Xen socialista ou­ren­sán

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Xo­sé M. Rodríguez

Os tem­pos pasan e hai si­tua­cións, esen­cias e ac­ti­tu­des que non cam­bian. Nin nos vin­te anos do fa­mo­so tan­go nin en moi­tas máis dé­ca­das. Hai días apa­re­cía un­ha re­se­ña na he­me­ro­te­ca des­te xor­nal que da­ba con­ta das lior­tas nas que an­da­ban me­ti­dos os so­cia­lis­tas. Da­que­la, es­ta­ba­mos en 1996, ha­bía os crí­ti­cos que que­rían pro­mo­ver a re­no­va­ción e dar­lle un me­re­ci­do des­can­so aos que le­va­ban tem­po so­bra­do quen­tan­do es­cano en Ma­drid. E ta­mén na­que­la al­tu­ra os da ci­da­de ti­ñan un­has pro­pos­tas e os do res­to da pro­vin­cia an­da­ban na pro­cu­ra de alian­zas pa­ra neu­tra­li­zar aos da ca­pi­tal, que mes­mo es­ta­ban en­fron­ta­dos en­tre eles e mi­ra­ban de po­ñer­se paos nas ro­das pa­ra ver de car­gar­se ao con­tra­rio. A his­to­ria é abon­do co­ñe­ci­da: di­so­lu­ción de agru­pa­cións pa­ra for­zar un no­vo tem­po e em­pe­zar de ce­ro.

Hai na­da, tal que nas úl­ti­mas elec­cións, os so­cia­lis­tas vol­ta­ron ao es­ce­na­rio que máis lles gus­ta, que non é ou­tro que o de dar­lle ca­se tan­tos paos aos seus como ao inimi­go —can­do non moi­tos máis— pa­ra dei­xar en evi­den­cia aos com­pa­ñei­ros que os des­pra­za­ron, ou cos que non con­cor­dan, e así for­zar un tem­po no­vo que lles dea as opor­tu­ni­da­des que ago­ra non te­ñen. E máis alá de pa­chis­tas, pa­quis­tas e ter­cei­ras vías o cer­to é que o PSOE pa­sou de go­ber­nar a con­ver­tir­se na ter­cei­ra for­za no concello de Ou­ren­se e nas xe­rais per­deu un im­por­tan­te nú­me­ro de apoios. O no­vo ca­pí­tu­lo des­te cuar­to mi­le­nio so­cia­lis­tas é o da es­pio­na­xe en­tre com­pa­ñei­ros. A esen­cia socialista ou­ren­sá non ten re­me­dio: non pre­ci­san in­mi­gos, xa se ma­tan en­tre eles.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.