O L‘An­gli­ru da vol­ta ao co­le

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE - Noe­la Blan­co Depu­tada do PS­deG-PSOE

Dúas ima­xes mar­can o fi­nal do ve­rán: a dos ci­clis­tas che­gan­do á me­ta da de­rra­dei­ra eta­pa da Vol­ta, e as dos ne­nos e ne­nas api­ña­dos ás por­tas dos cen­tros es­co­la­res. Os pri­mei­ros che­gan ao fi­nal es­go­ta­dos des­pois de eta­pas du­rí­si­mas, da mes­ma ma­nei­ra que o fan os pais e nais tras ca­se tres me­ses es­for­zán­do­se por su­bir a mon­ta­ña da con­ci­lia­ción, a do en­cai­xe de pa­li­llos que su­pón ca­drar as va­ca­cións dos máis pe­que­nos coas súas, con cam­pa­men­tos de ve­rán, ma­ñás en lu­do­te­cas e tar­des nos par­ques cos avós.

A vol­ta ao co­le, con to­do, tam­pou­co é tan bo­ni­ta co­mo pa­re­ce, xa que pa­ra as fa­mi­lias se­tem­bro xun­to con xa­nei­ro son me­ses mar­ca­dos en ver­me­llo no ca­len­da­rio. O atra­co que su­po­ñen as fes­tas do Na­dal fan do pri­mei­ro mes do ano un­ha eta­pa dos Pi­cos de Eu­ro­pa, da mes­ma ma­nei­ra que a in­sen­si­bi­li­da­de dos res­pon­sa­bles de Edu­ca­ción e edi­to­riais de li­bros es­co­la­res axu­dan a que a de­pre­sión pos­va­ca­cio­nal se­xa máis profunda, ata o pun­to de que moi­tas fa­mi­lias re­tra­san ata o úl­ti­mo mi­nu­to o pa­sar por cai­xa pa­ra sa­ber que te­rán que pa­gar máis de dous­cen­tos eu­ros po­lo ma­te­rial es­co­lar pa­ra un be­bé que em­pe­za a fa­lar, ou ca­tro­cen­tos pa­ra un neno que em­pe­za a ler. A iso sú­ma­lle que hai que mer­car rou­pa por­que den­de o cur­so pa­sa­do de­ron un es­ti­rón, as co­tas da aso­cia­ción de pais e nais e as ac­ti­vi­da­des ex­tra­es­co­la­res. Des­pra­zar­nos ao ru­ral da no­sa pro­vin­cia su­pón ade­mais ver co­ma coa es­cu­sa do pro­ble­ma de­mo­grá­fi­co cen­tos de me­ni­ños te­rán que ma­dru­gar máis da con­ta pa­ra co­ller un au­to­bús que os le­ve ao cen­tro da vi­la máis pró­xi­ma.

Pa­ra sa­ber que hai ou­tra ma­nei­ra de fa­cer as cou­sas, bas­ta con bo­tar a vis­ta atrás e re­cor­dar que hai me­nos de dez anos en Ga­li­cia os li­bros de tex­to non se pa­ga­ban, un­ha épo­ca no que á vol­ta ao co­le era máis ben un­ha eta­pa con­tra­rre­lo­xo que de mon­ta­ña, ou mi­rar a An­da­lu­cía on­de os li­bros de tex­to se­guen sen­do gra­tuí­tos. Iso por non fa­lar do nor­te de Eu­ro­pa, on­de gra­zas ao apoio das ins­ti­tu­cións, pa­ra as fa­mi­lias o co­me­zo do cur­so es­co­lar é co­ma o pa­seo triun­fal do que che­ga ao fi­nal da Vol­ta con­so­li­da­do den­de hai moi­tas eta­pas co­ma lí­der.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.