Apren­den­do a for­mar go­ber­nos de coa­li­ción

Lou­ren­zo Fer­nán­dez Prie­to

La Voz de Galicia (Ourense) - - Opinión -

En Es­pa­ña es­tán apren­den­do a fa­cer go­ber­nos de coa­li­ción. Pa­ra in­ten­ta­lo hai ca­tro par­ti­dos que non te­ñen maio­ría ga­ran­ti­da nin se­que­ra pac­tan­do en­tre dous, pois ne­ce­si­tan a abs­ten­ción ac­ti­va dun ter­cei­ro. Como non es­tán afeitos ao pac­to, a transac­ción e o acor­do, re­súl­ta­lles máis doa­do di­cir o que non que­ren —li­ñas ver­me­llas— que o que que­ren —pro­pos­tas de go­berno—. Ade­mais, nun es­ce­na­rio po­lí­ti­co tan vo­lá­til os par­ti­dos pe­le­xan po­la súa pro­pia su­per­vi­ven­cia: os dous gran­des e ve­llos par­ti­dos por non des­me­drar máis e os no­vos, por con­so­li­dar­se den­de un éxi­to aín­da frá­xil e ines­ta­ble. Mó­ven­se en­tre a fal­ta de há­bi­to, os seus es­tri­tos in­tere­ses par­ti­da­rios e a ne­ce­si­da­de de aten­der aos seus vo­tan­tes.

Aten­der aos seus elec­to­res non é un asun­to me­nor pa­ra os par­ti­dos en de­mo­cra­cia e me­nos den­de que a de­mos­co­pia cer­ti­fi­ca ca­da pou­co as no­sas pre­fe­ren­cias. Por iso sa­be­mos que o 61 % dos ci­da­dáns que­ren que se for­me un go­berno de coa­li­ción, asu­min­do a evi­den­cia do que eles mes­mos vo­ta­ron, e que só 33 % pre­fi­re que se re­pi­tan elec­cións. Postos a in­ter­pre­tar, di­ría­se que un­ha maio­ría de vo­tan­tes que­re que os par­ti­dos se po­ñan de acor­do en pun­tos ben de­fi­ni­dos. Aca­bar coa corrupción e lim­par a vi­da pú­bli­ca em­pe­zan­do po­la vía máis sin­xe­la de traer no­vas ca­ras e no­vos ai­res. Mu­dar a po­lí­ti­ca eco­nó­mi­ca pa­ra fa­vo­re­cer a crea­ción de em­pre­go den­de o pun­to de vis­ta de em­pre­ga­dos e em­pre­ga­do­res, da­do o fra­ca­so de fa­ce­lo do pun­to de vis­ta do ca­pi­tal es­pe­cu­la­ti­vo. Re­sol­ver as amea­zas que axe­xan ao sis­te­ma sa­ni­ta­rio e que os usua­rios e os pro­fe­sio­nais per­ci­ben dra­ma­ti­ca­men­te. Re­cu­pe­rar sen­ti­do co­mún —por usar ex­pre­sión tan que­ri­da de Ra­joy— na po­lí­ti­ca edu­ca­ti­va, uni­ver­si­ta­ria, cien­tí­fi­ca e cul­tu­ral. Acep­tar a reali­da­de plu­ri­na­cio­nal vol­ven­do a fa­lar en se­rio de po­lí­ti­ca en vez de cas­ti­gar­nos con me­siá­ni­cas tá­boas da lei.

Apren­den­do a fa­cer go­ber­nos de coa­li­ción, os par­ti­dos es­pa­ñois es­tán in­ven­tan­do a tra­di­ción das de­mo­cra­cias. Nun­ca se fi­xe­ron den­de 1977 e por iso é nor­mal que le­ve o seu tem­po. Fo­ron ha­bi­tuais en­tre 1868 e 1936, pe­ro o lon­go fran­quis­mo an­ti­de­mo­crá­ti­co en­cheu­se des­pois de de­mo­ni­zar o que cha­mou «com­po­nen­das da par­ti­to­cra­cia». Son ha­bi­tuais os go­ber­nos de coa­li­ción na Eu­ro­pa de­mo­crá­ti­ca de ho­xe como o fo­ron en Ca­ta­lu­ña, País Vasco e Ga­li­cia can­do non go­ber­nou o fron­tis­mo do PP. Pe­ro ade­mais de par­ti­dos, vo­tan­tes e cul­tu­ras po­lí­ti­cas, hai que ter en con­ta o que an­tes se cha­ma­ban po­de­res fác­ti­cos e as súas pre­fe­ren­cias e in­fluen­cias.

O PP es­tá in­mo­bi­li­za­do cun pro­gra­ma ba­sea­do na uni­da­de e a so­be­ra­nía de Es­pa­ña, o an­ti­te­rro­ris­mo e un pro­gra­ma eu­ro­peo que di par­ti­llar con PSOE e Ciu­da­da­nos pe­ro que non di na­da dos pro­ble­mas da maio­ría. Ta­mén é un­ha po­ten­te ma­qui­na­ria au­tó­no­ma que non re­ci­be con­se­llos a cam­bio de na­da. O PSOE que­re for­mar go­berno mi­ran­do a de­rei­ta, es­quer­da e ca­ra atrás pa­ra con­tro­lar lastres. Se non o lo­gra se­rá su­pe­ra­do. Ciu­da­da­nos, que só po­de as­pi­rar ao no­vo, é o máis sen­si­ble a que os po­de­res fác­ti­cos o orien­ten. Po­de­mos e alia­dos te­rán que asu­mir que de­pen­de de­les a de­man­da so­cial de cam­bio xa. Os na­cio­na­lis­tas todos aplau­di­rán un no­vo Go­berno. Es­coi­tá­mo­lo al­to e for­te por bo­ca do PNV, o úni­co que po­de fa­lar. Só que­da que os po­de­res fác­ti­cos fa­vo­re­zan, coa abs­ten­ción de al­gún par­ti­do, a es­ta­bi­li­da­de que a eles ta­mén lles in­tere­sa.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.