Ma­la Z

La Voz de Galicia (Ourense) - - El Tiempo - Car­los Ca­nei­ro

ai ex­pre­sións que en si mes­mas son pu­ña­la­das. Que esas ex­pre­sións se­xan pro­nun­cia­das por un car­go pú­bli­co, por ri­ba, fai­nas aín­da máis re­pul­si­vas e tris­tes. Que o con­ce­llei­ro de Mo­ra­ña que on­te di­mi­tiu es­pe­ra­se cin­co días pa­ra fa­ce­lo, pa­re­ce ofen­si­vo. Que o tal con­ce­llei­ro se en­car­ga­se dos asun­tos de Igual­da­de no seu concello, se o an­te­rior non abon­da­se, se­me­lla pa­ra­dó­xi­co e la­ce­ran­te. Ma­la Z (non que­ro, por cor­te­sía cos lectores, es­cri­bir com­ple­to o omi­no­so sin­tag­ma). Ma­la Z, es­cri­biu o edil do PP no seu Fa­ce­book di­ri­xín­do­se á socialista Carmela Sil­va. On­te di­mi­tiu pe­din­do des­cul­pas. Ve­la­quí a fra­se que re­co­llía a web de La Voz de Ga­li­cia: «Que­ro acom­pa­ñar as mi­ñas des­cul­pas cun xes­to que evi­den­cia o meu arre­pen­ti­men­to po­lo erro co­me­ti­do. Por iso, no día de ho­xe pre­sen­tei a mi­ña re­nun­cia vo­lun­ta­ria como con­ce­llei­ro do PP en Mo­ra­ña». Re­nun­cia vo­lun­ta­ria, afir­ma. Pe­ro a súa fra­se aga­cha dar­dos fe­ro­ces, tan brus­cos que un pre­gun­ta có­mo é po­si­ble que a re­pre­sen­ta­ti­vi­da­de de­mo­crá­ti­ca aco­lla, ta­mén, a in­di­vi­duos como es­te. Ma­la Z. Ata on­de che­gou o ser hu­mano, ve­ño pre­gun­tan­do es­tas úl­ti­mas se­ma­nas no re­can­to des­ta contraportada sen­ti­men­tal. Por­que de­trás de ma­la Z agá­cha­se ta­mén o ran­cor, vio­len­cia, a pro­fa­na­ción da pel de to­das as mu­lle­res que ti­ve­ron que ler ou es­coi­tar tal ex­pre­sión nos no­ti­cia­rios, a bar­ba­rie e a fu­ria, o des­pre­zo por un igual, o as­co, in­qui­na e to­das as pa­la­bras ás­pe­ras que en­su­cien es­ta co­lum­na. De­tes­to pu­bli­ca­men­te, e ben al­to, a cruel­da­de ma­chis­ta. Le­van­to a ni­ña voz con­tra a de­gra­da­ción do no­me de cal­que­ra mu­ller nai ne­na mo­za da­ma. Dis­pa­ro con pa­la­bras ás vo­ces de sa­ña e coac­ción e aco­so e de­rri­bo. E gri­to li­ber­da­de e ten­ru­ra. Un­ha vez máis. Un­ha vez máis.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.