«Pa­re­ceu­nos un­ha al­ter­na­ti­va di­fe­ren­te e ale­gre pa­ra a vo­da»

Jo­sé Luis Fer­nán­dez e Isa­bel So­to ca­sa­ron on­te dis­fra­za­dos

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - X. M. R.

O edi­fi­cio no­ble que pre­si­de a Pra­za Maior de Ou­ren­se exem­pla­ri­zou on­te as moi­tas reali­da­des que se xun­tan nun­ha ins­ti­tu­ción como é o Concello. Un es­pa­zo, a ad­mi­nis­tra­ción lo­cal, que mes­mo po­de pa­sar de ser no­ti­cia po­las dis­cre­pan­cias po­lí­ti­cas e os acor­dos ex­cep­cio­nais como re­ma­ta por ser, con es­ca­sa di­fe­ren­za de tem­po e con al­gún pro­ta­go­nis­ta co­mún, es­ce­na­rio dun­ha vo­da en pleno en­troi­do.

No sa­lón de ple­nos De­mo­cra­cia Ou­ren­sa­na e PSOE su­ma­ban as súas for­zas pa­ra re­pro­bar ao al­cal­de da ci­da­de, Je­sús Vázquez, nun pleno ma­dru­ga­dor. Ás dez re­ma­ta­ba o cal­va­rio dos po­pu­la­res, máis ben do re­xe­dor mu­ni­ci­pal que era o pro­ta­go­nis­ta in­vo­lun­ta­rio da con­vo­ca­to­ria.

E de re­pro­ba­do a mes­tre de ce­ri­mo­nias, xa que a Vázquez Abad lle co­rres­pon­deu a res­pon­sa­bi­li­da­de de ofi­ciar o en­la­ce ma­tri­mo­nial en­tre Jo­sé Luis Fer­nán­dez e Isa­bel So­to. On­de pou­co an­tes es­ta­ban os re­pre­sen­tan­tes po­lí­ti­cos dos ci­da­dáns ago­ra agar­da­ban in­vi­ta­dos a un­ha vo­da que ves­tían os seus me­llo­res dis­fra­ces. E o al­cal­de exer­ceu con to­da a au­to­ri­da­de que lle otor­ga o car­go como o res­pon­sa­ble de ma­te­ria­li­zar a von­ta­de dos noi­vos de con­traer ma­tri­mo­nio ci­vil na ca­sa con­sis­to­rial.

Isa­bel So­to amo­sá­ba­se sa­tis­fei­ta lo­go da ce­ri­mo­nia: «Que­ría­mos al­go que non fo­se o de sem­pre, nin que se tra­ta­se de al­go moi for­mal. O en­troi­do en­cai­xa­ba per­fec­ta­men­te no que que­ría­mos e pa­re­ceu­nos un­ha al­ter­na­ti­va di­fe­ren­te e ale­gre pa­ra un­ha vo­da», re­co­ñe­cía a noi­va. Non se fi­xa- ron nin­gún es­ce­na­rio con­cre­to: «Ca­da un po­día vir do que qui­xe­ra, de fei­to eu non vou de na­da en con­cre­to, co­llín un ves­ti­do de da­ma de épo­ca que me gus­ta­ba e xa es­tá». A de­ci­sión de Jo­sé Luis e Isa­bel foi moi ben aco­lli­da po­los ami­gos «e vi­ñe­ron den­de Ma­llor­ca, Cá­ce­res e ou­tros lu­ga­res». Ao re­ma­tar no Concello, e fa­cer as fo­tos de ri­gor, hou­bo fes­ta in­for­mal en Mon­te­rrei.

Os noi­vos, de­trás, xun­to a va­rios dos in­vi­ta­dos á ce­ri­mo­nia.

AN­TO­NIO COR­TÉS

Frei Ca­ne­do vol­vió a reivin­di­car­se como fi­gu­ra des­ta­ca­da de la fies­ta.

El des­fi­le de la co­mi­ti­va de A Pon­te pu­so fin al pro­gra­ma del en­troi­do del ba­rrio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.