Al­ta­mi­ra es­tá de ani­ver­sa­rio

Es­te tes­te­mu­ño ar­tís­ti­co ex­cep­cio­nal cum­pre trin­ta anos co­mo pa­tri­mo­nio da hu­ma­ni­da­de

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - CIENCIAS - > Pa­tri­cia Barciela

A Con­fe­ren­cia Xe­ral da Or­ga­ni­za­ción das Na­cións Uni­das pa­ra a Edu­ca­ción, a Cien­cia e a Cul­tu­ra, na súa reunión de Pa­rís de 1972, apro­bou ga­ran­tir a pro­tec­ción in­ter­na­cio­nal da­que­les bens cul­tu­rais e na­tu­rais de sin­gu­lar re­le­van­cia, así co­mo ar­bi­trar me­di­das de coope­ra­ción e colaboración en ma­te­ria de con­ser­va­ción. E foi a par­tir de aí que exis­te a «Lis­ta do pa­tri­mo­nio mun­dial», cos bens do pa­tri­mo­nio cul­tu­ral e do pa­tri­mo­nio na­tu­ral que po­súen un va­lor mun­dial ex­cep­cio­nal. A co­va de Al­ta­mi­ra foi in­cluí­da ne­sa lis­ta en 1985 por « re­pre­sen­tar un­ha rea­li­za­ción ar­tís­ti­ca úni­ca do xe­nio hu­mano e por apor­tar un tes­te­mu­ño ex­cep­cio­nal dun­ha ci­vi­li­za­ción de­sa­pa­re­ci­da». No 2008 en­ga­dí­ron­se á de­cla­ra­ción xa exis­ten­te de Al­ta­mi­ra ou­tras 17 co­vas con ar­te ru­pes­tre do nor­te de Es­pa­ña.

Al­ta­mi­ra é un­ha re­pre­sen­ta­ción úni­ca do es­pí­ri­to crea­dor do ser hu­mano. Po­de­mos go­zar ne­la de di­ver­sas téc­ni­cas ar­tís­ti­cas, co­mo de­bu­xo, pin­tu­ra e gra­va­do. E ta­mén es­tá pre­sen­te na co­va o uso de gran­des for­ma­tos, o na­tu­ra­lis­mo, a abs­trac­ción e o sim­bo­lis­mo. Foi o pri­mei­ro lu­gar no mun­do no que se iden­ti­fi­cou a exis­ten­cia da ar­te ru­pes­tre do Pa­leo­lí­ti­co su­pe­rior. Bi­son­tes, cabalos, cer­vos, mans e es­tra­ños sig­nos pin­tá­ron­se e gra­va­ron nas súas pa­re­des du­ran­te mi­les de anos. Men­tres es­ti­vo ha­bi­ta­da, des­de hai 35.000 ata 13.000 anos, foi un lu­gar de ex­pre­sión pa­ra os seus mo­ra­do­res. As re­pre­sen­ta­cións es­tén­den­se por to­da a co­va, ao lon­go de máis de 270 me­tros, aín­da que as pin­tu­ras po­lí­cro­mas son as máis co­ñe­ci­das. Aín­da que fa­lar de po­li­cro­mía non é de to­do exac­to, xa que en reali­da­de só se uti­li­zan dous pig­men­tos: o ne­gro de car­bón e o ver­me­llo de óxi­do de fe­rro, apli­ca­dos di­rec­ta­men­te ou di­sol­tos en au­ga. A sen­sa­ción de ser un­ha va­rie­da­de máis am­pla de co­res dé­be­se ao uso da cor da ro­ca pa­ra har­mo­ni­zar co ver­me­llo e o ne­gro. Ta­mén as for­mas na­tu­rais do tei­to e as gre­tas uti­li­zá­ron­se pa­ra dar vo­lu­me ou pa­ra de­bu­xar o con­torno das fi­gu­ras. Con­ser­va­las nas me­llo­res con­di­cións é to­do un re­to cien­tí­fi­co.

Os pro­ble­mas de con­ser­va­ción da co­va ve­ñen de lon­go. Os des­pren­de­men­tos de ro­cas su­cé­den­se des­de que se for­mou; de fei­to, o que su­ce­deu hai 13.000 anos des­truíu e ta­pou a en­tra­da. E foi por iso que o am­bien­te in­te­rior man­ti­vo un­has con­di­cións es­ta­bles fa­vo­ra­bles pa­ra a con­ser­va­ción da súa ar­te ru­pes­tre.

Con to­do, des­de o seu des­cu­bri­men­to to­do cam­biou. O in­ter­cam­bio de ai­re co ex­te­rior, as os­ci­la­cións que su­friu de tem­pe­ra­tu­ra e hu­mi­da­de, así co­mo a cons­tru­ción de mu­ros, ca­mi­ños e ins­ta­la­cións eléc­tri­cas e as vi­si­tas de mi­les de per­soas con­tri­buí­ron a des­es­ta­bi­li­zar o am­bien­te da co­va, afec­tan­do ao seu pa­tri­mo- nio ar­tís­ti­co. É por is­to que a co­va de Al­ta­mi­ra es­tá pe­cha­da ao pú­bli­co na ac­tua­li­da­de, exis­tin­do un pro­gra­ma de in­ves­ti­ga­ción que de­ter­mi­na­rá o im­pac­to da pre­sen­za hu­ma­na so­bre a con­ser­va­ción das pin­tu­ras, e de­ci­di­rá si é po­si­ble vi­si­tar o con­xun­to e ga­ran­tir a se­gu­ri­da­de des­te te­sou­ro da hu­ma­ni­da­de.

Bi­son­tes, cabalos e cer­vos fa­lan dun­ha ci­vi­li­za­ción de­sa­pa­re­ci­da nas pa­re­des da co­va de Al­ta­mi­ra. O re­to, con­ser­var ese te­sou­ro do Pa­leo­lí­ti­co.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.