As dúas al­mas de Po­de­mos, re­fle­xo de Ga­li­cia

Carmen Santos Quei­ru­ga

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Nas úl­ti­mas se­ma­nas, en Po­de­mos estamos in­mer­sos nun de­ba­te in­terno so­bre o ca­mi­ño a se­guir de ca­ra á crea­ción dun­ha al­ter­na­ti­va de cam­bio en Ga­li­cia. Es­te cho­que na cons­tru­ción do par­ti­do xor­de de non ter de­ba­ti­do a no­sa na­tu­re­za con an­te­rio­ri­da­de, pe­ro creo que é moi en­ri­que­ce­dor por­que re­flic­te a dua­li­da­de da no­sa te­rra. Hai un­ha Ga­li­cia que co­nec­ta co ga­le­guis­mo dun xei­to na­tu­ral, prin­ci­pal­men­te a me­nos ur­ba­na —al­go que sou­bo apro­vei­tar ben esa fac­ción do PP de­no­mi­na­da «os da boi­na», en con­tra­po­si­ción á co­rren­te es­pa­ño­lis­ta que re­pre­sen­ta Fei­joo: «os do bi­rre­te»—. E lo­go es­tá a Ga­li­cia das ci­da­des, que qui­zais non co­nec­ta tan­to con es­te sen­ti­men­to cul­tu­ral e iden­ti­ta­rio arrai­ga­do nas pa­rro­quias, o lu­gar de on­de eu pro­ce­do.

É ob­vio que Pa­blo Igle­sias ob­ser­vou no 2012 es­ta dua­li­da­de e com­pren­deu, tra­ba­llan­do ao pé de Xo­sé Ma­nuel Bei­ras, que os ga­le­gos te­mos o co­ra­zón di­vi­di­do en­tre vo­tar un­ha op­ción es­ta­tal, sen­si­ble á no­sa idio­sin­cra­sia e aos no­sos pro­ble­mas, e vo­tar op­cións pu­ra­men­te na­cio­na­lis­tas. Pe­ro eses dous sen­ti­men­tos non te­ñen por qué es­tar con­fron­ta­dos. Si, hai un­ha par­te de nós que se sen­te moi­to máis ga­le­ga que es­pa­ño­la, pe­ro non re­xei­ta­mos Es­pa­ña; que­re­mos per­ten­cer a ela, sem­pre e can­do iso non sig­ni­fi­que que o Go­berno de Ma­drid nos ig­no­re ou in­fra­va­lo­re, como vén acon­te­cen­do sem­pre.

Eu apos­to po­la fór­mu­la En Ma­rea, re­fe­ren­da­da por 400.000 ga­le­gos nas elec­cións xe­rais, por­que amo­sa as dúas al­mas e as dúas sen­si­bi­li­da­des que re­si­den en min e no po­bo ga­le­go, e que Pa­blo e Bei­ras fo­ron quen de ver hai tem­po. Eles fi­xe­ron un­ha apos­ta po­lí­ti­ca con xe­ne­ro­si­da­de. E ese é o ca­mi­ño a se­guir. Equi­vó­ca­se quen pen­sa que is­to vai só de su­mar vo­tos. Pó­ñen­se­me os pe­los de pun­ta can­do oio fa­lar de «so­bre­rre­pre­sen­ta­cións» e de quen ten máis pe­so, se­xa quen se­xa.

O que nos trou­xo aquí fo­ron ou­tras cou­sas. E do que se ten que preo­cu­par ca­da par­ti­do é de apor­tar a xen­te máis vá­li­da, ho­nes­ta, pro­fe­sio­nal e pre­pa­ra­da á no­va can­di­da­tu­ra, abrín­do­se de ver­da­de á so­cie­da­de ci­vil. A xen­te re­cla­ma sen­tir­se iden­ti­fi­ca­da cos no­vos po­lí­ti­cos e sen­tir que so­mos co­ma eles, o fin da corrupción es­tru­tu­ral nas ins­ti­tu­cións e ver so­lu­cións reais aos seus pro­ble­mas. Re­cla­man vi­vir dig­na­men­te. Así de sim­ple. Así que a reflexión que de­be­mos fa­cer ca­da un­ha das per­soas im­pli­ca­das nes­ta no­va an­dai­na de ca­ra ás elec­cións galegas é se o que nos mo­ve é fa­cer carreira po­lí­ti­ca, de­fen­der co­tas pa­ra os no­sos ou trans­for­mar a no­sa te­rra pa­ra aque­les que so­ña­mos un­ha no­va Ga­li­cia den­de hai dé­ca­das.

Eu te­ño cla­ra a mi­ña apos­ta. E con­fío en que os mé­to­dos de­mo­crá­ti­cos van pro­pi­ciar e ga­ran­tir que a Ma­rea Au­to­nó­mi­ca se­xa un pro­xec­to xus­to e que todos sin­ta­mos como pro­pio, den­de Vi­go á Co­ru­ña, pa­san­do por ca­da al­dea.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.