«Ex­por na CEO per­mi­te che­gar a un pú­bli­co moi di­ver­so»

O ar­tis­ta pre­sen­ta ho­xe un­ha ex­po­si­ción do seu tra­ba­llo que po­de vi­si­tar­se na se­de dos em­pre­sa­rios

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - MA­RÍA CO­BAS

Os ca­dros le­van uns días col­ga­dos nas pa­re­des da se­de da Con­fe­de­ra­ción de Em­pre­sa­rios de Ou­ren­se, pe­ro non se­rá ata ho­xe que te­ña lu­gar a pre­sen­ta­ción ofi­cial da ex­po­si­ción que o ar­tis­ta ce­la­no­vés Bal­do­me­ro Mo­rei­ras ten ins­ta­la­da nas ofi­ci­nas da CEO, na pra­za das Da­mas da ca­pi­tal. «Es­ti­ven mon­tan­do aos pou­cos, e ago­ra xa es­tá to­da», avan­za o pin­tor, que in­vi­ta a todos os ou­ren­sáns a pa­sar por alí pa­ra po­der ve­la e go­zar dos ca­dros.

—¿Ata can­do vai es­tar?

—Ata abril. É a pri­mei­ra vez que ex­po­ño alí; que se che­ga por in­vi­ta­ción dos di­ri­xen­tes. In­vi­tá­ron­me e di­xen que si, cla­ro, eu en­can­ta­do.

—¿Que se po­de­rá ver?

—Son acrí­li­cos, al­gúns de gran for­ma­to. É obra re­com­pi­la­da que te­ño eu no meu ta­ller, de di­fe­ren­tes ex­po­si­cións e de dis­tin­tos mo­men­tos, po­de ha­ber obra do ano 1992, ou do 1996, e ta­mén do 2005 ou do 2010. Non é un­ha ex­po­si­ción an­to­ló­xi­ca, pe­ro hai obra de 10 ou 15 anos vis­ta. —¿Non se po­de di­cir en­tón que é un­ha re­tros­pec­ti­va? —Non, por­que non es­tán todos os anos nin to­da a mi­ña vi­da. É só un pa­no­ra­ma da mi­ña vi­da dos úl­ti­mos quin­ce anos. —¿Hai al­gun­ha no­vi­da­de ou to­das es­ti­ve­ron ex­pos­tas xa? —To­das es­ti­ve­ron ex­pos­tas en dis­tin­tos lu­ga­res, en Ou­ren­se e fó­ra de Ou­ren­se. Par­te des­ta ex­po­si­ción es­ti­vo no ve­rán na Co­ru­ña. —¿Por que eli­xiu as obras, por que es­tas e non ou­tras? —Foi un pou­co po­lo que te­ño eu no ta­ller e des­pois po­lo es­pa­zo que alí hai pa­ra po­der ex­po­ñer. E ta­mén qui­xen ter en con­ta que fo­ra obra de dis­tin­tos anos, que non fo­ra to­da obra re­cen­te nin to­da an­te­rior. Que­ría un fa­cer un pe­queno abano das úl­ti­mas dé­ca­das. —¿Po­de de­fi­nir­se en­tón como un­ha apro­xi­ma­ción á súa obra pa­ra al­guén que non a co­ñe­za? —Si, ta­mén. Ade­mais, ese es­pa­zo, ao non ser un si­tio ha­bi­tual de ex­po­si­cións nin un­ha sa­la de ar­te nin un mu­seo, o pú­bli­co po­de­ría ser moi di­ver­so. Ex­por na CEO per­mi­te che­gar a un pú­bli­co moi di­ver­so. Non é o pú­bli­co nor­mal que acu­de a un­ha sa­la de ex­po­si­cións, e iso re­sul­ta moi atrac­ti­vo, por­que vai­nos fa­cer­nos che­gar a un­ha xen­te que ao ir alí se vai ato­par coa ex­po­si­ción. Non é que vai a pé fei­to ve­la...

—Igual hai quen vai adre­de... —Si, cla­ro. Pe­ro as ac­ti­vi­da­des dia­rias do cen­tro son múl­ti­ples, con­fe­ren­cias, cur­sos... E crea un gran es­pa­zo de xen­te que po­de coin­ci­dir que al­gún se­xa afec­cio­na­do ao ar­te, pe­ro en prin­ci­pio di­ga­mos que te acer­cas a un pú­bli­co que non é o ha­bi­tual. —¿Es­tá tra­ba­llan­do en al­go ago­ra? —Sem­pre se es­tán fa­cen­do cou­sas. Te­ño un pou­co pa­ra­do ese gran pro­xec­to que aín­da non saíu, pe­ro si­go tra­ba­llan­do. Ago­ra mes­mo a que es­tá en pro­xec­to es­tán sen re­ma­tar... Fa­lei del e non se fi­xo, re­sul­ta ca­se ridículo... Sen ter a obra fei­ta, po­de pa­sar como o que acon­te­ceu o ano pa­sa­do, que non a din re­ma­ta­do. De fei­to ti­ven que re­nun­ciar a un es­pa­zo que ti­ña so­li­ci­ta­do, e é moi tris­te... É a pri­mei­ra vez que me pa­sa, por asun­tos per­soais, e non din re­ma­ta­do. Ago­ra que­ro ser máis cau­to.

SANTI M. AMIL

Mo­rei­ras ex­pón na se­de da CEO en Ou­ren­se.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.