nai ator­men­ta­da que fo­xe da ca­sa, de­sa so­cie­da­de que vi­xía ca­da pa­so que dá, for­te­men­te eli­tis­ta e que fai da mar­xi­na­ción e dos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.