De­ma­sia­das cou­sas na ca­be­za

A so­bre­es­ti­mu­la­ción nos ne­nos pro­vo­ca es­trés e pro­ble­mas de aten­ción

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - ORIENTACIÓN EDUCATIVA - > Ana T. Jack

Ho­xe en día, cal­que­ra neno de 10 anos da no­sa con­tor­na máis pró­xi­ma re­ci­biu moi­tí­si­ma máis in­for­ma­ción que cal­que­ra ou­tro Ho­mo sa­piens dos que pa­sa­ron por es­te pla­ne­ta nos úl­ti­mos mi­les de anos. Pro­ba­ble­men­te viu pe­lí­cu­las ani­ma­das de ti­ra­no­sau­ros e ve­lo­ci­rap­to­res, ví­deos da su­per­fi­cie de Mar­te, ima­xes reais dun fe­to no úte­ro da súa nai, lin­fo­ci­tos fa­cen­do o seu tra­ba­llo no sis­te­ma in­mu­no­ló­xi­co... Por non fa­lar de ima­xes de gue­rras, aten­ta­dos te­rro­ris­tas ou pro­gra­mas in­for­má­ti­cos nos que, por exem­plo, de­be ir atro­pe­lan­do per­soas pa­ra su­mar pun­tos. É un vo­lu­me de in­for­ma­ción moi di­fí­cil de ma­ne­xar, si a com­pa­ra­mos coa que re­ci­bia­mos hai ape­nas 50 anos, can­do as ex­pe­rien­cias pro­vi­ñan da no­so en­torno máis in­me­dia­to: familia, ami­gos e co­le­xio. Co­mo moi­to, ra­dio e te­le­vi­sión.

O tris­te é que, en cer­to xei­to, ago­ra o te­ñen máis di­fí­cil. Son de­ma­sia­dos es­tí­mu­los pa­ra se­lec­cio­nar, va­lo­rar e asi­mi­lar por un ce­re­bro en pleno de­sen­vol­ve­men­to. A is­to chá­ma­se­lle so­bre­es­ti­mu­la­ción. E ma­lia iso os pais em­pe­ñá­mo­nos en en­ri­que­cer e en­cher os ocos da axen­da dos no­sos fi­llos con máis ac­ti­vi­da­des pa­ra que apro­vei­ten o tem­po.

PRE­VIR A HIPERACTIVIDADE

Gui­ller­mo Cá­no­vas, pre­mio Uni­cef 2013 po­lo seu la­bor en fa­vor da in­fan­cia, com­pa­ra es­te pro­ble­ma co da adic­ción ás dro­gas: «O pro­ble­ma da so­bre­es­ti­mu­la­ción é que, do mes­mo xei­to que fan as dro­gas de sín­te­ses, pro­vo­ca o que de­no­mi­na­mos to­le­ran­cia. É di­cir, o or­ga­nis­mo afai­se a re­ci­bir con re­gu­la­ri­da­de a súa do­se de es­tí­mu­los, ata que che­ga un mo­men­to no que tal do­se non lle sa­tis­fai. Que fai en­tón? Pois moi sin­xe­lo: bus­car un­ha do­se maior. Os ne­nos que vi­ven es­te efec­to fan­se ca­da vez me­nos sen­si­bles aos es­tí­mu­los da con­tor­na, e ne­ce­si­tan ca­da vez máis. Vól­ven­se hi­per­ac­ti­vos, ou se mos­tran des­mo­ti­va­dos men­tres a súa ima­xi­na­ción e crea­ti­vi­da­de van­se mer­man­do. Cús­ta­lles cen­trar­se moi­to tem­po nun­ha mes­ma ac­ti­vi­da­de, e sen­ten que os seus pen­sa­men­tos atro­pé­lan­se os uns aos ou­tros».

Por iso Gui­ller­mo Cá­no­vas de­fen­de que os ne­nos de­ben ter to­dos os días ver­da­dei­ro tem­po li­bre ( non di­ri­xi­do) pa­ra po­der xo­gar, pen­sar, char­lar, in­ter­ac­tuar cos ou­tros... ¡ou mes­mo ta­mén pa­ra abu­rrir­se! Por­que só así eles aca­ba­rán ato­pan­do as súas pro­pias mo­ti­va­cións e cen­tran­do a súa aten­ción no ver­da­dei­ra­men­te im­por­tan­te.

MAR­COS CREO

O tem­po pa­ra xo­gar li­bre­men­te e mes­mo abu­rrir­se é ne­ce­sa­rio pa­ra evi­tar a so­bre­car­ga nos pe­que­nos

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.