Non é acui­cul­tu­ra, é es­po­lio

La Voz de Galicia (Ourense) - - Marítima - Juan Fa­jar­do

Ades­tru­ción dos sec­to­res pri­ma­rios do no­so país for­ma par­te cen­tral do pro­gra­ma do Par­ti­do Po­pu­lar. Co lác­teo aban­do­na­do, a in­dus­tria en caí­da li­bre ou a pes­ca afe­rro­lla­da en­tre o neo­li­be­ra­lis­mo co­mu­ni­ta­rio e a inuti­li­da­de cóm­pli­ce da Xun­ta, o úl­ti­mo ob­xec­ti­vo do Go­berno ga­le­go é a acui­cul­tu­ra. Fei­joo pre­ten­de abrir a cos­ta á ex­plo­ta­ción sal­va­xe das mul­ti­na­cio­nais, sen lle im­por­tar que su­po­ña a ex­tin­ción do ma­ris­queo e a pes­ca tra­di­cio­nais e, po­lo tan­to, de to­do un mo­do de vi­da. O seu ins­tru­men­to, un­ha lei de acui­cul­tu­ra re­dac­ta­da á mar­xe do sec­tor e que a pro­tes­ta de afec­ta­das e afec­ta­dos con­se­guiu, po­lo mo­men­to, pa­ra­li­zar.

Non se po­de tra­tar igual aqui­lo que non o é. Non é ho­nes­to afir­mar, como fai a Xun­ta, que a ex­plo­ta­ción de es­pa­zos ma­rí­ti­mos se ou­tor­ga­rá en «igual­da­de de con­di­cións, pu­bli­ci­da­de e mé­ri­to». Por­que un­ha agru­pa­ción de ma­ris­ca­do­ras non po­de com­pe­tir en igual­da­de cun­ha mul­ti­na­cio­nal. A reali­da­de é que máis po­si­bi­li­da­des te­rá quen máis car­tos ofre­za. E o mes­mo acon­te­ce­rá co sis­te­ma de sub­has­ta, que o pro­pio Go­berno ga­le­go pro­pu­xo a Bru­xe­las in­cluír na nor­ma­ti­va eu­ro­pea. Fei­jóo que­re que Eu­ro­pa fa­ga o que el non se atreve a fa- cer di­rec­ta­men­te. Es­te no­vo mo­de­lo de ac­ce­so me­dian­te con­ce­sión ao es­pa­zo ma­rí­ti­mo su­pón, ade­mais, o pa­ga­men­to dun ca­non re­gu­la­do po­los me­tros ca­dra­dos de ex­plo­ta­ción. Quen po­de­rá fa­cer fron­te a se­me­llan­te gas­to, as ma­ris­ca­do­ras e ma­ris­ca­do­res que moi­tos me­ses ape­nas co­bren o cus­to do se­gu­ro ou as mul­ti­na­cio­nais re­ga­das po­los mi­llóns de eu­ros de Bru­xe­las?

A lei que Rosa Quin­ta­na que­re im­po­ñer re­du­ce os con­di­cio­nan­tes me­dio am­bien­tais. Eli­mi­na os in­for­mes de im­pac­to e per­mi­te a in­tro­du­ción de cal­que­ra es­pe­cie fo­rá­nea. De ler­mos a nor­ma á luz do bru­tal tra­ta­do de li­bre co­mer­cio TTIP, os trans­xé­ni­cos po­de­rán en­trar nas rías acom­pa­ña­dos dos seus con­ta­mi­nan­tes, desperdicios, an­ti­bió­ti­cos... O no­so mar con­ver­te­ra­se nun er­mo pa­ra as es­pe­cies tra­di­cio­nais. E es­tes trans­xé­ni­cos ta­mén po­den es­ca­par. Al­guén pa­rou a pen­sar o efec­to dun­ha fu­ga así no eco­sis­te­ma das rías galegas?

Os ris­cos au­men­tan aín­da máis por­que, se­gun­do re­co­lle o tex­to da nor­ma,

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.