O Se­tem­bro vi­ve o día gran­de co Fei­rón e a ti­ra­da de fogos

A fei­ra de ar­te­sa­nía in­clúe a Bai­xa­da da Pe­pa Lo­ba a Flo­res

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE -

As Fes­tas do Se­tem­bro do Car­ba­lli­ño ce­le­bran ho­xe o seu día gran­de, a da­ta na que coin­ci­den as fes­tas patronais cun­ha das fei­ras máis im­por­tan­te do ano —O Fei­rón—. Mer­ca­do e fes­ta que su­man ou­tro atrac­ti­vo: o de ce­le­brar­se en sá­ba­do. Un­ha cir­cuns­tan­cia que le­vou ao Con­ce­llo do Car­ba­lli­ño e á co­mi­sión or­ga­ni­za­do­ra a pro­gra­mar un­ha am­pla ac­ti­vi­da­de para po­ten­ciar a xor­na­da e para ani­mar o día de fei­ra. Ade­mais de ser a da­ta que aco­lle­rá a úni­ca das ti­ra­das de fogos pre­vis­tas para es­te ano.

A ani­ma­ción co­me­za­rá a pri­mei­ra ho­ra e ás 12.00 ho­ras po­de­ra­se dis­fru­tar dun gran con­cer­to de zar­zue­la na praza Emi­lia Par­do Ba­zán. A ac­ti­vi­da­de co­rre­rá a car­go da ban­da de mú­si­ca A Li­ra de Ri­ba­da­via e das co­rais Or­feón do Car­ba­lli­ño, Co­ro de Cá­ma­ra Club Ar­tís­ti­co de Ri­ba­da­via e Co­ral Po­li­fó­ni­ca Ecos del Avia.

Ou­tra for­ma­ción vo­cal, a Co­ral Ca­sa­blan­ca de Vi­go, se­rá a en­car­ga­da de ofre­cer un con­cer­to no Au­di­to­rio do Car­ba­lli­ño. Se­rá a par­tir das 20.00 ho­ras e a agru­pa­ción di­ri­xi­da por Óscar Vi­llar Díaz es­ta­rá acom­pa­ña­da po­la pia­nis­ta Lu­cía Pes­ta­na Her­nán­dez e o te­clis­ta Gui­ller­mo Gar­cía Lomba. Á mes­ma ho­ra co­me­za­rá a es­ce­ni­fi­ca­ción da Bai­xa­da da Pe­pa Lo­ba a Flo­res, on­de se ce­le­bra a fei­ra de ar­te­sa­nía.

A ver­be­na da praza Maior es­ta­rá ame­ni­za­da po­lo gru­po Clax­xon e na praza Par­do Ba­zán po­de­ra­se ver o es­pec­tácu­lo de Le Sui­te Band en ho­me­na­xe á mú­si­ca dos anos 80 (00.30 ho­ras).

Pi­ro­tec­nia Jos­man se­rá a en­car­ga­da da ti­ra­da de fogos, que co­me­za­rá á me­dia­noi­te na entrada do par­que mu­ni­ci­pal. Se­rá a úni­ca se­sión do Se­tem­bro 2017.

SAN­TI M. AMIL

En Flo­res abriu on­te a fei­ra que lem­bra á ban­do­lei­ra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.