Son es­cri­to­ra?

Ma­ría Ca­no­sa

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Te­ño li­bros pu­bli­ca­dos pe­ro... real­men­te po­do di­cir que son es­cri­to­ra? Pa­ra dar­lle ren­da sol­ta aos meus desexos de con­tar his­to­rias en pa­pel, te­ño que rou­bar tem­po ao tra­ba­llo, fa­mi­lia, ami­gos, vi­da so­cial... ao sono, máis ca na­da. Xun­tar anaqui­ños de tem­po pa­ra xun­tar ta­mén pa­la­bras. Le­vo o pe­so da his­to­ria na ca­be­za e no co­ra­zón un­ha eter­ni­da­de, por­que como a es­cri­ta é un­ha se­rie de re­ta­llos, ata que os co­so todos acom­pá­ñan­me a po­ñer a la­va­do­ra, pa­sear, per­co­rrer trei­tos en co­che, dur­mir a ne­na... Vi­vir do que es­cri­bo, pa­ra min, é im­po­si­ble. Co­ma o meu ca­so co­ñe­zo máis. Moi­tos es­cri­to­res com­pa­xi­nan ou­tro tra­ba­llo coa es­cri­ta. Por iso pre­ci­sa­men­te, se po­de in­cre­men­tar a ac­ti­vi­da­de li­te­ra­ria des­pois da xu­bi­la­ción. Ha­be­ría que ex­pli­car­lles is­to aos que non en­ten­den que se poi­dan per­ci­bir de­rei­tos de au­tor, ou po­lo me­nos non fa­ce­lo á vez que un­ha pen­sión. Dis­to fa­lou­se al­go, pe­ro qui­xe­ra que se lem­bra­sen ta­mén dos es­cri­to­res-com­pa­xi­na­do­res. Dos que es­cri­bi­mos mi­nu­to aquí, mi­nu­to alí, res­tan­do ho­ras ao des­can­so. Os que, ás ve­ces, pa­ga­mos do no­so pe­to os des­pra­za­men­tos pa­ra pre­sen­tar a obra, ter un en­con­tro cos lectores ou re­ci­tar poe­mas de bal­de. Os mes­mos que, con sor­te, co­bra­mos un­ha mi­se­ria a fi­nal de ano. Iso se te­mos a for­tu­na de pu­bli­car en edi­to­ras que pa­gan. Preo­cu­pa que nos pa­guen de xu­bi­la­dos, pe­ro non que non o fa­gan en ac­ti­vo?

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.