Bieito Igle­sias pre­sen­tó un li­bro que des­cri­be y des­cu­bre los rin­co­nes de la ciu­dad

O es­cri­tor pre­sen­tou on­te o seu úl­ti­mo tra­ba­llo no Cen­tro Cul­tu­ral Mar­cos Val­cár­cel da Depu­tación

La Voz de Galicia (Ourense) - - Chequeo Entrevista - CÁN­DI­DA AN­DA­LUZ OU­REN­SE / LA VOZ

O ou­ren­sán Bieito Igle­sias pre­sen­tou on­te no Cen­tro Mar­cos Val­cár­cel o li­bro O ou­ro de Ou­ren­se de En­gaio­lar­te Edi­cións.

—Un tí­tu­lo su­xes­ti­vo. —É un­ha guía li­te­ra­ria da ci­da­de de Ou­ren­se e ten a for­ma dun li­bro de via­xes. A pe­cu­lia­ri­da­de é que es­tá fei­to por un ou­ren­sán co­ma min que le­va anos fó­ra. Vai in­cor­po­ran­do ta­mén a mi­ña me­mo­ria. Por exem­plo, se vou pa­sean­do po­lo Cou­to, ade­mais de fa­lar do de­por­te, ta­mén evo­co as lem­bran­zas que te­ño do ba­rrio. Bor­ges ten un­ha fra­se que di que a pa­la­bra orien­te ten a fe­liz ca­sua­li­da­de de ter ou­ro. Á ci­da­de de Ou­ren­se pá­sa­lle o mes­mo. Nes­te ca­so, os te­sou­ros de Ou­ren­se se­rían a súas xen­tes, mo­nu­men­tos e his­to­ria. —En­tón, son va­rios pa­seos po­la ci­da­de, po­las súas rúas. —Hai va­rios iti­ne­ra­rios. Hai un pri­mei­ro que vai da es­ta­ción do tren ata O Po­sío a pé. E a par­tir dese pri­mei­ro par­ten ou­tros. Vou a O Cou­to, por Er­ve­de­lo, San Francisco, et­cé­te­ra. Que­ría que o li­bro fo­ra po­li­va­len­te, que ser­va tan­to pa­ra al­guén que non se­xa de Ou­ren­se, como pa­ra un ou- ren­sán. Por­que en­ga­do un pou­co da his­to­ria dos mo­nu­men­tos, so­cio­lo­xía do lu­gar, an­tro­po­lo­xía e anéc­do­tas. —Iso que­re di­cir que é un tra­ba­llo moi am­plo. —O li­bro non ten moi­tas pá­xi­nas e vai acom­pa­ña­do de moi­tas fo­tos. Non se tra­ta­ba de fa­cer un­ha en­ci­clo­pe­dia so­bre Ou­ren­se. O que fi­xen foi co­ller bas­tan­tes mo­no­gra­fías so­bre a ci­da­de ten­tan­do con­den­sa­las e con­ta­las dun­ha for­ma ame­na, a me­di­da que o pa­sean­te vai po­la ci­da­de. In­clu­so me­tín as vo­ces de Otero Pe­dra­yo ou de Ris­co, en­tre ou­tros. Que­ría que ne­se as­pec­to o li­bro fo­se al­go co­ral. Que a vi­sión non fo­se so­lo mi­ña. Aín­da que como é a crónica dun­ha via­xe, hai un­ha par­te sub­xec­ti­va que ten que ver co que me su­xi­ren a min os lu­ga­res que vi­si­to. —¿Es­tá es­cri­to en pri­mei­ra per­soa?

—Si. O via­xei­ro son eu.

—¿Como xur­diu? —Hai tem­po, un ami­go in­sis­tiu­me en que fi­xe­ra al­go so­bre Ou­ren­se. Co tem­po, fun pou­co a pou­co en­ga­din­do ca­pí­tu­los á his­to­ria e ago­ra xur­diu a oca­sión de pu­bli­ca­lo por­que un edi­tor in­tere­sou­se en sa­ca­lo. É a mes­tu­ra dun­ha guía li­te­ra­ria e dun li­bro de via­xes e de me­mo­rias. Trá­ta­se dun­ha ho­me­na­xe mi­ña pri­va­da a Ou­ren­se. E, sen ser cur­si, dun­ha de­cla­ra­ción de amor á mi­ña ci­da­de.

—¿Canto tem­po le­vou? —Bas­tan­te, por­que fun pou­co a pou­co en­ga­din­do pe­zas e pu­lin­do. Por­que ti­ven que sin­te­ti­zar to­da a in­for­ma­ción so­bre Ou­ren­se nuns pa­seos. Es­ta ci­da­de, sen­do un si­tio pe­queno, ten un mon­tón de cou­sas. Lem­bro que es­tan­do es­cri­bin­do ti­ña ó meu ca­rón un to­tal de 44 mo­no­gra­fías so­bre Ou­ren­se. É un si­tio que es­tá moi es­tu­da­do. Ti­ven que fa­cer un im­por­tan­te tra­ba­llo de sín­te­se pa­ra que fo­se útil pa­ra aque­les que non co­ñe­cen Ou­ren­se e pa­ra que os que son de aquí co­ñe­za o lu­gar on­de es­tán e ha­bi­tan.

—¿Que­da­ron rúas pen­den­tes? —Ex­cep­tuan­do si­tios nos que no me ape­te­cía en­trar, como o ce­mi­te­rio, á ci­da­de din­lle un­ha boa vol­ta.

B. BA­TA­LLA

Bieito Igle­sias fai un per­co­rri­do ín­ti­mo e des­crip­ti­vo po­los prin­ci­pais rin­cóns da súa ci­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.