O Poe­ma­gos­to en­che­rá de poe­sía, mú­si­ca e cul­tu­ra a vi­la de Alla­riz

O cer­ta­me in­ter­na­cio­nal ofre­ce­rá ac­ti­vi­da­des du­ran­te to­da a fin de se­ma­na

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE -

Do 13 ao 15 • Di­fe­ren­tes ho­ra­rios • Alla­riz • En­tra­das con­cer­tos: ai­ra­das­le­tras.gal/ ten­da. 1 día 10 eu­ros (en­tra­da máis li­bro), 2 días 15 eu­ros (ven­res, sá­ba­do, ca­mi­se­ta e li­bro) • Du­ran­te to­da a fin de se­ma­na, do 13 ao 15, ce­le­bra­ra­se a cuar­ta edi­ción do Poe­ma­gos­to, o Fes­ti­val In­ter­na­cio­nal de Poe­sía de Alla­riz. As ac­ti­vi­da­des arran­can o ven­res, ás 20.30 ho­ras, cun re­ci­tal e con­cer­to no Mu­seo do Coi­ro. Par­ti­ci­pa­rán as poe­tas ga­le­gas An­tía Ote­ro e Yolanda Cas­ta­ño e o mú­si­co Luis Pas­tor. Ao re­ma­tar, 23.59 ho­ras, ha­be­rá no Roi Xor­do fes­ta e mi­cro aber­to pa­ra to­do o que quei­ra re­ci­tar ou to­car.

O sá­ba­do se­rá o día cen­tral do Poe­ma­gos­to, con pro­pos­tas du­ran­te to­da a xor­na­da. Co­me­za­rán as ac­ti­vi­da­des ás 10.30 ho­ras cun­ha ini­cia­ti­va poé­ti­ca: ha­be­rá re­ci­ta­do a car­go dos poe­tas par­ti­ci­pan­tes e mi­cro aber­to pa­ra to­do o que quei­ra su­mar­se á pro­pos­ta. De­sen­vol­ve­ra­se po­las rúas do cas­co ve­llo. A las 11.30 ho­ras es­ta­rá o pa­lla­so Pe­ter Punk no Bu­le Bu­le (Pra­za de Abai­xo) coa mon­ta­xe «Chun­go que te ca­gas» e un­ha ho­ra des­pois to­ca­rán as pan­de­re­tei­ras de Es­ca­cha­fe­rre­ñas no Bu­le Bu­le e no Mu­seo do Coi­ro. Nes­te úl­ti­mo es­pa­zo, ás 13.00 ho­ras, ha­be­rá un­ha char­la-re­ci­tal de An­to­nio Orihue­la e Da­vid Cas­ti­llo bai­xo o tí­tu­lo «Poe­sía, Barcelona, Con­tra­cul­tu­ra». O xan­tar do Poe­ma­gos­to ce­le­bra­ra­se a par­tir das 14.00 ho­ras na Fun­da­ción Ris­co. O pre­zo do xan­tar é de 10 eu­ros.

O sá­ba­do po­la tar­de, ás 17.00 ho­ras, pre­sen­ta­ra­se o li­bro «Her­mano asno» e ha­be­rá re­ci­tal de poe­sía (17.30 ho­ras) no Mu­seo do Coi­ro. Nun­ha car­pa ins­ta­la­da na zo­na do Fes­ti­val de Xar­díns ac­tua­rán Fol­kó­li­cos, A Com­pa­ñía do Ruí­do e Rai­ba ás 21.00 ho­ras.

O do­min­go ce­le­bra­ra­se, en A Fá­bri­ca —por bai­xo da Ala­me­da— un com­ba­te poé­ti­co (11.00 ho­ras) e ha­be­rá re­ci­tal ás 12.30 ho­ras. Re­ma­ta­rá o Poe­ma­gos­to co con­cer­to poé­ti­co de Cin­ta Ad­he­si­va.

Yolanda Cas­ta­ño abri­rá o Poe­ma­gos­to xun­to a An­tía Ote­ro.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.