Do­bre ci­ta pa­ra as fa­mi­lias en Ex­pou­ren­se con Ce­le­bra e Be­be­ga

Es­tá pre­vis­to un com­ple­to pro­gra­ma de ac­ti­vi­da­des que in­clúen char­las so­bre lac­ta­ción, se­gu­ri­da­de via­ria in­fan­til ou obra­doi­ros de ma­sa­xe e io­ga pa­ra re­cén na­dos

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE -

Den­de or­ga­ni­zar un­ha vo­da ata pre­pa­rar a che­ga­da dun be­bé cos pro­du­tos e ser­vi­zos de ca­li­da­de que ofre­ce o co­mer­cio ou­ren­sán. Ex­pou­ren­se ofre­ce es­ta fin de se­ma­na do 14 e 15 de ou­tu­bro un­ha do­bre ci­ta pa­ra as fa­mi­lias: Ce­le­bra, que cum­pre a súa maio­ría de ida­de con 18 edi­cións, e Be­be­ga, que na­ce pa­ra ofre­cer un­ha mos­tra es­pe­cia­li­za­da no be­bé. En to­tal, máis de 60 ex­po­si­to­res que mos­tra­rán o deseño, a ca­li­da­de e a ori­xi­na­li­da­de coa que tra­ba­llan as em­pre­sas ou­ren­sás, xa que o 90 % dos ex­po­si­to­res don des­ta pro­vin­cia.

Con 18 anos de tra­xec­to­ria, Ce­le­bra cons­ti­túe un­ha guía pro­fe­sio­nal en vi­vo pa­ra pa­re­llas ou fa­mi­lias que quei­ran or­ga­ni­zar un even­to per­so­na­li­za­do. Os ex­po­si­to­res pre­sen­tan un­ha am­pla ofer­ta de pro­du­tos e ser­vi­zos cos que dar res­pos­ta á com­ple­xa pla­ni­fi­ca­ción de to­do ti­po de ac­tos so­ciais ta­les co­mo vo­das, co­mu­ñóns, bau­ti­zos, reunións de em­pre­sas, pre­sen­ta­cións ou lan­za­men­tos de no­vos pro­du­tos, et­cé­te­ra. Se­gun­do in­di­can os ex­po­si­to­res, a ten­den­cia ac­tual é a or­ga­ni­za­ción de even­tos ori­xi­nais, te­má­ti­cos e ex­clu­si­vos, per­so­na­li­zan­do ca­da de­ta­lle. Pa­ra dar res­pos­ta ás de­man­das do vi­si­tan­tes, os ex­po­si­to­res ofre­ce­rán in­no­va­ción, di­fe­ren­cia­ción e pre­zos com­pe­ti­ti­vos.

Nes­ta tem­pa­da a ten­den­cia máis mar­ca­da apos­ta por ce­ri­mo­nias ro­mán­ti­cas cun es­ti­lo a me­dio ca­mi­ño en­tre o vin­ta­ge e o cam­pes­tre coidan­do e per­so­na­li­zan­do ca­da de­ta­lle, den­de a com­po­si­ción das me­sas ata as in­vi­ta­cións, as me­sas do­ces per­so­na­li­za­das ou as gran­des ini­ciais dos pro­ta­go­nis­tas, de ma­dei­ra ou lu­mi­no­sas, que xa non po­den fal­tar en ca­da ce­le­bra­ción. Nes­ta edi­ción des­ta­ca a ofer­ta en res­tau­ra­ción, or­ga­ni­za­ción de via­xes e ani­ma­ción de even­tos que son os que con­tan con maior re­pre­sen­ta­ción. Ta­mén ha­be­rá em­pre­sas que axu­den ás fa­mi­lias e pa­re­llas con ca­da un dos ele­men­tos que ro­dean a un even­to: o de­co­ra­do, os aga­sa­llos pa­ra os con­vi­da­dos, as flo­res, a mú­si­ca, o me­nú ou a dis­co­te­ca mó­bil. Ta­mén terán o seu es­pa­zo nes­ta fei­ra o alu­guer de vehícu­los, xoie­ría, pe­rru­que­ría e es­té­ti­ca, flo­re­ría, aga­sa­llos, e ata pi­ro­tec­nia. Des­ta­ca a pre­sen­za de va­rias em­pre­sas es­pe­cia­li­za­das na or­ga­ni­za­ción in­te­gral de even­tos e ani­ma­ción, co que o visitante non só po­de­rá co­ñe­cer as úl­ti­mas no­vi­da­des, se­nón que po­de­rá re­ci­bir ase­so­ra­men­to e no­vas ideas. No que se re­fi­re á mo­da nup­cial po­de­rá ver­se que men­tres as noi­vas bus­can deseños sin­xe­los e có­mo­dos con­fec­cio­na­dos en ma­te­riais de ca­li­da­de co­mo en­cai­xe, pe­dre­ría, tul ou cre­pé; os noi­vos arris­can e atré­ven­se con tra­xes de cor ver­de, gra­na­te ou com­bi­nan­do o bran­co e ne­gro.

As pa­sa­re­las vol­ve­rán con­vo­car ao pú­bli­co que se ache­gue pa­ra co­ñe­cer as úl­ti­mas ten­den­cias en mo­da nup­cial e fes­ta, así co­mo en pe­rru­que­ría e ma­qui­lla­xe, tan­to de noi­vos co­mo de con­vi­da­dos. Os des­fi­les terán lu­gar o sá­ba­do e o do­min­go ás 18.00 h. e con­ta­rán coa par­ti­ci­pa­ción das se­guin­tes em­pre­sas: Al­va­rino; An­ge­lo Mi­lano (que se in­cor­po­ra por pri­mei­ra vez); Drá­ce­na; Loy­ma; Ni­can­dra; Noar No­vias e Pa­ris Dif­fu­sion. Es­ta ac­ti­vi­da­de es­ta­rá coor­di­na­da po­la Axen­cia Lue­na. To­das es­tas fir­mas ase­gu­ran a or­ga­ni­za­ción dun even­to 100% ou­ren­sán, xa que ade­mais to­das elas con­tan con co­lec­cións de fa­bri­ca­ción e deseño pro­pio.

O ho­ra­rio de aper­tu­ra pa­ra es­ta do­bre ci­ta pa­ra o sá­ba­do 14 e do­min­go 15 de ou­tu­bro en Ex­pou­ren­se se­rá de 11.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.30 ho­ras. A en­tra­da te­rá un cus­to de 2 eu­ros e per­mi­te ac­ce­der as dúas fei­ras. Pó­den­se con­se­guir in­vi­ta­cións a tra­vés das em­pre­sas ex­po­si­to­ras.

To­da a in­for­ma­ción dos even­tos da fin de se­ma­na pó­de­se con­sul­tar en www.ex­pou­ren­se. org e nos per­fís das fei­ras en Fa­ce­book e Twit­ter.

Nos des­fi­les desem­bo­ca o tra­ba­llo de dis­tin­tos pro­fe­sio­nais im­pli­ca­dos nos pre­pa­ra­ti­vos das ce­ri­mo­nias

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.