O Ou­tono edi­ta «Re­na­cer», as imaxes de Eva Díez do Pre­mio Ga­li­cia de Fo­to­gra­fía

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - XO­SÉ MA­NOEL RODRÍGUEZ

O Ou­tono Fo­to­grá­fi­co creou hai uns anos o Pre­mio Ga­li­cia de Fo­to­gra­fía Con­tem­po­rá­nea. Un­ha con­vo­ca­to­ria que es­tá ava­la­da po­la Con­se­lle­ría de Cul­tu­ra e a Depu­tación de Lu­go. O xu­ra­do da ter­cei­ra edi­ción do pre­mio acor­dou con­ce­der­llo a Eva Díez po­lo seu pro­xec­to «Re­na­cer», un con­xun­to de imaxes nas que a ar­tis­ta es­co­lleu como pro­ta­go­nis­tas ve­llas ca­sas e edi­fi­cios aban­doa­dos ou en ruí­nas, aos que lle diu un­ha no­va di­men­sión e pers­pec­ti­va ilu­mi­nan­do o seu in­te­rior.

O Pre­mio Ga­li­cia de Fo­to­gra­fía Con­tem­po­rá­nea con­tem­pla a mon­ta­xe dun­ha ex­po­si­ción, a iti­ne­ran­cia da mes­ma du­ran­te dous anos e a edi­ción dun­ha pu­bli­ca­ción co pro­xec­to premiado. A mos­tra xa se viu en Lu­go e pa­sou po­lo fes­ti­val da ima­xe de For­ta­le­za (Bra­sil) e o li­bro foi pre­sen­ta­do on­te na ga­le­ría ou­ren­sá Photo Art.

Na súa par­ti­ci­pa­ción no ac­to, a fo­tó­gra­fa sa­lien­tou a opor­tu­ni­dad que ofre­ce o pre­mio pa­ra dar a co­ñe­cer e pro­mo­ci­nar a obra dun crea­dor e in­ci­diu no fei­to de que a pu­bli­ca­ción con­tri­búe a dar­lle un­ha maior po­ten­cia­li­da­de e pre­sen­za no tem­po ao tra­ba­llo. In­di­cou que as imaxes do pro­xec­to fo­ron rea­li­za­das en to­do o Es­ta­do, e den­tro del en Ga­li­cia de for­ma maio­ri­ta­ria, e no nor­te de Ita­lia. Pa­ra o se­cre­ta­rio xe­ral de Cul­tu­ra, An­xo Lo­ren­zo, «ás ca­sas en ruí­nas que cen­tran es­te pro­xec­to, Eva Díez con­se­gue de­vol­ver­lles a vi­da que nou­tro­ra ti­ve­ron a tra­vés da luz», de­fi­nin­do como «poe­sía vi­sual» o tra­ba­llo da fo­tó­gra­fa.

Xo­sé Lois Vázquez si­na­lou que a pu­bli­ca­ción se edi­tou en ho­ri­zon­tal pa­ra que as imaxes e os tex­tos ti­ve­sen un­ha co­rre­la­ción coas fo­to­gra­fías e o na­tu­re­za ar­qui­tec­tó­ni­ca das mes­mas. O li­bro in­clúe dúas imaxes que non fi­gu­ran na ex­po­si­ción.

Xo­sé Lois Vázquez, An­xo Lo­ren­zo, Eva Díez e Vítor Nie­ves.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.