O pa­zo de Tra­sal­ba aco­lle a mon­ta­xe da obra «A La­ga­ra­da», so­bre o tex­to de Ote­ro Pe­dra­yo

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE -

O Cen­tro Dra­má­ti­co Ga­le­go desen­vol­veu hai 25 anos un pro­xec­to sin­gu­lar, úni­co, ori­xi­nal, arris­ca­do e po­lé­mi­co. Agos­to en­ca­ra­ba as súas úl­ti­mas xor­na­das, era o día 25, can­do tres ou­ren­sáns com­pa­re­cían en rol­da de pren­sa en Com­pos­te­la pa­ra anun­ciar un re­to nun­ca an­tes asu­mi­do. Daniel Ba­ra­ta, con­se­llei­ro de Cul­tu­ra, Juan Luis Sa­co, res­pon­sá­bel do Igaem, e Manuel Gue­de, di­rec­tor do Cen­tro Dra­má­ti­co Ga­le­go, da­ban a co­ñe­cer a pro­pos­ta: o CDG ía pór en es­ce­na un­ha obra es­cri­ta por Ote­ro Pe­dra­yo ha­bía 64 anos e que nun­ca se che­ga­ra a re­pre­sen­tar. E por ri­ba non ía ser nun tea­tro ou nun es­pa­zo no que acos­tu­ma­ban a ac­tuar as com­pa­ñías: «A La­ga­ra­da» te­ría co­mo es­ce­na­rio o pro­pio lu­gar on­de foi es­cri­ta, am­bien­ta­da e no tem­po no que se desen­vol­vía a tra­ma —que non era ou­tro que o da ven­di­ma—.

«Es­ta pro­du­ción su­pón un­ha au­da­cia e un ris­co evi­den­te», si­na­la­ba Ba­ra­ta ao tem­po que re­co­ñe­cía ter apro­vei­ta­do as va­ca­cións pa­ra pre­sen­ciar va­rios en­saios dun­ha mon­ta­xe a re­pre­sen­tar «en­tre lus­co e fus­co» e con fun­cións den­de co­me­zos de se­tem­bro ao día 20 de no­vem­bro. Co­mo di­rec­tor exer­cía Pe­re Pla­ne­lla e o pro­ta­go­nis­ta era o des­apa­re­ci­do ac­tor ou­ren­sán Abe­lar­do Ga­briel. O día 9 pu­bli­cá­ba­se un­ha in­for­ma­ción dan­do con­ta de que a es­trea de «A La­ga­ra­da», pre­vis­ta pa­ra o 11 de se­tem­bro de 1992, se ti­ña que sus­pen­der por «pro­ble­mas téc­ni­cos», e que se re­tra­sa­ba uns días so­bre as da­tas ini­ciais. O 15 ha­bía un­ha pre-es­trea pa­ra os ve­ci­ños de Tra­sal­ba, á que se­gui­rían dúas re­pre­sen­ta­cións máis nas se­guin­tes xor­na­das pa­ra os do res­to das pa­rro­quias. An­tes de que se che­ga­se ás re­fe­ri­das re­pre­sen­ta­cións xa co­men­za­ron os des­en­con­tros, ao emi­tir un co­mu­ni­ca­do a Aso­cia­ción de Com­pa­ñías de Tea­tro de Ga­li­cia des­au­to­ri­zan­do e cri­ti­can­do ao «en­car­ga­do da dra­ma­tur­xia na úl­ti­ma pro­du­ción do CDG, Ca­mi­lo Val­deo­rras» por re­fe­rir­se ao tea­tro ga­le­go co­mo un­ha «ac­ti­vi­da­de que so­fre un­ha pa­rá­li­se de crea­ti­vi­da­de», ao tem­po que afir­ma­ba que a es­ce­na ga­le­ga —o ou­ren­sán im­par­tía cla­ses en Bar­ce­lo­na— pa­de­cía da pre­po­ten­cia do gre­mia­lis­mo e o per­so­na­lis­mo. Un­ha vez ini­cia­das as re­pre­sen­ta­cións, aos pou­cos días, foi pre­ci­so sus­pen­der un­ha se­ma­na as fun­cións po­la en­fer­mi­da­de duns dos ac­to­res.

«A La­ga­ra­da» re­pre­sen­tá­ba­se no pa­tio da ca­sa gran­de de Tra­sal­ba, cun pal­co pa­ra es­pec­ta­do­res ao fon­do, e or­ga­ni­zá­ron­se via­xes pa­ra asi­sir á obra des­de os con­ce­llos da pro­vin­cia de Ou­ren­se.

PILI PROL

O des­apa­re­ci­do ac­tor ou­ren­sán Abe­lar­do Ga­briel nun­ha das re­pre­sen­ta­cións rea­li­za­das no pa­tio de Tra­sa­la­ba.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.