Pe­ri­gos nas es­tra­das

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

Ago­ra que o vehícu­lo in­te­li­xen­te xa é un­ha reali­da­de, e à vol­ta da es­qui­na via­xa­re­mos por es­tra­das fei­tas con plás­ti­co re­ci­cla­do, ato­pá­mo­nos con no­vos pe­ri­gos nas no­sas vías.

A cir­cu­la­ción po­las no­sas es­tra­das xa es­tá con­di­cio­na­da por moi­tos fac­to­res, al­gún de­les im­po­si­bles de so­lu­cio­nar, ta­les como os oro­grá­fi­cos e cli­ma­to­ló­xi­cos; ou­tros de di­fí­cil so­lu­ción, como po­den ser os de­ri­va­dos da irres­pon­sa­bi­li­da­de e con­du­ción te­me­ra­ria dal­gúns to­los ao vo­lan­te, ou os ani­mais cei­bos que ás ve­ces in­va­den o asfalto aco­sa­dos por un­ha du­cia de cans e me­dia de ca­za­do­res, no exer­ci­cio do no­bre de­por­te ci­ne­xé­ti­co.

Pois ben, des­pois de sor­tear todos es­tes pe­ri­gos, ato­pá­mo­nos, ca­da vez con máis fre­cuen­cia, cos xi­ne­tes do chán­dal. Si, re­fí­ro­me a eses afec­cio­na­dos á equi­ta­ción que soen saír en­tre lus­co e fus­co a pa­sear en ca­ba­lo sen a máis mí­ni­ma precaución po­la se­gu­ri­da­de e ex­po­ñen­do ao equino a si­tua­cións de ner­vio­sis­mo ao ver­se en­tre lu­ces, bu­ci­na­zos, chan es­va­ra­dío pa­ra as súas fe­rra­du­ras, et­cé­te­ra, e non di­ga­mos can­do che­gan a un cru­ce ou ro­ton­da e ve­mos os es­pec­tácu­los que ar­man. MA­NUEL PI­ÑÓN PÉ­REZ.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.