Guío­me po­lo co­ra­zón

La Voz de Galicia (A Coruña) - La Voz de la Escuela - - EL PANEL DE LA 2 -

Ho­xe fa­la­mos do... ¿adi­vi­ñas? An­tes de se­guir, mi­ra a se­gun­da ac­ti­vi­da­de da uni­da­de 4 do ma­nual O co­ra­zón es­tá do teu la­do, e re­sol­ve a pri­mei­ra adi­vi­ña. Can­do non hai bei­ra­rrúas, é vi­tal lem­brar es­te ór­gano.

■ Ob­xec­ti­vo. Lem­brar que can­do non hai sen­da peo­nil sem­pre de­bo des­pra­zar­me po­lo la­do es­quer­do da vía, e sem­pre aten­to á cir­cu­la­ción.

■ Que apren­do. Vou co­ñe­cer as par­tes do meu cor­po e o seu fun­cio­na­men­to: os apa­re­llos di­xes­ti­vo, res­pi­ra­to­rio, cir­cu­la­to­rio...

■ Ta­re­fa. Vou­me fi­xar no mo­ve­men­to das cou­sas. O pro­fe­sor vai­me en­si­nar co­mo fun­cio­na un re­lo­xo e o mo­ve­men­to das agu­llas, e se se ase­me­lla ao mo­ve­men­to do san­gue no cor­po hu­mano. Vou apren­der o mo­ve­men­to cir­cu­lar e co­mo se pa­re­ce a cir­cu­la­ción san­guí­nea no co­ra­zón, e as co­res do san­gue nas veas e nas ar­te­rias, á for­ma de cir­cu­lar or­de­na­da­men­te po­las vías e as súas co­res.

■ Sen sen­da peo­nil, hai que an­dar sem­pre po­lo la­do es­quer­do da vía .

■ Ac­ti­vi­da­de. O san­gue do co­ra­zón fun­cio­na no mes­mo sen­ti­do das agu­llas dun re­lo­xo, de es­quer­da a de­rei­ta. Adi­vi­ñas:

■ Non é un re­lo­xo, pe­ro fai tic tac. Non usa ba­te­rías, pe­ro non pa­ra de an­dar. Que é?

■ Co­ma a pe­dra son du­ros, pa­ra o can un bo man­xar e sen eles non po­de­rías nin sal­tar nin ca­mi­ñar. ¿Que é?

■ Mi­ras adian­te, fas exer­ci­cio, dás aos pe­dais, tes equi­li­brio. ¿Que é?

■ Lem­bra. ¿Ca­ra que la­do do cor­po es­tá o co­ra­zón? Re­la­cio­na a po­si­ción do co­ra­zón co sen­ti­do da mar­cha can­do non hai sen­da peo­nil. Así pois, des­de as Xe­fa­tu­ras de Trá­fi­co im­par­ti­ran­se char­las nos con­ce­llos, di­ri­xi­das a maio­res, co fin de con­cien­ciar á po­boa­ción e in­ci­dir na­que­las con­du­tas pou­co se­gu­ras dos peóns.

Des­de a DXT lem­bran, ade­mais, que os peóns que non cum­pran a nor­ma­ti­va po­de­rán ser de­nun­cia­dos por non le­var o cha­le­co re­flec­tor can­do se­xa ne­ce­sa­rio ou po­lo in­cum­pri­men­to das obri­ga­cións que os peóns te­ñen na es­tra­da que son as se­guin­tes: ■ Ca­mi­ñar po­la es­quer­da; pa­ra atra­ve­sar a cal­za­da, can­do non hai pa­so de peóns, ca­mi­ñar per­pen­di­cu­lar­men­te a es­ta.

■ Non de­mo­rar­se nin de­ter­se ne­la sen ne­ce­si­da­de e non en­tor­pe­cer o pa­so aos de­mais e usar pe­zas re­flec­to­ras en­tre o oca­so e a saí­da do sol.

A NO­TI­CIA No 2014 fa­le­ce­ron nas es­tra­das ga­le­gas 17 peóns, o que su­pón o 15 % do to­tal dos fa­le­ci­dos. Es­tes da­tos xus­ti­fi­can por si mes­mos a ne­ce­si­da­de de ac­tua­cións es­pe­cí­fi­cas de pre­ven­ción.

ÓSCAR CE­LA

Cam­pa­ña da Gar­da Ci­vil de en­tre­ga de cha­le­cos a peóns

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.