Bal­do Ra­mos, poe­ta y ar­tis­ta plás­ti­co de Ce­la­no­va, ex­po­ne obras ca­li­grá­fi­cas en Lu­go

O ar­tis­ta plás­ti­co ce­la­no­vés amo­sa es­tes días o seu tra­ba­llo nun­ha ga­le­ría de Lu­go

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - PORTADA - MAITE RO­DRÍ­GUEZ

Bal­do Ra­mos (Ce­la­no­va, 1971) en­con­trou a súa pri­mei­ra ve­ta ar­tís­ti­ca na poe­sía. Sen aban­do­na­la, nos anos no­ven­ta —can­do es­tu­da­ba na Uni­ver­si­da­de de San­tia­go de Compostela— foi­se in­tere­san­do po­la «ca­ra plás­ti­ca da es­cri­ta». Aín­da ho­xe, Ra­mos non se con­si­de­ra pin­tor. «Son un ca­lí­gra­fo que pin­ta o que ve nas palabras», di. Os seus úl­ti­mos tra­ba­llos pó­den­se ver ata o 19 de ou­tu­bro no es­pa­zo Is­koö, de Lu­go (rúa Ci­da­de de Vi­go, 11). Os si­len­cios do ca­lí­gra­fo é un­ha mos­tra con obras en pa­pel, en dis­tin­tos for­ma­tos, exem­pla­res úni­cos de li­bros de ar­tis­ta, que o ce­la­no­vés me­te —que non en­ce­rra, xa que se po­den pa­sar as pá­xi­nas— en ur­nas ou cai­xas. Ta­mén pa­peis an­ti­gos, do­cu­men­tos do sécu­lo XVII, nos que Bal­do Ra­mos dei­xou a súa pe­ga­da es­ti­li­za­da ou cons­trúe co­la­xes.

O prin­ci­pio, hai trin­ta anos, can­do es­tu­da­ba no ins­ti­tu­to de Ce­la­no­va, foi a poe­sía. Bal­do Ra­mos con­ta que lle in­tere­sa­ba o li­bro como al­go ar­te­sa­nal. En Es­cu­ra e trans­pa­ren­te (2005), un­ha obra de poe­sía, com­bi­nou un­ha edi­ción con­ven­cio­nal con ou­tra máis ar­te­sá, na que pin­tou in­di­vi­dual­men­te 50 exem­pla­res. Ten pu­bli­ca­dos arre­dor de quin­ce li­bros e sem­pre lle gus­tou que ti­ve­sen un­ha in­ter­ven­ción plás­ti­ca e ma­nual. Por­que Bal­do Ra­mos di que lle in­tere­sa o li­bro como al­go coida­do que de­be che­gar ao lec­tor como al­go máis que un so­por­te. «Pu­bli­quei li­bros au­to edi­ta­dos, fa­cía os meus exem­pla­res, co­sía os li­bros e em­pe­cei a fa­cer for­ma­tos maio­res», lem­bra. Ata que, no ano 2006, un­ha ga­le­ría ma­dri­le­ña lle en­car­gou un­ha se­rie de li­bros de dous me­tros.

E fa­cen­do li­bros de ar­tis­ta, afir­ma, é on­de se sen­te «máis a gus­to». Fai­nos a man, cor­tan­do o pa- pel e in­tro­du­cin­do os seus poe­mas. Con­ci­be a poe­sía como «un exer­ci­cio de abs­trac­ción coa lin­gua». Do mes­mo xei­to lle in­tere­sa máis a pin­tu­ra abs­trac­ta. E a ca­li­gra­fía, sos­tén o ar­tis­ta, «es­tá a me­dio ca­mi­ño en­tre o lin­güís­ti­co e o plás­ti­co». De­fí­nea como un­ha ponte en­tre a pin­tu­ra e a li­te­ra­tu­ra. Un­ha ponte moi cul­ti­va­da en Orien­te, coa desen­vol­vi­da ar­te ca­li­grá­fi­ca de Chi­na e de Xa­pón. Pe­ro que ta­mén ten pre­ce­den­tes na cultura ga­le­ga, como os poe­mas ca­li­grá­fi­cos de Uxío No­vo­ney­ra. Un crea­dor, No­vo­ney­ra, co que Bal­do Ra­mos se sen­tiu «iden­ti­fi­ca­do» na súa épo­ca de es­tu­dan­te. «Nos no­ven­ta co­me­za­ba a pin­tar en San­tia­go e com­pra­ba un­has plu­mas de bam­bú que ta­mén usa­ba el», re­cor­da. Aín­da con­ser­va aque­les tra­zos de tin­ta de bam­bú.

Esa tin­ta, que co­nec­ta os poe­mas ilus­tra­dos de Bal­do Ra­mos coa cultura orien­tal ou a poe­sía ca­li­grá­fi­ca de No­vo­ney­ra, ne­ce­si­ta moi­tos coida­dos. «Gús­tan­me moi­to as tin­tas, úsoas moi oleo­sas e dan tra­ba­llo para as ma­ni­pu­lar. Ne­ce­si­tan días para se­car», ex­pli­ca. A ca­li­gra­fía é un­ha ar­te de pre­ci­sión. «Ou sae ben á pri­mei­ra ou non vale», re­ve­la Bal­do Ra­mos. Pe­ro ta­mén aber­ta, como a poe­sía do ce­la­no­vés. «A ca­li­gra­fía é un diá­lo­go co ba­lei­ro, apa­ren­te­men­te sin­xe­lo pe­ro que é com­ple­xo. In­da­gar no in­te­rior das palabras, ne­se ba­lei­ro é o tra­ba­llo do ca­lí­gra­fo», di o ar­tis­ta. E eses si­len­cios do ca­lí­gra­fo que amo­sa nes­ta ex­po­si­ción de Lu­go ta­mén se ato­pan na súa poe­sía, que dei­xa aber­ta a in­ter­pre­ta­cións, sen im­por men­sa­xes nin elec­cións ao lec­tor.

O ano que vén, a obra de Bal­do Ra­mos, en co­la­bo­ra­ción con Xo­sé Ma­ría Álvarez Các­ca­mo, po­de­ra­se ver na sé de Afun­da­ción na Praza Maior de Ou­ren­se. Para se­tem­bro do 2018 es­tá pre­vis­to que am­bos pre­sen­ten A do­bre pá­xi­na, un pro­xec­to de poe­sía vi­sual, con li­bros an­ti­gos nos que ca­da ar­tis­ta vai al­ter­na­do as súas in­ter­ven­cións nas pá­xi­nas par e im­par. Các­ca­mo e Ra­mos co­ñe­cé­ron­se en Ce­la­no­va no ano 2012, no aniver­sa­rio de Cel­so Emi­lio Fe­rrei­ro e que­da­ron en fa­cer al­go xun­tos. Con­cre­ta­ron a pri­mei­ra co­la­bo­ra­ción en Ca­Ra In­ver­sa (2014) e os li­bros ob­xec­to os vol­ven a unir.

XOÁN A. SO­LER

Bal­do Ra­mos, con al­gu­nas das súas obras no seu es­tu­do de San­tia­go de Compostela.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.