As opor­tu­ni­da­des na pro­vin­cia

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE - Jo­sé An­to­nio Pa­ren­te Pre­si­den­te de No­vas Xe­ra­cións

Le­va­mos va­rios anos vi­vin­do moi­tos cam­bios en po­lí­ti­ca, onde non pre­do­mi­nan as ideas e as pro­pos­tas, se­nón a cri­ti­ca e as fal­tas de res­pec­to e in­clu­so can­do se fan pro­pos­tas den­de os par­ti­dos que non go­ber­nan, son en cla­ve ne­ga­ti­va. Pe­ro nes­te ar­ti­go non vou a cri­ti­car, se­nón a pro­por e a fa­lar en cla­ve po­si­ti­va de Ou­ren­se, se­te le­tras que com­po­ñen un no­me pro­pio e que dan no­me a pro­vin­cia con máis opor­tu­ni­da­des de Es­pa­ña.

Co­mo li­miao, es­tou or­gu­llo­so de ser ou­ren­sán, por to­das as opor­tu­ni­da­des que ofre­ce a no­sa pro­vin­cia, gra­zas aos go­ber­nos lo­cais e pro­vin­ciais, pe­ro ta­mén gra­zas aos no­sos re­pre­sen­tan­tes po­lí­ti­cos a ni­vel au­to­nó­mi­co e es­ta­tal.

Via­mos nes­tes pa­sa­dos días a Moi­sés Blan­co, pre­sen­tar nun­ha das co­mi­sións do Par­la­men­to de Ga­li­cia un­ha pro­pos­ta na que o Par­ti­do Po­pu­lar fa­rá un­ha maior in­ver­sión nun sec­tor tan im­por­tan­te pa­ra a co­mar­ca de Val­deo­rras co­mo é a mi­ne­ría, un dos prin­ci­pais sec­to­res des­ta co­mar­ca xun­to co da pi­za­rra e o vi­ní­co­la, tra­ba­llo que ta­mén que es­tá a fa­cer o se­na­dor da Rúa, Ave­lino García Fe­rra­dal, onde o Mi­nis­te­rio de Fo­men­to se com­pro­me­teu á me­llo­ra dos viais des­ta co­mar­ca ou­ren­sá.

Ou­tro dos prin­ci­pais sec­to­res é o fo­res­tal, que via­mos de­fen­der á al­cal­de­sa de Oím­bra, Ana Vi­lla­rino, nes­tes días no Par­la­men­to de Ga­li­cia, un sec­tor fo­res­tal moi cas­ti­ga­do nes­tes me­ses e anos pa­sa­dos por uns in­cen­dia­rios, e que tan­tas opor­tu­ni­da­des ofre­ce, des­de a ma­dei­ra, pa­san­do po­las no­vas in­dus­trias da bio­ma­sa, o cul­tu­ral, onde en gran par­te dos no­sos mon­tes ato­pa­mos gran­des com­ple­xos ar­queo­ló­xi­cos, ou mes­mo nas ex­plo­ta­cións gan­dei­ras co­mo po­de­mos ver na co­mar­ca de Cua­le­dro en Lu­cen­za, con ex­plo­ta­cións de ra­za ca­che­na e que o al­cal­de, Luciano Ri­ve­ro Cu­que­jo, es­tá a im­pul­sar.

Pe­ro máis aló des­tes sec­to­res, ta­mén ofre­ce cultura, den­de a et­no­gra­fía e a cultura que po­de­mos co­ñe­cer nes­te mes de abril ote­riano, que ofre­ce a fun­da­ción do pa­triar­ca das le­tras ga­le­gas ou ir á co­mar­ca de Ce­la­no­va a co­ñe­cer des­de a fun­da­ción de ou­tro ilus­tre li­te­ra­to ou­ren­sán, tex­tos que a súa fun­da­ción sa­ca a luz, co­mo son as car­tas de Cu­rros Enríquez.

Pe­ro, Ou­ren­se é cultura, his­to­ria e et­no­gra­fía, é gan­de­ría e agri­cul­tu­ra, é pi­za­rra e mi­ne­ría, é vi­ti­vi­ni­cul­tu­ra, é ter­ma­lis­mo, Ou­ren­se é po­si­ti­vis­mo, Ou­ren­se é ou­ren­sa­nía.

Vi­cen­te Ris­co, di­cía que Ou­ren­se era a Ate­nas de Ga­li­cia pola súa ri­que­za, po­las súas opor­tu­ni­da­des.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.