A Hi­dra

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE - Juan Ca­sa­res

Di o di­cio­na­rio da Real Aca­de­mia que un mi­to é un re­la­to fa­bu­lo­so con per­so­na­xes sim­bó­li­cos que re­pre­sen­tan as for­zas da na­tu­re­za ou as­pec­tos da con­di­ción hu­ma­na. A di­fe­ren­za dun­ha len­da, o mi­to non adoi­ta ter un­ha ba­se his­tó­ri­ca se­nón que po­de ser o su­ce­di­do nun­ha ci­vi­li­za­ción pri­mi­xe­nia que se es­pa­llou co­ma re­fu­ga­llo ou adap­ta­ción a tra­vés das so­cie­da­des que de­ri­va­ron da mes­ma. Eu pen­so que len­da e mi­to nos ser­ven pa­ra se­ren exem­plos de con­du­tas que é pre­ci­so seguir ou co­rri­xir. Así con­ci­bi­dos, am­bos os dous con­cep­tos en­gro­san o te­sou­ro in­ma­te­rial dun­ha so­cie­da­de; cons­ti­túen a par­te da cul­tu­ra dun po­bo que, co­ma o ga­le­go, adoi­ta usar a can­le oral pa­ra a súa trans­mi­sión de xe­ra­ción en xe­ra­ción.

Se­gun­do a Bi­blio­te­ca, obra atri­buí­da a Apo­lo­do­ro, o he­roe Hér­cu­les foi con­de­na­do a fa­cer dez tra­ba­llos pa­ra pa­gar po­los asa­si­na­tos co­me­ti­dos nun arre­ba­to de to­le­ría. O se­gun­do dos re­tos con­sis­tiu en ma­tar á Hi­dra que ha­bi­ta­ba a la­goa de Ler­na; un mons­tro en for­ma de ser­pe que aso­la­ba os cam­pos e ma­ta­ba á xen­te. Ti­ña a ca­pa­ci­da­de de asa­si­nar co seu ba­fo e a pe­cu­lia­ri­da­de de que as súas no­ve ca­be­zas se du­pli­ca­ban ao se­ren cor­ta­das. Sei­ca Hér­cu­les cu­briu o na­riz cun pano pa­ra sor­tear a mor­te por ve­leno e con ca­da cor­te que fa­cía á Hi­dra cau­te­ri­za­ba a fe­ri­da pa­ra evi­tar a re­xe­ne­ra­ción das tes­tas. Su­po­ño que nal­gún in­tre da no­sa vi­da to­dos ato­pa­mos un­ha hi­dra; for­ma par­te da fa­cia­na me­nos agra­da­ble da con­di­ción hu­ma­na, esa na­tu­re­za con­tra­di­to­ria e ás ve­ces bi­po­lar. Coi­do que to­dos nal­gun­ha oca­sión nos com­por­ta­mos co­ma Hér­cu­les: ta­pa­mos o na­riz e loi­ta­mos co­ma he­roes.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.