A du­ra vi­da das mo­de­los

In­ma Ló­pez Sil­va

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Adria­na Li­ma, un­ha mo­de­lo que no 2015 fac­tu­rou oi­to mi­llóns de dó­la­res, con­tou que es­tá can­sa de tra­ba­llar. Foi un pron­to que lle deu, des­pois dun­ha se­sión fo­to­grá­fi­ca de dez ho­ras, un re­tra­so de tres nun voo No­va York-Mia­mi, un­ha dra­má­ti­ca nos­tal­xia das súas fi­llas, e un ca­ta­rro ho­rro­ro­so dos de dor de ca­be­za e mo­cos. Si, os an­xos de Vic­to­ria’s Se­cret te­ñen mo­cos. Só que os seus mo­cos va­len oi­to mi­llóns e os de vos­te­de non. As no­sas dez ho­ras de tra­ba­llo, os no­sos días de er­guer­nos e dei­tar­nos sen ver ás fi­llas, as ho­ras de des­pra­za­men­tos que nin­guén nos pa­ga, va­len un­ha can­ti­da­de po­la que te­mos que sen­tir­nos or­gu­llo­sas e con­for­mes aín­da que non abon­de pa­ra co­mer, se­gun­do vi­ñe­ron di­cir­nos o ou­tro día á luz do ba­lan­ce do pa­ro do mes de xa­nei­ro. Iso si, nun rau­to de em­pa­tía co­lec­ti­va, le­mos o mal que lle vai á po­bre Adria­na Li­ma, por se non dá gas­ta­do os mi­llóns de eu­ros, e por­que de­ci­di­mos que é tra­ba­llo e non tor­tu­ra a vi­da de die­tas e de­por­te á que se so­me­ten as mo­de­los; un­ha vi­da que ma­ta. E se non ma­ta, des­de lo­go que em­peo­ra a saú­de men­tal, cou­sa que, su­ma­da aos mo­cos, é te­rri­ble.

Fa­gan a pro­ba. Quéi­xen­se do tra­ba­llo, po­bres mor­tais con ca­ta­rros sen gla­mur. Di­gan que as ex­plo­tan. Di­gan que o tra­ba­llo non lles per­mi­te es­tar cos fi­llos. Di­gan que lles pa­gan un­ha mi­se­ria. Pro­ben. A ver canto tar­da en apa­re­cer un as­pi­ran­te a mi­nis­tro de Tra­ba­llo na me­sa do la­do que lle man­de pe­dir per­dón por ter choio, e lle ve­ña di­cir que é vos­te­de idio­ta por non ser Adria­na Li­ma pa­ra co­brar por non tra­ba­llar e que en­ri­ba a ad­mi­ren.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.