«O bo de ‘Ur­xen­cia Ce­ro’ é que den­de o mi­nu­to un mé­te­te na vi­da real»

O ac­tor ou­ren­sán in­ter­pre­ta á per­so­na­xe de Brais na se­rie de Voz Au­dio­vi­sual que se emi­te os do­min­gos

La Voz de Galicia (Ourense) - - La Voz De Ourense - CÁN­DI­DA AN­DA­LUZ

O ter­cei­ro ca­pí­tu­lo da se­rie emí­te­se es­ta noi­te ás 22.30 ho­ras, na Te­le­vi­sión de Ga­li­cia

O equi­po de trans­plan­tes do Hospital Bal­mís en­tra­rá de no­vo es­te do­min­go na ca­sa de mi­les de ga­le­gos. Se­rá a tra­vés de Ur­xen­cia Ce­ro, se­rie de Voz Au­dio­vi­sual pa­ra a TVG, que na­rra a vi­da dun equi­po mé­di­co que de­vol­ve a vi­da ós re­cep­to­res de doa­zóns de ór­ga­nos. Trá­ta­se de pro­fe­sio­nais ins­pi­ra­dos nos mé­di­cos da Uni­da­de de Trans­plan­tes do Chuac. Un ou­ren­sán for­ma par­te des­ta fa­mi­lia, aín­da que non como mé­di­co, se­nón como a pa­re­lla dun­ha doen­te. Ru­bén Riós dá vi­da a Brais.

—Fá­le­nos da súa per­so­na­xe.

—O que me sor­pren­deu des­ta per­so­na­xe é que vai co­llen­do ma­du­rez. Aín­da que nun pri­mei­ro mo­men­to é de­tes­ta­ble. A súa per­so­na­li­da­de non é de al­guén que o pa­sou ben. Ten á súa mo­za no hospital a pun­to de en­trar pa­ra que lle doen un ril e ac­túa dun­ha ma­nei­ra que le­va ó es­pec­ta­dor a pen­sar ¿que lle pa­sa a es­te per­so­na­xe?

—¿Por que?

—Can­do pen­sa nos car­tos do pai. Can­do lle di o mé­di­co cla­ra­men­te que es­tá con esa per­soa por­que seu pai é em­pre­sa­rio e lle da tra­ba­llo. Real­men­te po­de ha­ber moi­ta xen­te que pen­se así, pe­ro es­ta per­so­na­xe fa­la di­so e cón­tao. Ade­mais de for­ma ex­pre­sa á per­soa que llo po­de di­cir á súa pa­re­lla, por­que es­tán flir­tean­do. É un­ha per­so­na­xe que tes que cons­truír den­de a ver­da­de e den­de a ex­pe­rien­cia pró­xi­ma. Vi­sua­li­za- lo en al­guén do teu en­torno que crees que lle pa­sa o mes­mo e que ac­tua­ría da mes­ma ma­nei­ra.

—En­tón, ¿co­ñe­ce a al­guén con ese per­fil?

—Si, si. Eu son un­ha per­soa moi ob­ser­va­do­ra, e aín­da que nin­guén mo di­xo, si que po­do in­tuí­lo. Non se tra­ta dun ami­go, por­que un­ha per­soa que di iso non po­de­ría se­lo, non apor­ta­ría na­da á mi­ña vi­da.

—¿Ha­be­rá un­ha evo­lu­ción da per­so­na­xe?

—Si, por­que che­ga­rá ó lí­mi­te. Iso preo­cu­pá­ba­me na in­ter­pre­ta­ción, por­que pa­ra un ac­tor fa­cer a un­ha per­soa que che­ga ó lí­mi­te é com­pli­ca­do, por­que hai que evi­tar que non se­xa cri­ble.

—¿Como cua­li­fi­ca­ría «Ur­xen­cia ce­ro»?

—É un­ha se­rie moi com­pro­me­ti­da. E, den­de a mi­ña hu­mil­de opi­nión, arris­ca­da. E iso fa­la moi­to de quen a le­vou a ca­bo, de to­do equi­po de Voz Au­dio­vi­sual. Ho­xe en día todos so­mos cons­cien­tes de que dun día pa­ra ou­tro dan­che un­ha no­ti­cia e que­das tre­men­do. Eu mes­mo te­ño un ami­go que hai tres se­ma­nas recibiu un­ha de­sas no­vas... É bru­tal. O bo de Ur­xen­cia Ce­ro é que den­de o mi­nu­to un mé­te­te na vi­da real. En­tre a reali­da­de e a fic­ción hai un­ha dis­tan­cia mí­ni­ma. Iso vai ser un­ha das cou­sas que axu­de á se­rie. Tan­to no guión como na rea­li­za­ción ou na tra­ma non hai na­da de men­ti­ra. A fic­ción en ga­le­go vi­ven un moi bo mo­men­to. E Ur­xen­cia ce­ro é un exem­plo. Den­de o pri­mei­ro mo­men­to mé­te­te e cres to­do o que ves.

—Le­va xa 12 anos na te­le­vi­sión. Sem­pre tra­ba­llan­do. Pre­sen­te en ca­se to­das as se­ries en ga­le­go.

— Ma­ta­lo­bos, Li­bro de Fa­mi­lia, Pra­tos Com­bi­na­dos, Pi­ra­tas... Moi­ta xen­te pre­gún­ta­me por que os pro­xec­tos nos que es­tou fun­cio­nan a ni­vel au­dien­cia. Á par­te de tra­ba­llar e de es­for­zar­se, hai que ter un fac­tor sor­te. Es­tou con­ten­to por­que sem­pre me acom­pa­ñou. Creo que as per­soas que tra­ba­llan de­trás da cá­ma­ra non ter­mi­nan o seu tra­ba­llo can­do che­gan á ca­sa. O es­pec­ta­dor ga­le­go bus­ca un­ha pro­xi­mi­da­de da xen­te que ve na te­le.

—¿Como es­tá sen­do a aco­lli­da da se­rie?

—Nes­tes días, des­pois da se­rie, ves como reac­cio­na a xen­te na rúa e como te fa­la. E pa­ré­ce­me es­pec­ta­cu­lar. O ou­tro día un­ha per­soa dá­ba­me as gra­zas por­que ti­ña un ril trans­plan­ta­do. E di­cía ‘¿sa­bes o que sig­ni­fi­ca es­ta se­rie?’ Ás ve­ces non sa­be­mos a la­bor que es­tá fa­cen­do Ur­xen­cia ce­ro a ni­vel da con­cien­cia­ción da xen­te, da im­por­tan­cia que ten doar un ór­gano.

CEDIDA

Ru­bén Riós in­ter­pre­ta na se­ria á pa­re­lla dun­ha mo­za in­gre­sa­da á es­pe­ra dun­ha doa­zón.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.