«Uti­li­cei un poe­ma do meu pro­fe pa­ra li­gar»

«Fer­nan­do era un chi­co ale­gre, al que le gus­ta­ba di­ver­tir­se. Nues­tra re­la­ción fue más fue­ra del au­la, en el pa­tio o en el gim­na­sio, que den­tro» «Gon­za­lo des­cu­briu­me o mundo da li­te­ra­tu­ra, e es­per­tou en min o gus­to po­los diá­lo­gos e por to­do aqui­lo ao que a

La Voz de Galicia (Ourense) - Ourense local - - OURENSE DEPORTES - MAR GIL

Hai mes­tres que va­len pa­ra to­do. Pa­ra dar cla­ses de li­te­ra­tu­ra es­pa­ño­la, de in­glés e de cul­tu­ra clá­si­ca, por exem­plo. E ta­mén pa­ra li­gar… ou pa­ra for­mar par­te dun­ha obra de tea­tro pro­fe­sio­nal. To­do iso é pa­ra o ac­tor e mú­si­co Fer Gon­zá­lez (Ou­ren­se, 1984) o seu pro­fe­sor de Sa­le­sia­nos Gon­za­lo Ber­nar­do.

Non é que Gon­za­lo se tro­ca­se Ce­les­ti­na ou ar­tis­ta, que­de cla­ro. É moi­to máis sin­xe­lo e ta­mén máis lon­go. Cón­tao o Chino de Vi­ra­dei­ra, ou o roc­kei­ro de Pris­ci­la, que vén ser o mes­mo: «En Sa­le­sia­nos eu xo­ga­ba ao ba­lon­ces­to, non por­que me gus­ta­se de­ma­sia­do, se­nón por es­tar cos meus ami­gos. E alí es­ta­ba sem­pre Gon­za­lo que, ade­mais de dar­nos cla­ses, era o en­car­ga­do dos de­por­tes. Nos des­can­sos dos ades­tra­men­tos, ás ve­ces vía­me e di­cía­me: ‘Ven, que te voy a de­cir al­go que te gus­ta­rá’. E em­pe­za­ba a re­ci­tar un poe­ma, pe­ro non un poe­ma cal­que­ra, era un pro­ble­ma con tru­co, co­mo un tra­ba­lin­guas». Eran poe­mas con al­gun­ha di­fi­cul­ta­de es­pe­cial que, lem­bra Gon­za­lo, «Fer­nan­do me­mo­ri­za­ba rá­pi­da­men­te, te­nía mu­chí­si­ma fa­ci­li­dad».

O caso é que Fer in­cor­po­rou un deses poe­mas es­co­la­res á obra Re­sa­ca, que vén de re­ci­bir ca­tro premios Mes­tre Mateo. E an­tes di­so, can­do aín­da non fu­xi­ra da ado­les­cen­cia, re­co­rreu ás ar­mas de Gon­za­lo pa­ra a con­quis­ta: «Es­ta­ba cun­ha ra­pa­za e dí­xen­lle: ‘Un pro­fe que me caía moi ben apren­deu­me es­ta poe­sía’. Re­ci­tei­lla, ela bo­tou­se a rir e em­pe­za­mos a saír!».

Era El mos­qui­to del vino, un en­re­ve­sa­do poe­ma de Que­ve­do que re­soa de no­vo no co­le­xio sa­le­sia- no nas vo­ces de Gon­za­lo e Fer, coor­di­na­dos e di­ver­ti­dos, co­mo se fo­se on­te: «Tu­des­cos mos­cos de los sor­bos fi­nos, cas­pa de las azum­bres más sa­bro­sas…»

O es­ce­na­rio do sa­lón de ac­tos e o arre­cen­do do xim­na­sio es­per­tan en Fer Gon­zá­lez o ra­paz que foi en Sa­le­sia­nos: «Eu che­guei aquí con 5 anos e mar­chei con 18. Ago­ra vou cum­prir 34 e pó­ño­me co­ma un neno lem­bran­do to­do is­to». Os co­rre­do­res, di, es­tán idén­ti­cos. Os per­chei­ros das au­las son os mes­mos. Os chan­zos das es­ca­lei­ras que bai­xan ao ba­re­to… To­do com­pón a es­ce­na tea­tral dun­ha eta­pa da súa vi­da. «Hai al­go ci­ne­ma­to­grá­fi­co nes­ta par­te do co­le­xio —afir­ma men­tres bus­ca a se­de da agru­pa­ción xu­ve­nil Amen­cer—. Pa­re­ce co­mo a pe­li O or­fa­na­to».

En Amen­cer Fer foi usua­rio e des­pois mo­ni­tor: «Or­ga­ni­cei va­rios anos a fin do cam­pa­men­to e o tea­tro». Foi tras un fes­ti­val Bos­co­mu­sic, xa sen­do exa­lumno, can­do na­ceu o seu gru­po de rock, Sen Mo­ti­vo, ho­xe Pris­ci­la. E foi ne­se mes­mo sa­lón de ac­tos on­de re­pre­sen­tou Romeo e Xu­lie­ta, a súa pri­mei­ra obra co­mo ac­tor afec­cio­na­do co gru­po de tea­tro da Ca­sa da Xu­ven­tu­de.

Á Ca­sa che­gou de ca­sua­li­da­de pe­ro, «ao saír da pri­mei­ra cla­se, xa es­ta­ba cap­ta­do pa­ra a in­ter­pre­ta­ción», asegura. Da­que­la es­tu­da­ba 2º de Em­pre­sa­riais, pe­ro ese cur­so de tea­tro cam­bio­uno to­do. «Es­ta­ba fa­cen­do esa ca­rrei­ra por iner­cia, por aqui­lo das saí­das, pe­ro, ao em­pe­zar a fa­cer tea­tro, foi a pri­mei­ra vez que ato­pei al­go que me gus­ta­ba e que se me da­ba ben». Así que ese ve­rán do 2006 pre­sen­to­use ás pro­bas de ac­ce­so á Es­co­la de Ar­te Dra­má­ti­ca. Un car­tel de Tea­tro do No­roes­te pa­ra un cás­ting le­vouno á súa pri­mei­ra ex­pe­rien­cia pro­fe­sio­nal, e así ata o 2011. Des­pois veu Il Ma­qui­na­rio Tea­tro e to­do un mundo que ho­xe se mul­ti­pli­ca en ci­ne, tea­tro e te­le­vi­sión.

Na prehis­to­ria de­sa pai­xón es­tá Gon­za­lo Ber­nar­do, o pro­fe­sor que lo­grou un oco na vi­da de Fer en­tre ca­nas­tra e ca­nas­tra: «Con esas poe­sías que me re­ci­ta­ba nos ades­tra­men­tos em­pe­cei a co­ñe­cer o mundo da li­te­ra­tu­ra. E creou­me un­ha sen­sa­ción de em­pa­tía con el den­tro da au­la. De fei­to, nun­ca fun bo es­tu­dan­te, pe­ro as mi­ñas me­llo­res no­tas eran con Gon­za­lo. De­sen­vol­vín un in­tere­se por ler que non sa­bía on­de me ía le­var, pe­ro que es­ta­ba aí. Em­pe­cei a ler as tra­xe­dias gre­gas e gus­tá­ban­me. Dá­ba­me ata ver­go­ña di­ci­lo por­que na mi­ña xe­ra­ción es­ta­ba­mos des­cul­tu­ri­za­dos; real­men­te, foi un in­tere­se moi clan­des­tino». En Gon­za­lo ha­bía un­ha ca­ra es­cé­ni­ca que Fer ad­ver­tiu: «Un pro­fe­sor fai­se cri­ble por co­mo fa­la, por co­mo ex­pli­ca… E iso é tea­tro. De Gon­za­lo gus­tá­ba­me a súa for­ma de ex­pre­sión. Na au­la era ca­ti­va­dor e atraín­te e, de re­pen­te, fó­ra da cla­se ti­ña un­ha par­te di­ver­ti­da».

SAN­TI M. AMIL

Gon­za­lo e Fer, no sa­lón de ac­tos de Sa­le­sia­nos, on­de o au­tor de­bu­tou co­mo mú­si­co.

Fer, na sua eta­pa ado­les­cen­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.