Un mo­de­lo que le­vou a Ga­li­cia a re­fe­ren­te mun­dial

La Voz de Galicia (Ourense) - - Marítima - Xo­sé R. Val Alon­so é diputado e por­ta­voz de Pes­ca po­lo PS­deG PSOE.

Oan­te­pro­xec­to de lei de acui­cul­tu­ra de Ga­li­cia que den­de hai días o Go­berno Ga­le­go ten pa­ra­li­za­do que non re­ti­ra­do, como de­man­da o pro­pio sec­tor, aca­dou sen lu­gar a dú­bi­das un dos con­sen­sos máis am­plos que un­ha nor­ma po­de con­que­rir, aín­da que afor­tu­na­da­men­te des­ta vol­ta en con­tra do mes­mo.

O lon­go pro­ce­so de re­dac­ción sem­pre de cos­ta aos afec­ta­dos (ma­ris­ca­do­res, ba­teei­ros, xen­tes do mar...), cul­mi­nou nun tex­to cun pro­fun­do chei­ro a Par­ti­do Po­pu­lar. Xa no ano 2012 a con­se­llei­ra Rosa Quin­ta­na mar­ca­ba o rum­bo, can­do pro­lo­ga­ba a pu­bli­ca­ción Acui­cul­tu­ra Mul­ti­tró­fi­ca In­te­gra­da, a esen­cia da apos­ta de fu­tu­ro po­la sos­ti­bi­li­da­de, di­cin­do al­to e cla­ro pa­ra quen a qui­xo es­coi­tar que a AMTI se­ría o mo­de­lo do fu­tu­ro e a for­mu­la máis axei­ta­da pa­ra apro­vei­tar e op­ti­mi­zar o es­pa­zo. Xa que di­so mes­mo se tra­ta, da ocu­pa­ción do es­pa­zo pa­ra pro­du­cir, nes­te ca­so do do­mí­nio pú­bi­co ma­rí­ti­mo-te­rres­tre.

O tex­to des­te an­te­pro­xec­to o que pre­ten­de é cam­biar o mo­de­lo de raíz, un mo­de­lo in­efi­caz e pre­ca­rio que em­pre­ga moi­ta man de obra pe­ro pro­du­ce pou­ca ren­di­bi­li­da­de en pa­la­bras do di­rec­tor xe­ral de Pes­ca, Juan Ma­nei­ro, por ou­tro moi­to me­nos in­ten­si­vo en man de obra pe­ro con maio­res ni­veis de ren­da­bi­li­da­de, ollo pa­ra o pro­mo­tor da ini­cia­ti­va acuí­co­la non pa­ra a co­lec­ti­vi­da­de.

No PS­deG de­fen­de­mos o mo­de­lo ac­tual, cer­to é que se po­den me­llo­rar cou­sas, pe­ro es­te mo­de­lo ten le­va­do a Ga­li­cia a se con­ver­tir nun re­fe­ren­te a ni­vel mun­dial na pro­duc­cion de me­xi­llón, e a ter un­ha mar­ca de ca­li­da­de pro­pia nos pro­duc­tos da bai­xu­ra e do ma­ris­queo, e de­fen­de­mo­lo ta­mén por­que ten con­tri­bui­do ade­mais de xei­to de­ci­si­vo ao de­sen­ro­lo eco­nó­mi­co e so­cial das vi­las cos­tei­ras des­te país, cun­ha dis­tri­bu­ción da ri­que­za bas­tan­te ho­ri­zon­tal dan­do tra­ba­llo a mi­llei­ros de per­soas.

O mo­de­lo pro­pos­to po­lo Par­ti­do Po­pu­lar é sen dú­bi­da a an­tí­te­se, pre­ten­de a acu­mu­la­ción das zo­nas de pro­duc­ción en tan só uns pou­cos, dei­xan­do aber­to o ca­mi­ño pa­ra que cal­que­ra en­tre na loi­ta po­la ocu­pa­ción do es­pa­zo que dei­xa­rá de ser au­to­ri­za­ción e pa­sa­rá a ser con­ce­sión ad­mi­nis­tra­ti­va.

É cer­to que o tex­to mar­ca a prio­ri- da­de pa­ra ás agru­pa­cións e co­lec­ti­vos do sec­tor que den o pa­so e se con­vir­tan á ac­ti­via­de acuí­co­la ofre­cen­do co­ma un ca­ra­me­lo a po­si­bi­li­da­de de ac­ce­so ós fon­dos europeos pe­ro en­tran­do sin lu­gar a dú­bi­das na xun­gla da com­pe­ten­cia con gran­des em­pre­sas on­de os cri­te­rios de ren­da­bi­li­da­de, efi­cien­cia e ca­pa­ci­da­de eco­nó­mi­ca e téc­ni­ca se­rán as va­ria­bles que a ad­mi­nis­tra­ción vai a ter en con­ta pa­ra otor­gar ou sus­pen­der un­ha con­ce­sión so­bre de­ter­mi­na­do te­rreo.

A por­ta es­tá aber­ta, o in­cre­men­to de cus­tos que vai a su­po­ñer pa­ra os pro­duc­to­res de ba­se o pa­so á acui­cul­tu­ra con con­ce­sión ad­mi­nis­tra­ti­va (ta­sas, tri­bu­tos, ca­nons...) fa­rá que moi­tos de­les te­ñan que aban­do­nar a ac­ti­vi­da­de,e os que non den o pa­so se­rán afo­ga­dos por ou­tras vías como a im­po­si­bi­li­da­de de ac­ce­so a axu­das. Es­ta é a es­tra­te­xia do Par­ti­do Po­pu­lar, a por­ta que que­re dei­xar aber­ta pa­ra que nas no­sas rías e nas no­sas cos­tas po­da en­trar o gran ca­pi­tal acuí­co­la. Agar­de­mos que is­to nun­ca che­gue a pa­sar.

Xo­sé R. Val

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.