REI DO EN­TROI­DO

«Xa me ti­ña pre­sen­ta­do ou­tros anos, pe­ro sen sor­te»

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - X. M. R.

Jo­sé Al­ber­to Fer­nán­dez Gon­zá­lez é un dos his­tó­ri­cos da com­par­sa de Os Arriei­ros, de Da­cón. Vai pa­ra trin­ta anos que sai­ron por vez pri­mei­ra, lo­go do ac­ci­den­te do bu­que pa­na­me­ño Ca­són nas cos­tas galegas, e si­guen sen­do un dos re­fe­ren­tes dos des­fi­les de en­troi­do na pro­vin­cia. Bo­tou un tem­po sen sair, lo­go da mor­te dun ami­go, e den­de hai uns anos co­rre o en­troi­do coa com­par­sa Cas­tro de San Ama­ro. O do­min­go re­sul­tou ele­xi­do o Rei da fes­ta no con­cur­so de Ou­ren­se.

—¿Con­ta­ba con con­se­guir o pre­mio?

—Non, por­que foi un­ha cou­sa de úl­ti­ma ho­ra. Nós fu­mos coa com­par­sa Chu­ches Ga­lác­ti­cas e sei­ca xa co­men­ta­ran que me ía pre­sen­tar, por­que xa o fi­xen ou­tros anos aín­da que non ti­ve­ra sor­te, pe­ro non sa­bía na­da. Da­que­la foi to­do moi rá­pi­do, con­ven­cé­ron­me de que ti­ña que ir. E ao fi­nal re­ma­tei de Rei do En­troi­do.

—¿Das ou­tras ve­ces non hou­bo sor­te?

—Aquí en Ou­ren­se nun­ca con­se­gui­ra o pre­mio. En Ce­la­no­va ga­ñei hai dous anos.

—¿Par­ti­ci­pan en más en­troi­dos?

—Os da com­par­sa de San Ama­ro co­me­za­mos na Fes­ta do Co- ci­do de La­lín e, a par­tir de aí, xa par­ti­ci­pa­mos en to­do o en­troi­do. Es­te ano non fo­mos por­que cam­bia­ron as ba­ses e as da­tas, e quedamos fó­ra, pe­ro sem­pre em­pe­za­mos por La­lín. E ho­xe —por on­te— ire­mos a Ma­si­de e ma­ñá es­ta­ba pre­vis­to que acu­dí­se­mos ao des­fi­le do Car­ba­lli­ño, aín­da que o aca­ban de sus­pen­der por­que sei­ca ma­ñá vai es­tar mal tem­po.

—¿Van a al­gún en­troi­do de fó­ra?

—Si. Acu­di­mos todos os anos a San­xen­xo. Imos no do­min­go de pi­ña­ta por­que fan un des­fi­le moi gran­de e sem­pre par­ti­ci­pa­mos. Nor­mal­men­te ese é o ca­len­da­rio: em­pe­za en La­lín e pe­cha­mos en San­xen­xo.

SANTI M. AMIL

O Rei do En­troi­do.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.