O xer­mo­lo das Ir­man­da­des da Fa­la que plan­tou Vi­llar Pon­te cum­pre un sécu­lo

Do ar­ti­go «El ci­mien­to de la afir­ma­ción ga­lle­ga» na­ceu a or­ga­ni­za­ción ga­le­guis­ta

La Voz de Galicia (Ourense) - - Cultura - RO­DRI GAR­CÍA

«A cer­na dun mo­ve­men­to so­cial de reivin­di­ca­ción da lin­gua e da iden­ti­da­de na­cio­nal ga­le­ga que mos­trou un­ha no­va for­ma de con­ci­bir o país, en tan­to co­lo­cou por vez pri­mei­ra a Ga­li­cia como cen­tro de de­ci­sión e como su­xei­to do seu de­vir so­cial, cul­tu­ral e po­lí­ti­co». Así son cua­li­fi­ca­das as Ir­man­da­des da Fa­la no acor­do da Depu­tación Pro­vin­cial da Co­ru­ña, to­ma­do hai uns días, pa­ra de­cla­rar o 2016 como Ano das Ir­man­da­des da Fa­la. O xer­mo­lo do que na­ceu es­ta or­ga­ni­za­ción plan­touno hai un sécu­lo, tal día como ho­xe, An­tón Vi­llar Pon­te (Vi­vei­ro, 1881-A Co­ru­ña, 1936), cun ar­ti­go pu­bli­ca­do nes­te xor­nal. Cu­rio­sa­men­te, o tex­to es­ta­ba es­cri­to en cas­te­lán, le­va­ba por tí­tu­lo El ci­mien­to de la afir­ma­ción ga­lle­ga e un le­ma, o que ho­xe se cha­ma­ría cli­ché, moi xor­na­lís­ti­co: Con le­tra del sie­te.

Dos pro­nun­cia­men­tos á rúa

O tex­to de Vi­llar Pon­te deu lu­gar a un­ha se­rie de pro­nun­cia­men­tos, apoios e pu­bli­ca­cións que se con­cre­ta­rían o 18 de maio de 1916 na xun­tan­za con­vo­ca­da po­lo pro­pio es­cri­tor no nú­me­ro 38 da rúa Real da Co­ru­ña. Alí es­ti­ve­ron pre­to de vin­te per­soei­ros, des­de o ou­tro Vi­llar Pon­te, Ra­món, ata Uxío Ca­rré Al­dao, Ma­nuel Lu­grís Frei­re, Flo­ren­cio Vaa­mon­de Lo­res, Luís Porteiro Garea ou Francisco Tet­ta­mancy. A de­ci­sión prin­ci­pal foi a crea­ción da Ir­man­da­de dos Ami­gos da Fa­la pa­ra a de­fen­sa, exal­ta­ción e fo­men­to da lin­gua de Ga­li­cia. E, lo­xi­ca­men­te, ou­tro acor­do to­ma­do foi no­mear Pri- mei­ro Con­se­llei­ro da no­va en­ti­da­de a An­tón Vi­llar Pon­te.

Un sécu­lo des­pois des­tes fei­tos, o Concello da Co­ru­ña, que es­tá mu­dan­do o no­me de va­rias rúas da ci­da­de, dan­do cum­pri­men­to á lei da me­mo­ria his­tó­ri­ca, vai dar­lle a un­ha de­sas rúas o no­me de An­tón Vi­llar Pon­te. Ade­mais, o al­cal­de, Xu­lio Fe­rrei­ro, com­pro­me­teu­se na súa pri­mei­ra vi­si­ta ins­ti­tu­cio­nal á Real Aca­de­mia Ga­le­ga a apoiar os ac­tos que a mes­ma que­re le­var a ca­bo ao lon­go des­te ano, tal e como lle pe­diu o pro­pio pre­si­den­te da RAG, Xesús Alon­so Mon­te­ro.

Pre­ci­sa­men­te, na Aca­de­mia Ga­le­ga es­tá boa par­te da bi­blio­te­ca de An­tón Vi­llar Pon­te, des­pois dun­ha ce­sión que ti­vo lu­gar hai tres lus­tros. Foi en­tón, pre­to do 17 de maio, can­do os des­cen­den­tes doa­ron 200 li­bros da co­lec­ción pri­va­da do es­cri­tor e pe­rio­dis­ta, moi­tos de­les con de­di­ca­to­rias ma­nus­cri­tas dos seus au­to­res.

Un al­ma­na­que di­xi­tal

En­tre as ini­cia­ti­vas pa­ra ce­le­brar es­te cen­te­na­rio das Ir­man­da­des da Fa­la es­tá a da agru­pa­ción Ale­xan­dre Bó­ve­da e a AS-PG (Aso­cia­ción So­cio-Pe­da­gó­xi­ca Ga­le­ga): «Fi­xe­mos un des­pre­ga­ble, un­ha re­co­lla de tex­tos, e aca­ba­mos de fa­cer un al­ma­na­que di­xi­tal de efe­mé­ri­des no que le­va­mos pa­ra o día 5 o ar­ti­go que Vi­llar Pon­te es­cri­be na Voz», ex­pli­ca Ma­ría Xo­sé Bra­vo, un­ha das pro­mo­to­ras. Ese ca­len­da­rio (www.al­ma­na­que­da­sir­man­da­des.gal) vai po­lo mes de mar­zo, «pe­ro nuns días o com­ple­ta­re­mos até o 18 de maio; e re­co­lle anéc­do­tas, fei­tos e per­soas». Así, é po­si­ble ler como «o 7 de fe­brei­ro de 1876 ve a luz o pri­mei­ro nú­me­ro de O Tío Mar­cos da Por­te­la, edi­ta­do en Ou­ren­se por Valentín La­mas Car­va­jal», e ou­tros acon­te­ce­men­tos como a mor­te de Ma­nuel An­to­nio en Rian­xo ou o na­ce­men­to, na mes­ma vi­la, de Cas­te­lao.

De tó­do­los xei­tos, a ce­le­bra­ción de moi­tos dos ac­tos des­te cen­te­na­rio das Ir­man­da­des de Fa­la es­tá aín­da pen­den­te de con­cre­ción. On­te mes­mo o por­ta­voz do Par­ti­do Po­pu­lar no Concello de San­tia­go, Agus­tín Hernández, pro­po­ñía a ne­ce­si­da­de de con­tar en Com­pos­te­la con ac­tos que lem­bren es­te cen­te­na­rio, xa que foi un­ha das ci­da­des que ti­vo pro­ta­go­nis­mo no desen­vol­ve­men­to des­ta or­ga­ni­za­ción que na­cía nun ar­ti­go pu­bli­ca­do tal día como ho­xe nes­te xor­nal.

REAL ACA­DE­MIA GA­LE­GA

An­tón Vi­llar Pon­te, ideó­lo­go cla­ve na crea­ción en 1916 das Ir­man­da­des da Fa­la, te­rá un­ha rúa co seu no­me na ci­da­de da Co­ru­ña.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.