Prin­ci­pios e pa­sos

Rosa Quin­ta­na

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Con­se­llei­ra do Mar

Foi a prin­ci­pios dos anos no­ven­ta can­do Ga­li­cia le­van­tou a man e pe­diu pa­so pa­ra o ma­ris­queo. Centos de mu­lle­res maior­men­te, sal­pi­ca­das por to­do o li­to­ral, acu­dían ca­se a dia­rio a apa­ñar un bal­de de amei­xa ou ber­be­re­cho pa­ra a cal­dei­ra­da ou sa­car un chan­güí. Elas fo­ron as que de­ci­di­ron, con axu­da de quen as guia­mos da­que­la, dar un pa­so máis aló e con­ver­ter­se en ma­ris­ca­do­ras. Ta­mén fo­ron as que dei­xa­ron de bai­xar ás praias soa­men­te a re­co­ller pa­ra co­me­zar a se­men­tar. An­ga­zo en man, pa­sa­ron a ser la­bra­do­ras, lim­pa­do­ras, gar­diás e cul­ti­va­do­ras. Co­llé­ron­lle o pun­to ao mar e apren­de­ron a do­mi­na­lo. Da­que­la eran afec­cio­na­das, ho­xe po­den di­cir or­gu­llo­sas que son pro­fe­sio­nais, au­tó­no­mas e que se ale­gran de ter da­do ese —di­fí­cil— pa­so ca­ra adian­te.

Foi nos anos co­ren­ta can­do Ga­li­cia deu ou­tro —di­fí­cil— pa­so de xi­gan­te apos­tan­do po­lo cul­ti­vo do me­xi­llón nuns ar­te­fac­tos de ma­dei­ra que da­que­la re­sul­ta­ban es­tra­ños, que re­ci­bi­ron du­rí­si­mas crí­ti­cas e que so­bre­vi­vi­ron a gran­des ma­ni­fes­ta­cións ca­da vez que eran ins­ta­la­dos nun­ha no­va ría. Esas ba­teas for­man par­te ho­xe dun dos no­sos sím­bo­los de iden­ti­da­de e un piar im­por­tan­tí­si­mo da no­sa economía que ago­ra xa nin­guén cues­tio­na se­nón que aplau­de e de­fen­de.

Nin­guén con­ci­bi­ría ho­xe Ga­li­cia sen ma­ris­ca­do­ras ou sen ba­teei­ros. Nin­guén. O Go­berno do que for­mo par­te, o pri­mei­ro. E di­go o pri­mei­ro por­que de­mos­tra­mos so­bra­da­men­te que foi es­te Go­berno quen máis apos­tou por eles e por re­co­ñe­cer a súa idio­sin­cra­sia, o seu sa­ber fa­cer e o seu tra­ba­llo sin­gu­lar á par que em­ble­má­ti­co. Foi o Go­berno do que for­mo par­te o que pu­xo os con­ta­do­res a ce­ro das ba­teas tan pron­to como se cons­ti­tuíu, con­se­guin­do un­ha pró­rro­ga de 30 anos ás con­ce­sións evi­tan­do que saí­ran a con­cur­so e alon­xan­do as pan­tas­mas das mul­ti­na­cio­nais que ago­ra ou­tros in­ten­tan re­su­ci­tar ba­seán­do­se en fal­si­da­des. Ta­mén foi es­te Go­berno o que lle ou­tor­gou ás fa­mi­lias dos par­quis­tas o tí­tu­lo ha­bi­li­tan­te de­fi­ni­ti­vo pa­ra po­der desen­vol­ver a súa ac­ti­vi­da­de con tran­qui­li­da­de. E o sec­tor é co­ñe­ce­dor. Como co­ñe­ce­dor é ta­mén de que foi es­te Go­berno quen re­for­mu­lou un­ha Lei de Pes­ca na que as con­fra­rías es­ta­ban abo­ca­das á des­apa­ri­ción pa­ra que, lon­xe di­so, saí­ran re­for­za­das. Intentar se­men­tar as ideas con­tra­rias non ten ou­tra de­fi­ni­ción que a do en­ga- no e quen o es­tá a fa­cer te­rá que res­pon­der al­gún día cal é a fin que per­se­gue pa­ra em­pre­gar es­tes me­dios.

Sen ou­tro ob­xec­ti­vo máis que o de pro­cu­rar dar ou­tro pa­so a fron­te ca­ra o desen­vol­ve­men­to do sec­tor e po­ñer a Ga­li­cia á ca­be­za de Eu­ro­pa en to­do o que ten que ver cos cul­ti­vos ma­ri­ños, Ga­li­cia vol­veu le­van­tar a man pa­ra pe­dir pa­so po­ñen­do ne­gro so­bre bran­co un tex­to que ho­xe por ho­xe non verá a luz ata que o sec­tor o en­ten­da, o com­pren­da e o com­par­ta. Os pa­sos im­por­tan­tes é con­ve­nien­te da­los, pe­ro é im­pres­cin­di­ble fa­ce­lo co­lli­dos da man e sen con­fron­ta­ción. Reite­ro a mi­ña pa­la­bra de que ese pa­so non se da­rá se non go­za do res­pal­do do sec­tor a quen o úni­co es­for­zo que lle pi­do é o de que es­coi­te.

«Man­tén a fi­de­li­da­de e a sin­ce­ri­da­de como pri­mei­ros prin­ci­pios» di­cía o pen­sa­dor chi­nés Con­fu­cio. Esa fi­de­li­da­de e sin­ce­ri­da­de son os prin­ci­pios que sem­pre de­fen­dín e que me per­mi­ti­rán o día de ma­ñá po­der mi­rar­lle aos ollos a todos e ca­da un dos ma­ri­ñei­ros, ba­teei­ros e ma­ris­ca­do­res. Só agar­do que quen ho­xe os in­ten­ta apear do tren no que no pa­sa­do lo­gra­mos su­bir­nos, te­ña o día de ma­ñá a dig­ni­da­de de mi­ra­los ta­mén pa­ra ex­pli­car­lles por que os en­ga­nou. Eu po­do di­cir que non te­rei que fa­ce­lo.

Los ju­bi­la­dos tam­bién co­la­bo­ran con ins­ti­tu­cio­nes cul­tu­ra­les, de­por­ti­vas o be­né­fi­cas, apor­tan­do sus co­no­ci­mien­tos y su va­lio­sa ex­pe­rien­cia.

Los ju­bi­la­dos to­da­vía es­tán dis­pues­tos a pres­tar el úl­ti­mo ser­vi­cio, el ser­vi­cio fi­nal a la so­cie­dad, al con­ver­tir­se en donantes de ór­ga­nos una vez fa­lle­ci­dos. El 32 % de nues­tros donantes te­nían más de 70 años, di­ce en La Voz el coor­di­na­dor de tras­plan­tes del CHUAC. En el año 2015, el 10 % de los tras­plan­tes rea­li­za­dos en Es­pa­ña se hi­cie­ron con ór­ga­nos de per­so­nas fa­lle­ci­das de más de 80 años de edad, se­gún se in­for­ma en el suplemento Ex­tra Voz.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.