Fin de ci­clo

La Voz de Galicia (Ourense) - - Marítima - Da­niel Ro­das é diputado e por­ta­voz de Pes­ca po­lo gru­po do BNG.

Apa­ra­li­za­ción da Lei de Acui­cul­tu­ra re­pre­sen­ta o fin do ci­clo po­lí­ti­co da equi­pa de Rosa Quin­ta­na, dei­xan­do to­ca­do ao pre­si­den­te Fei­joo. Con es­te an­te­pro­xec­to, a con­se­llei­ra con­se­guiu unir a to­do o sec­tor e lo­grou o apoio de moi­tos dos seus al­cal­des e por­ta­vo­ces mu­ni­ci­pais esi­xin­do a súa re­ti­ra­da.

Pre­sen­tá­rono no Nadal cons­cien­tes de que era a úl­ti­ma opor­tu­ni­da­de pa­ra cum­prir o seu pro­gra­ma. Un pro­gra­ma neo­li­be­ral im­pos­to den­de Bru­xe­las, que uti­li­za os fon­dos europeos pa­ra me­di­das que acep­tou o Go­berno es­pa­ñol e que pasan po­lo aban­dono da ac­ti­vi­da­de e o des­pe­za­men­to da flo­ta, pe­ro apoio pa­ra a in­ter­na­cio­na­li­za­ción da trans­for­ma­ción sen vin­cu­la­ción ao país e pa­ra que al­gúns in­ves­ti­men­tos poi­dan apro­vei­tar os no­sos re­cur­sos.

Me­di­das que ti­ve­ron con­tes­ta­ción nas mo­bi­li­za­cións do cer­co, na acam­pa­da dos vo­lan­te­iros, na eti­que­ta­xe do me­xi­llón, na mor­tal­da­de do ber­be­re­cho... Mos­tran­do a fa­cia­na dun sec­tor que se­gue ne­gán­do­se a des­apa­re­cer e re­cla­ma un­ha po­lí­ti­ca de de­rei­tos de pes­ca xus­ta que per­mi­ta vi­vir con dig­ni­da­de. O com­ba­te máis dra­má­ti­co fo­ron os máis de tres me­ses de acam­pa­da do cer­co en San Cae­tano, ao que dei­xa­ron ao pai­ro adu­cin­do que o Go­berno es­ta­ba en fun­cións. Dúas se­ma­nas des­pois, ese Go­berno en de­fun­ción non ti­ña ru­bor en apro­bar a con­ce­sión a Ence-El­no­sa por 60 anos, evi­den­cian­do pa­ra quen go­ber­nan.

Ta­mén foi sig­ni­fi­ca­ti­va a re­no­va­ción dos pó­si­tos, que trou­xo ai­re fres­co e uns pa­tróns maio­res máis pró­xi­mos á xen­te. Un exem­plo té­mo­lo na fron­te co­mún crea­da po­los pa­tróns maio­res de Arou­sa na reivin­di­ca­ción de me­di­das con­tra a mor­tal­da­de do ber­be­re­cho, a con­ta­mi­na­ción ou o fur­ti­vis­mo. Re­no­va­ción im­por­tan­te, pe­ro in­su­fi­cien­te, xa que o PP lo­grou con­tro­lar as fe­de­ra­cións pro­vin­ciais e a pre­si­den­cia da ga­le­ga.

A pre­sen­ta­ción da Lei uneu a todos ao com­pren­der que é o ins­tru­men­to do PP pa­ra cam­biar o no­so mo­de­lo por ou­tro que pre­ten­de con­cen­trar nuns pou­cos o de­rei­to de pes­ca de Ga­li­za pe­ro ta­mén nun­has pou­cas em­pre­sas a ca­pa­ci­da­de produtiva dos re­cur­sos a tra­vés dun­ha acui­cul­tu­ra in­ten­si­va pen­sa­da no be­ne­fi­cio, non nas per­soas. Foi un tsu­na­mi on­de todos nos sen­ti­mos amea­za­dos e de xei­to uni­do re­cla­ma­mos a re­ti­ra­da do tex­to. O mo­ve­men­to foi tan po­ten­te que a con­se­llei­ra per­deu a con­di­ción de in­ter­lo­cu­to­ra, e pu­xo en va­lor as loi­tas do cer­co, da vo­lan­ta, e a in­de­pen­den­cia dos car­gos nas con­fra­rías. Ga­ñou­se un­ha ba­ta­lla pe­ro é im­pres­cin­di­ble ana­li­zar as de­bi­li­da­des a que nos ten con­du­ci­do es­te mo­de­lo po­pu­lar e o ex­pos­tos que quedamos, pois o mar non é di­fe­ren­te do lei­te, o pe­queno co­mer­cio ou os es­ta­lei­ros.

Des­ta vol­ta, a uni­da­de veu da man da Pla­ta­for­ma en De­fen­sa da Ría de Arou­sa (PDRA), evi­den­cian­do gra­ves ei­vas que com­pre su­pe­rar, como cons­truír un mo­de­lo que de res­pos­ta aos pro­ble­mas do sec­tor: pre­zos, re­la­cións coa in­dus­tria de trans­for­ma­ción, im­por­ta­cións, de­pen­den­cia das ca­deas ali­men­ta­rias, DOP, con­ta­mi­na­ción... É pre­ci­so mo­der­ni­zar os mo­de­los aso­cia­ti­vos na mi­ti­cul­tu­ra, na pes­ca ar­te­sa­nal e no ma­ris­queo e trans­for­ma­los en or­ga­ni­za­cións con ca­pa­ci­da­de pa­ra de­fen­der os de­rei­tos, pe­ro ta­mén pa­ra con­tro­lar a co­mer­cia­li­za­ción e a pro­mo­ción dos pro­du­tos, de­man­dan­do me­di­das pa­ra ter ca­pa­ci­da­de de pro­du­cir se­men­te pro­pia, au­men­tar os in­gre­sos dos ma­ris­ca­do­res, por en va­lor as no­sas mar­cas e blin­dar a pes­ca ar­te­sa­nal e a mi­ti­cul­tu­ra como mo­de­lo de fu­tu­ro, de re­par­to ho­ri­zon­tal e sus­ten­to das no­sas co­mu­ni­da­des cos­tei­ras.

Re­tos que hai que en­fron­tar coas no­sas mans, pois nun­ca vi­rá de fó­ra quen nos so­lu­cio­ne os no­sos pro­ble­mas.

Da­niel Ro­das

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.