Hai que vol­ver po­lo bo­ni­to!

An­to­nio Dieter, pre­si­den­te da Aso­cia­ción O So­rri­so de Da­niel

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense -

O 23 de no­vem­bro de 1972 asi­nou­se na UNES­CO, a Con­ven­ción so­bre a pro­tec­ción do pa­tri­mo­nio mun­dial, cul­tu­ral e na­tu­ral. Alí po­de ler­se: Ca­da un dos Es­ta­dos Par­tes na pre­sen­te Con­ven­ción re­co­ñe­ce que a obri­ga de iden­ti­fi­car, pro­te­xer, con­ser­var, reha­bi­li­tar e trans­mi­tir ás xe­ra­cións fu­tu­ras o pa­tri­mo­nio cul­tu­ral e na­tu­ral si­tua­do no seu te­rri­to­rio, in­cúm­be­lle pri­mor­dial­men­te. Pro­cu­ra­rá ac­tuar con ese ob­xec­to po­lo seu pro­pio es­for­zo e ata o má­xi­mo dos re­cur­sos de que dis­po­ña.

Hou­bo que po­ñer por es­cri­to al­go que xa era de sen­ti­do co­mún. Quen po­de ter a ocu­rren­cia de ti­rar po­lo chan a her­dan­za que lle dei­xa­ron os seus? un irres­pon­sa­ble, un in­cons­cien­te, un to­lo... Con ese pa­tri­mo­nio dos no­sos de­van­cei­ros non po­de­mos fa­cer o que nos pe­te, non po­de­mos sen­tar na por­ta da ca­sa e ver có­mo se des­fai igual que man­tei­ga ao sol, fa­vo­re­cer coa in­di­fe­ren­cia a súa des­tru­ción. Te­mos un­ha obri­ga cos que es­tán por na­cer: cus­to­diar esa ri­ca her­dan­za ata que eles a poi­dan ad­mi­nis­trar.

Na cri­se bru­tal que vi­vi­mos – eco­nó­mi­ca e de­mo­grá­fi­ca-, hai que vi­rar os ollos pa­ra o pa­tri­mo­nio e ver nel un­ha fe­rra­men­ta po­de­ro­sa pa­ra xe­rar re­cur­sos. Así o fan as na­cións máis desen­vol­vi­das do mundo. Con in­te­li­xen­cia hai que ex­pe­ri­men­tar no­vas fór­mu­las e no­vos usos. Dar­lles vi­da a esas ve­llas pe­dras e eles de­vol­ve­rán o in­ves­ti­do.

Os tem­pos da xes­tión pa­tri­mo­nial que lle vi­ra as cos­tas á ve­ci­ñan­za es­tán es­go­ta­dos, o mo­de­lo ca­du­cou por es­té­ril. Os ho­mes e as mu­lle­res que vi­vi­mos aquí te­mos que sen­tir­nos pro­ta­go­nis­tas da súa re­cu­pe­ra­ción e da súa cus­to­dia. On­de se abren ás por­tas á ci­da­da­nía apa­re­ce o aga­ri­mo, a preo­cu­pa­ción po­la con­ser­va­ción e na­cen ini­cia­ti­vas pa­ra lle dar vi­si­bi­li­da­de a es­te pa­tri­mo­nio es­que­ci­do.

As rui­nas de San Paio de Abe­le­da en Cas­tro de Cal­de­las son vi­si­ta­bles den­de hai tres anos. As cha­ves te­nas ago­ra a aso­cia­ción do ro­má­ni­co O So­rri­so de Da­niel. Os vi­si­tan­tes din ao ver a igre­xa des­tei­ta­da: qué má­goa! Nós con­tes­ta­mos: non é un­ha má­goa, é un­ha ver­gon­za. Son cou­sas di­fe­ren­tes. As men­sa­xes dos vi­si­tan­tes re­co­lli­das nun li­bro que alí te­mos fan cho­rar ás pe­dras pe­ro aín­da non con­se­gui­ron abran­dar o co­ra­zón dos xes­to­res do pa­tri­mo­nio do país.

Hai pou­co nun­ha pa­rro­quia ás bei­ras do Mi­ño, un­ha ve­lli­ña ala­ba­ba o la­bor de O So­rri­so de Da­niel, a aso­cia­ción que pre­si­do, des­te xei­to: Fan vos­te­des moi ben, hai que vol­ver po­lo bo­ni­to!

Si. Hai que vol­ver po­lo bo­ni­to. Hai que de­fen­de­lo, pro­te­xe­lo, con­ser­va­lo. Hai que da­lo a co­ñe­cer e fa­ce­lo ac­ce­si­ble. Un pa­tri­mo­nio vi­vo, par­ti­ci­pa­do, com­par­ti­do é fu­tu­ro pa­ra Ga­li­cia. Le­va razón a se­ño­ra. Hai que vol­ver po­lo bo­ni­to!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.