A opo­si­ción des­in­for­ma, o Go­berno con­sen­súa

La Voz de Galicia (Ourense) - - Marítima - Jo­sé M. Balseiro

Éi­ni­ma­xi­na­ble que o equi­po li­de­ra­do por Rosa Quin­ta­na im­pul­se un­ha nor­ma que pre­xu­di­que aos pro­fe­sio­nais do mar. Dis­to dá con­ta a ex­pe­rien­cia acu­mu­la­da du­ran­te máis de se­te anos de xes­tión, cen­tra­da na de­fen­sa dos in­tere­ses da pes­ca e do ma­ris­queo ga­le­gos, du­ran­te os que nin­guén pui­do ato­par­se un­ha por­ta pe­cha­da á ho­ra de trans­mi­tir as súas in­que­dan­zas, ini­cia­ti­vas ou pe­ti­cións.

Ata tal pun­to é así, que ho­xe exis­te un com­pro­mi­so fir­me, pro­mo­vi­do des­de a Con­se­lle­ría do Mar e in­clu­so ra­ti­fi­ca­do po­lo pre­si­den­te da Xun­ta, en se­de par­la­men­ta­ria, con­fir­ma­do que o Go­berno non apro­ba­rá un­ha lei de acui­cul­tu­ra que non con­te co res­pal­do do sec­tor. Men­tres os pro­fe­sio­nais non ve­xan que a nor­ma na­ce pre­ci­sa­men­te pa­ra apoia­los, a lei non verá a luz. E, en cohe­ren­cia con es­te cri­te­rio, a con­se­llei­ra, en pri­mei­ra per­soa, es­tá im­pul­san­do no­vas vías de diá­lo­go, reunín­do­se coas con­fra­rías, cos ba­teei­ros, coas ma­ris­ca­do­ras, en todos os pun­tos da no­sa xeo­gra­fía e con todos os sec­to­res que te­ñan al­go que di­cir res­pec­to da fu­tu­ra nor­ma.

Hai quen, xo­gan­do ao des­pis­te, pa­re­ce es­que­cer que o an­te­pro­xec­to de lei, ho­xe re­ti­ra­do, por de­fi­ni­ción, xa era des­de o seu ini­cio un tex­to so­me­ti­do a mo­di­fi­ca­cións. So­me­ti­do ás su­xes­tións e ale­ga­cións que pui­de­ran efec­tuar­se du­ran­te o pro­ce­so de ex­po­si­ción pú­bli­ca. Pe­ro é que ho­xe, in­clu­so, di­xé­ron­nos moi cla­ra­men­te que non hai li­ñas ver­me­llas, nin blin­da­xes, que to­do o seu con­ti­do é sus­cep­ti­ble de cam­bio. Non ato­pa­rán ac­ción, nin afir­ma­ción, máis con­tun­den­te que es­ta, me­dian­te a que se con­fir­ma que a fi­na­li­da­de da Xun­ta sem­pre foi crear un­ha lei pa­ra o sec­tor.

E fron­te a un Go­berno que bus­ca o con­sen­so, te­mos un­ha opo­si­ción que des­in­for­ma e que ac­túa cun­ha hi­po­cre­sía po­lí­ti­ca sen pre­ce­den­tes. Os seus vo­cei­ros de­mos­tran que non co­ñe­cen o tex­to, fan in­ter­pre­ta­cións ma­li­cio­sas so­bre a fi­na­li­da­de da lei ou, in­clu­so, o que máis cha­ma­ti­vo, na súa ob­se­sión por cri­ti­ca­lo to­do, che­gan a de­fen­der un­ha cou­sa e a con­tra­ria: como fi­xo AGE pe­din­do pri­mei­ro e cri­ti­can­do des­pois os cul­ti­vos mul­ti­tró­fi­cos (que mes­tu­ran va­rias es­pe­cies).

Os pro­fe­sio­nais po­den te­lo cla­ro: nin­guén que­re pri­va­ti­zar o mar. Tam­pou- co ir con­tra dos me­xi­lloei­ros, que sem­pre con­ta­ron coa com­pli­ci­da­de e apoio da Xun­ta como can­do, por exem­plo, por lei con­se­gui­mos po­ñer os con­ta­do­res das súas con­ce­sións a ce­ro, coa opo­si­ción da­que­la das for­zas do ma­lo­gra­do bi­par­ti­to. Nin­guén ac­túa tam­pou­co con­tra o ma­ris­queo, fron­te ao que se bus­cou o xei­to de dar­lle ac­ce­so a no­vas axu­das eu­ro­peas. Eles sa­ben que des­de a opo­si­ción non é a pri­mei­ra vez que tra­tan de en­ga­na­los.

O Go­berno ac­tual es­coi­ta e, can­do é ne­ce­sa­rio rec­ti­fi­ca, a di­fe­ren­za de como fa­cía o bi­par­ti­to. Lem­bra­re­mos como so­cia­lis­tas e na­cio­na­lis­tas bo­ta­ron a an­dar, sen nin­gún ti­po de com­ple­xo, o que pro­ba­ble­men­te era o plan acuí­co­la máis con­tes­ta­do da no­sa his­to­ria, con 1.047 ale­ga­cións. Es­ta ac­ti­tu­de fron­te ás crí­ti­cas mu­dou: can­do ho­xe, os pro­fe­sio­nais da pes­ca e do ma­ris­queo ga­le­go, va­rios al­cal­des, pe­di­ron tem­po pa­ra bus­car un tex­to que con­ci­te maio­res acor­dos, a Xun­ta ac­tuou abrin­do no­vas vías de diá­lo­go. Hai a quen ago­ra es­te pro­ce­der tam­pou­co lle gus­ta. Son os que pi­den á Xun­ta que es­coi­te ao sec­tor e can­do así fai, te­ñen me­do a que poi­da­mos che­gar a un­ha no­va lei de con­sen­so e se que­den sen ar­gu­men­tos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.