Os ríos ga­le­gos, es­pa­zos úni­cos pa­ra dis­fru­tar no ve­rán

Os ríos, arroios e ma­nan­ciais son par­te esen­cial do pa­tri­mo­nio de Ga­li­cia

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - PORTADA - > Patricia Bar­cie­la

A pai­sa­xe ga­le­ga re­co­lle a au­ga das abun­dan­tes choi­vas e trans­fór­maa en in­nu­me­ra­bles ríos, arroios e ma­nan­ciais. Son par­te esen­cial do seu pa­tri­mo­nio na­tu­ral e fon­te de tra­di­cións e len­das. En Ga­li­cia ca­da al­dea, lu­gar, po­bo ou ci­da­de ten un víncu­lo co seu río

As ca­rac­te­rís­ti­cas dos ríos ga­le­gos de­pen­den de va­rios fac­to­res. O cli­ma, de abun­dan­tes pre­ci­pi­ta­cións, fai que a maio­ría te­ñan un cau­dal abun­dan­te e re­gu­lar, con au­gas al­tas en in­ver­nos e un­ha bai­xa­da moderada no ve­rán. Co­mo o chan ga­le­go es­tá in­ten­sa­men­te frac­tu­ra­do, os des­ni­veis que xor­den pro­pi­cian que a au­ga dis­co­rra en to­das di­rec­cións. Ade­mais, a pre­sen­za de se­rras pró­xi­mas á cos­ta pro­vo­ca que se­xan ríos de cur­so cur­to. A ex­cep­ción é o Mi­ño, que aín­da así ten un per­co­rri­do de 310 qui­ló­me­tros.

Os ríos son ta­mén es­pa­zos pa­ra dis­fru­tar. As súas ri­bei­ras son lu­ga­res idó­neos pa­ra a prác­ti­ca do sendeirismo e as súas praias, un­ha opor­tu­ni­da­de pa­ra ba­ñar­se e re­la­xar­se na na­tu­re­za. Ta­mén se prac­ti­can de­por­tes co­mo o pi­ra­güis­mo, a pes­ca, o

raf­ting, o ba­rran­quis­mo ou o hi­dros­peed. Moi­tas fes­tas ga­le­gas es­tán uni­das aos ríos. Al­gun­has te­ñen un com­po­ñen­te gas­tro­nó­mi­co, co­mo as da lam­prea, a troi­ta, o sal­món ou a an­guía. Ou­tras son de ca­rác­ter lú­di­co, co­mo os Ca­nei­ros no río Man­deo ou o Na­sei­ro, no Lan­dro.

RE­DE NA­TU­RA 2000

Na­tu­ra 2000 é un­ha re­de de es­pa­zos na­tu­rais pro­te­xi­dos po­la Unión Eu­ro­pea con ob­xec­to de sal­va­gar­dar os máis im­por­tan­tes de Eu­ro­pa. Es­tes en­cla­ves re­co­llen os eco­sis­te­mas máis re­pre­sen­ta­ti­vos e sig­ni­fi­ca­ti­vos do te­rri­to­rio: eco­sis­te­mas flu­viais, costas e rías, la­goas, se­rras, bos­ques...

Por pór un exem­plo, un dos es­pa­zos in­cluí­dos na re­de é o río Tea. O mo­ti­vo, ser un cur­so flu­vial de im­por­tan­cia pa­ra o sal­món atlán­ti­co e con­tar cun bos­que de ri­bei­ra ben con­ser­va­do. O Tea é o afluen­te máis im­por­tan­te do cur­so bai­xo do Mi­ño e dis­co­rre por un pre­cio­so val. Na­ce no mon­te Man­ce­lo e nos seus 50 qui­ló­me­tros de per­co­rri­do for­ma nu­me­ro­sas praias flu­viais idó­neas pa­ra o ba­ño. É un río de au­gas lim­pas e osi­xe­na­das, ca­ren­tes de con­ta­mi­na­ción am­bien­tal e de gran ri­que­za pis­cí­co­la. Nas pro­xi­mi­da­des do río, á al­tu­ra de Mon­da­riz, xor­den au­gas sub­te­rrá­neas en for­ma de ma­nan­cial. Es­tes ma­nan­ciais es­tán sal­va­gar­da­dos por un pe­rí­me­tro de pro­tec­ción mi­nei­ra, o que sig­ni­fi­ca que hai que con­tro­lar a ac­ti­vi­da­de hu­ma­na que se desen­vol­ve. Des­te xei­to, man­ten­se a ca­li­da­de da au­ga pa­ra o seu con­su­mo.

As praias flu­viais ta­mén po­den ga­ñar ban­dei­ras azuis, co­mo es­ta de Pon­te Cal­de­las, on­de, co­mo en tan­tas ou­tras, ato­pa­re­des un es­pa­zo pa­ra dis­fru­tar do río en ve­rán

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.