«O pre­mio é pa­ra os que tra­ba­llan sen ter que mar­char da ca­sa»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Portada - A. B.

Oou­tro pre­mio pa­ra El des­co­no­ci­do foi o de son, pa­ra o equi­po for­ma­do por Na­cho Are­nas, Jai­me Fer­nán­dez e os vi­gue­ses Da­vid Ma­cha­do e Da­niel Fer­nán­dez.

—Vos­te­des tra­ba­llan en con­xun­to como un equi­po. ¿Que par­te lle co­rres­pon­de a Ga­li­cia des­te pre­mio Go­ya?

—So­mos un equi­po mix­to: se­vi­llano, ma­dri­le­ño e ga­le­go. É un pre­mio pa­ra todos. Pa­ra Ga­li­cia en par­te si, pe­ro xa par­tin­do de que a pe­lí­cu­la é ca­se to­da ga­le­ga, cun­ha pro­du­ción ga­le­ga, ro­da­da to­da na Co­ru­ña, cun di­rec­tor no­vel pe­ro que é un­ha gran pro­me­sa, con Em­ma [Lus­tres], que es­tá sem­pre de­fen­den­do o ci­ne en Ga­li­cia e fa­cen­do que se­xa po­si­ble fa­cer pe­lí­cu­las e a es­te ni­vel «na te­rra»... Pen­so que é un pre­mio pa­ra todos os que tra­ba­lla­mos nis­to sen ter que mar­char da ca­sa.

—¿Como foi o seu tra­ba­llo na pe­lí­cu­la?

—Foi bas­tan­te du­ro. Un­ha pe­li fei­ta en moi pou­qui­ño tem­po de ro­da­xe pa­ra a di­fi­cul­ta­de que ti­ña. Foi moi in­ten­sa pe­ro di­ver­ti­da. Eu go­zo moi­to ro­dan­do. Pon­me ro­dar. Foi un­ha ro­da­xe du­ra, pe­ro moi agra­de­ci­da.

—¿Sa­tis­fei­to co re­sul­ta­do?

—Moi­to. A par­te da que me en­car­go eu, que é o son en di­rec­to, foi un tra­ba­llo con moi­tas com­pli­ca­cións.

—¿Xa pen­sou on­de vai po­ñer o seu pre­mio?

—Non, non. Aín­da non. Aín­da que su­po­ño que o mon­ta­rei no es­tu­dio, por­que es­te pre­mio é de máis xen­te que os que estamos aquí, así que su­po­ño que nun lu­gar no que o poi­da com­par­tir cos de­mais.

—¿E ago­ra que pro­xec­tos ten?

—Ago­ra estamos con no­vos pro­xec­tos. En bre­ve es­trea­mos ou­tro fil­me, que fi­xe­mos a ni­vel na­cio­nal, que é To­ro, de Ki­ke Maí­llo, e que o pro­du­ce ou­tra pro­du­to­ra ta­mén ga­le­ga, Zir­coZi­ne, con Apa­ches e ou­tras pro­du­to­ras. É ou­tra pe­lí­cu­la que creo que pin­ta moi ben.

Da­vid Ma­cha­do

GO­YA AL ME­JOR SO­NI­DO

Da­vid Ma­cha­do

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.