O ga­le­guis­mo in­te­gral

La Voz de Galicia (Ourense) - - Ourense - Juan M. Ca­sa­res

Oga­le­guis­mo ten que ser un acon­te­ce­men­to in­te­gral, is­to é que pre­ci­sa dun­ha ma­ni­fes­ta­ción en to­das e ca­da un­ha das cir­cuns­tan­cias de Ga­li­cia se­xan es­tas eco­nó­mi­cas, cul­tu­rais, am­bien­tais, etc. Es­ta afir­ma­ción le­va im­plí­ci­ta a ver­da­de de non re­du­ci­lo a sim­ples reivin­di­ca­cións po­lí­ti­cas ou a un ma­ni­fes­to de in­ten­cións, nin tam­pou­co aco­tar­se a de­ter­mi­na­das fa­ce­tas da vi­da ga­le­ga. Ne­ce­sa­ria­men­te de­be­mos che­gar máis aló que to­do iso e con­ver­te­lo nun­ha ver­da­dei­ra ban­dei­ra so­cial que apa­dri­ñe un pro­ce­so de au­to­iden­ti­fi­ca­ción con­ti­nua do ga­le­go como cons­ti­tuí­da por un­ha do­bre com­po­ñen­te; a da autoafirmación do no­so ser e sen­tir co­ma so­cie­da­de, un co­lec­ti­vo his­tó­ri­co que desen­vol­ve as súas ca­rac­te­rís­ti­cas di­fe­ren­ciais ou pe­cu­lia­res den­tro dou­tras reali­da­des moi­to máis glo­bais, as reali­da­des es­pa­ño­la e eu­ro­pea, e a com­po­ñen­te da re­afir­ma­ción de nos se­guir a di­fe­ren­ciar día a día como ga­le­gos den­tro dos no­vos mar­cos so­cio­po­lí­ti­cos que xor­den no mundo. É, en re­su­me, a for­ma pre­sen­te de fa­cer que Ga­li­cia de sem­pre ca­mi­ñe cun pa­so fir­me po­los sen­dei­ros da súa his­to­ria fu­tu­ra. Es­tou cer­to de que nin­gún po­bo de Es­pa­ña ató­pa­se me­llor pre­pa­ra­do que o ga­le­go pa­ra com­pa­xi­nar per­fec­ta­men­te a súa iden­ti­da­de pro­pia, a iden­ti­da­de ga­le­ga, cos con­cep­tos de na­cio­na­li­da­de es­pa­ño­la ou de reali­da­de eu­ro­pea xa que, como pe­ga­da do no­so per­co­rri­do his­tó­ri­co, te­mos ali­cer­za­do co­ma pou­cos os va­lo­res da con­vi­ven­cia, do res­pec­to aos po­bos, da to­le­ran­cia e máis da so­li­da­rie­da­de. Ade­mais, a fi­gu­ra do Ca­mi­ño Xa­co­beo foi un afor­tu­na­do ins­tru­men­to pa­ra fo­men­tar ese mes­mos va­lo­res no seu rol de ac­ti­vo in­ter­cam­bia­dor cul­tu­ral e un vec­tor de trans­mi­sión fun­da­men­tal pa­ra es­ten­der o ser ga­le­go dun xei­to cer­ta­men­te uni­ver­sa­lis­ta. His­to­ria, ser ga­le­go, eu­ro­peís­mo, uni­ver­sa­li­da­de e ca­rác­ter in­te­gral; va­lo­res her­da­dos de xe­ra­cións po­lí­ti­cas an­ces­trais que vi­vi­mos ho­xe co­ma no­sos e que te­mos a obri­ga mo­ral de doar aos no­sos fi­llos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.