A ne­ce­si­da­de do na­cio­na­lis­mo

Car­me Adán

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Depu­tada do BNG

OBNG é un pro­xec­to fun­da­men­tal pa­ra es­te país. Fun­da­men­tal. Un­ha com­bi­na­ción de mo­ve­men­to so­cial e pro­xec­to po­lí­ti­co que creou va­rias xe­ra­cións de blo­quei­ros e blo­quei­ras con for­za sen fin pa­ra trans­for­mar es­ta te­rra. Des­de cal­que­ra al­dea até as rúas das ci­da­des sem­pre es­ta­ba aquel ou aque­la do Blo­que que de­fen­día as e os tra­ba­lla­do­res, que se preo­cu­pa­ba po­la xen­te, que que­ría un­ha Ga­li­za dis­tin­ta e li­bre.

Mais ese pro­xec­to co­lec­ti­vo xa non é o máis idó­neo pa­ra todos os re­tos que nos mar­ca o fu­tu­ro. Por iso, con dor de co­ra­zón, se ca­dra te­mos que asu­mir que sen mu­dar a no­sa al­ma de­ba­mos re­en­car­nar­nos nou­tro cor­po. Rein­ven­tar­se sem­pre le­va ris­co mais ta­mén opor­tu­ni­da­des. Man­te­mos un­ha mi­li­tan­cia exem­plar e com­pro­me­ti­da, un pro­xec­to pa­ra a no­sa na­ción, pe­ro per­de­mos o pa­so da so­cie­da­de. Is­to en ter­mos elec­to­rais é un­ha evi­den­cia se aten­de­mos á per­da dun 80 % dos vo- tos nos úl­ti­mos quin­ce anos.

An­te is­to, é res­pon­sa­bi­li­da­de de to­das e todos os que acre­di­ta­mos na ne­ce­si­da­de do pro­xec­to na­cio­na­lis­ta ex­por as no­sas ideas, de­ba­te­las des­de o fran­co con­ven­ce­men­to de que é o mo­men­to da in­ter­ven­ción po­lí­ti­ca cla­ra e de­ci­di­da. A for­za e o tra­ba­llo de mi­les de ho­mes e mu­lle­res du­ran­te va­rias dé­ca­das de­be­mos ve­lo como un le­ga­do cha­ma­do a re­na­cer pa­ra o aquí e ago­ra. Un aquí e ago­ra on­de boa par­te da mo­ci­da­de vi­ve en áreas ur­ba­nas, des­cri­da e desafecta da po­lí­ti­ca, atra­ve­sa­da po­las de­sigual­da­des e a per­da de ex­pec­ta­ti­vas vi­tais e la­bo­rais da xen­te no­va. Un aquí e ago­ra cheo de con­tra­di­cións en­tre o lo­cal e glo­bal que ma­qui­lla a pre­ca­rie­da­de cun­ha vi­da low cost.

Nes­te es­ce­na­rio un pro­xec­to ba­sea­do na no­sa reali­da­de é tan ne­ce­sa­rio como o era hai 100 anos coas Ir­man­da­des da Fa­la, na épo­ca de Cas­te­lao ou no 1982 coa fun­da­ción do BNG en Ria­zor. Po­rén, pa­ra po­der ope­rar na reali­da­de que nos to­ca vi­vir de­be­mos co­nec­tar as ideas e os prin­ci­pios coa so­cie­da­de que as­pi­ra­mos a mu­dar. Ho­xe o pro­xec­to na­cio­na­lis­ta do que for­mo par­te de­be aco­me­ter un pro­ce­so de pro­fun­da trans­for­ma­ción. Da igual que a pa­la­bra se­xa re­fun­da­ción ou re­se­teo, o que de­be­mos bus­car é mu­dar a or­ga­ni­za­ción pa­ra dar ca­bi­da ás no­vas xe­ra­cións, ás di­fe­ren­tes for­mas de fa­cer po­lí­ti­ca froi­to dun tem­po on­de a ve­lo­ci­da­de e o in­me­dia­to é un fac­tor que non po­de ser in­fra­va­lo­ra­do nas aná­li­ses e ac­tua­cións.

A po­lí­ti­ca de­be ser sem­pre in­cluín­te. Acu­mu­lar for­zas é a obri­ga de quen bus­ca a cons­tru­ción e a li­be­ra­ción na­cio­nal. O cal pa­sa por re­co­ller a pul­sión so­cial que ha­bi­ta na so­cie­da­de e acom­pa­ña­la des­de as ideas pro­pias, mais non a tan­ta dis­tan­cia que as ideas e os desexos das per­soas non se re­co­ñe­zan do afas­ta­das que es­tán. Moi­tas son as per­soas que que­ren a Ga­li­za, a no­sa cul­tu­ra e a no­sa lin­gua aín­da que non a fa­len por múl­ti­ples e va­ria­das cues­tións, moi­tas son as per­soas que desexan de­rro­tar as po­lí­ti­cas da de­rei

ta que nos con­du­ci­ron a es­ta si­tua­ción de per­da de em­pre­go, de re­cor­tes nos ser­vi­zos pú­bli­cos e re­tro­ce­sos nos de­rei­tos das mu­lle­res. Moi­tas son as per­soas que agar­dan ver no na­cio­na­lis­mo de no­vo un­ha for­za de cam­bio e trans­for­ma­ción pa­ra Ga­li­za.

Es­te é un mo­men­to im­por­tan­te pa­ra o na­cio­na­lis­mo ga­le­go, xo­gá­mo­nos moi­to nes­tes me­ses. A no­sa me­llor ache­ga se­ría acep­tar a plu­ra­li­da­de e o de­ba­te pa­ra re­cons­truír o pro­xec­to na­cio­na­lis­ta sen de­mo­ra nin­gun­ha. Que se­xan tem­pos de ar­ti­cu­lar es­pa­zos de en­ten­de­men­to non é in­com­pa­tí­bel cun na­cio­na­lis­mo que man­tén os prin­ci­pios que dan tí­tu­lo á no­sa XV Asem­blea, is­to é, au­to­de­ter­mi­na­ción, au­to­go­berno e au­to­or­ga­ni­za­ción. En ca­da épo­ca his­tó­ri­ca aque­las e aque­les que ana­li­za­ron con maior cla­ri­da­de a so­cie­da­de e as con­tra­di­cións que es­ta xe­ra­ba son os que me­llor pi­lo­ta­ron as ac­cións máis au­da­ces pa­ra con­quis­tar o fu­tu­ro. A for­ta­le­za dos vim­bios non re­si­de en mu­dar as raí­ces de si­tio, se­nón en mo­ver­se cos ventos que ár­bo­res moi­to máis for­tes son in­ca­pa­ces de sor­tear.

ILUS­TRA­CIÓN PI­LAR CA­NI­CO­BA

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.